DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71110

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2023.

A Alcaldía do Concello do Barco de Valdeorras, mediante o Decreto do 21 de decembro de 2023, acordou aprobar a oferta de emprego público do ano 2023 do Concello do Barco de Valdeorras incluíndo as seguintes prazas vacantes:

A. Persoal funcionario de carreira:

A.1. Funcionarios da Administración xeral:

– 1 praza de funcionario/a de carreira, escala da Administración xeral, subescala técnica, técnico/a de Administración xeral (1 praza).

O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo será o 31 de xuño de 2024. O remate do proceso selectivo prevese o 31 de decembro do 2024. A selección realizarase mediante oposición en quenda libre.

A.2. Funcionarios do corpo de policía local:

– 1 praza de funcionario/a de carreira, escala básica, categoría policía, denominación policía local, integrada no grupo C, subgrupo C1.

A selección realizaraa a Academia Galega de Seguridade Pública segundo o convenio para a asunción por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e as prazas de auxiliares de policía local ou as prazas de vixilantes municipais, entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello do Barco de Valdeorras, o 9 de marzo de 2018 e prórroga do 21 de febreiro de 2022.

B. Persoal laboral:

– 1 praza de persoal laboral fixo, oficial/a de 2ª de xardíns. O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo será o 31 de xuño de 2025. O remate do proceso selectivo prevese o 31 de decembro de 2025.

A selección realizarase en quenda libre e mediante concurso-oposición. Acódese ao sistema de concurso-oposición xa que se entende que é máis conveniente para o interese público dotarse de persoal con méritos previamente acreditados en experiencia e formación que acrediten unhas competencias e capacidades xa desenvolvidas e complementadas previamente, sen necesidade de período de formación previa.

– 1 praza de persoal laboral fixo, auxiliar administrativo/a. O prazo máximo para a convocatoria do proceso selectivo será o 31 de xuño de 2025. O remate do proceso selectivo prevese o 31 de decembro de 2025.

A selección realizarase en quenda libre e mediante o sistema de oposición.

De acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes desde esta publicación ante o alcalde, ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante os xulgados do contencioso-administrativo de Ourense.

O Barco de Valdeorras, 21 de decembro de 2023

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde