DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71010

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñería técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión do tribunal que tivo lugar o día 18 de decembro de 2023, o tribunal que cualifica o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñería técnica industrial, nomeado por Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG nº 78, do 24 de abril), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 27 de setembro de 2023 convocouse, segundo o previsto na base II.1.2.6 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñería técnica industrial.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2, o exercicio consistiu no desenvolvemento por escrito dun (1) tema, para elixir entre dous (2) obtidos mediante sorteo de entre os que figuran na parte específica do programa. En virtude do previsto nas citadas bases, por Acordo deste tribunal do 18 de setembro de 2023, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación do exercicio.

En atención á corrección efectuada respectando os devanditos criterios:

«1. A persoa aspirante deberá demostrar o dominio ou o coñecemento completo do tema que vai desenvolver, de xeito ordenado e estruturado, de acordo co tempo máximo para a súa exposición e tendo en conta as epígrafes do temario recollidas na parte específica do anexo III da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

Non se valorarán os coñecementos que constitúan divagacións ou que non se cingan ás epígrafes do tema.

2. A cualificación dos aspirantes determinarase calculando a nota media que corresponde ao exercicio en función das puntuacións outorgadas por cada un dos membros, excluirase a nota máis alta e a máis baixa, e a nota final do exercicio do aspirante será a media aritmética das notas válidas non excluídas.

Atendendo ao anterior, cada membro do tribunal outorgaralle unha cualificación de 0 a 30 puntos ao tema desenvolto polo aspirante.

3. A expresión escrita valorarase globalmente e terase en conta, ademais da claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión, a ortografía e a caligrafía. O tribunal obviará as oracións con palabras inintelixibles, cunha sintaxe deficiente ou que se fagan incomprensibles por outras causas.

De acordo co anterior, superarán o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que, logo da valoración segundo o indicado nos puntos precedentes, acaden unha puntuación final igual ou superior a 15 puntos».

Rematado o proceso de corrección, o tribunal acordou publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua Galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral da Función Pública no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade coa base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería con competencias en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Roberto Álvarez Fraguas
Presidente do tribunal

ANEXO

Puntuacións do segundo exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial

DNI

Apelidos e nome

Puntuación do exercicio

Supera o exercicio

***1994**

Sánchez Martínez, Amparo

3,41

Non

***3966**

Vicente Iglesias, Tania María

7,61

Non

***7644**

Fernández Caloto, Manuela

16,99

Si

***3828**

Díaz Gómez, Diego

3,81

Non

***1101**

Romero Fervenza, José Rodrigo

5,36

Non

***3584**

Vázquez Rivas, María del Carmen

9,99

Non

***5168**

Gómez Traba, Laura

0,00

Non

***7268**

Pérez Estévez, Margarita

0,00

Non

***4079**

Prieto Vigo, Verónica

0,00

Non

***6377**

Pedrido Pérez, Fernando

0,00

Non

***0429**

Sánchez Santiago, Tania María

0,00

Non