DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71900

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos para o ingreso, pola modalidade específica do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2; no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez convocados os procesos selectivos para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma, subgrupo A1 (DOG núm. 216, do 14 de novembro); para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (DOG núm. 216, do 14 de novembro); para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (DOG núm. 216, do 14 de no-vembro) e para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 216, do 14 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases das ditas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ingreso, pola modalidade específica do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2; no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1; corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2; corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1 e agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (acceso pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo)

Tribunal titular:

Presidencia: Rubén Plaza Martínez, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Secretaría: María Dolores Carballal Paradela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Laura María González-Dopeso Portela, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Pablo Leis Mol, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas (subgrupo A1).

Vogal: Julia María Villaverde Nimo, funcionaria de carreira do corpo de profesores de ensinanza secundaria (subgrupo A1).

Tribunal suplente:

Presidencia: Víctor Gallego Víncent, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Secretaría: Alba Flavia Suárez Nieto, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Teresa Cañas Landín, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Jesús Villadóniga Gómez, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Beatriz Villaverde Piñeiro, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).