DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 70955

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

No DOG núm. 172, do 11 de setembro de 2023, publicouse a Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

A dita Orde do 24 de agosto de 2023, no artigo 2.5, recolle a posibilidade de reasignar as contías sobrantes da asignación inicial do crédito de cada aplicación orzamentaria, proxecto ou programa de axudas para atender as necesidades de crédito doutras aplicacións, proxectos e/ou programas. As reasignacións levaranse a cabo logo das modificacións orzamentarias que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez revisados os expedientes, compróbase que existe remanente de crédito suficiente na aplicación 11.30.324C.481.4 para atender parte das necesidades do programa III financiadas pola aplicación 11.30.324C.470.4.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 24 de agosto 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e pola que se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023, redistribuíndo o crédito asignado no programa de axudas III e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria.

Programa de axudas (procedemento)

Aplicación

orzamentaria

Importe

Programa III (TR341M). Axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego

11.30.324C.4814

-466.129,51 €

Programa III (TR341M). Axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego

11.30.324C.4704

466.129,51 €

Segundo. Esta modificación non implicará a apertura do prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social