DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71752

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se dá publicidade das resolucións de concesión das axudas para o desenvolvemento das fases finais das especialidades de arte urbana, cociña, deseño de xoias, moda, música e teatro, ao abeiro da Orde do 25 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS310Q).

No Diario Oficial de Galicia número 166, do 1 de setembro de 2023, publícase a Orde do 25 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS310Q). O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

De conformidade co referido artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea convocados inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da mocidade galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra.

De conformidade co artigo 4 da orde, o orzamento para estes premios é de 93.050,00 €, para o cal existe crédito suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, no código de proxecto 2015 00536.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida orde, do 25 de agosto de 2023, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das resolucións de concesión das axudas para o desenvolvemento da fase final das especialidades de arte urbana, cociña, deseño de xoias, moda, música e teatro que figuran anexadas a esta resolución.

Segundo. Comunicar que as resolucións de concesión das axudas poñen fin á vía administrativa e contra elas pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO I

Especialidade de arte urbana

Resolución de axudas para a fase final da especialidade de arte urbana do programa Xuventude Crea no ano 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social e Xuventude do 25 de agosto de 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2023.

De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final, e correspondénlle á especialidade de arte urbana 300 euros por participante (artigo 24).

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de arte urbana asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de arte urbana do programa Xuventude Crea no ano 2023, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude, P.D. (Orde do 25.8.2023; DOG núm. 166, do 1 de setembro). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO

Relación de persoas finalistas

Especialidade de arte urbana

Programa Xuventude Crea 2023

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe da axuda

BS310Q-2023-00000114-00

Pedro Gonzalo García

***9171**

Base

Geometric Space

300,00 €

BS310Q-2023-00000081-00

Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera

***8763**

Honey

O mundo é teu!

300,00 €

BS310Q-2023-00000208-00

Andrea Otero Vázquez

***4248**

Maldita

Na lareira de abaixo

300,00 €

BS310Q-2023-00000238-00

Daniel Fernández Vargas

***9199**

Seek

Alma perdida

300,00 €

BS310Q-2023-00000086-00

Jorge Riveiro Cousillas

***1961**

Rive

O futuro é noso

300,00 €

BS310Q-2023-00000158-00

Abraham Alonso Méndez

***9261**

Aaabraaan

Kintsugi e a galope

300,00 €

BS310Q-2023-0000056-00

Manuel Míguez Sangiao

***9112**

Poke

Punky Time

300,00 €

BS310Q-2023-00000071-00

Elvira López Rodríguez

***8224**

Mulan

Ausencia

300,00 €

ANEXO II

Especialidade de cociña

Resolución de axudas para a fase final da especialidade de cociña do programa Xuventude Crea no ano 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social e Xuventude do 25 de agosto de 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2023.

De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final, e correspóndenlle á especialidade de cociña 75 euros por participante (artigo 27).

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de cociña asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de cociña do programa Xuventude Crea no ano 2023, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude, P.D. (Orde do 25.8.2023; DOG núm. 166, do 1 de setembro). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO

Relación de persoas finalistas

Especialidade de cociña

Programa Xuventude Crea 2023

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe da axuda

BS310Q-2023-00000198-00

Jorge Novo Rodríguez

***5015**

Esmorga

Esmorga

75,00 €

BS310Q-2023-00000171-00

María Cristina Domínguez Queijo

***0809**

Nutri

Risotto de castañas e lura con crocante de Queixo San Simón, escuma de albariño e perlas de ortiga

75,00 €

BS310Q-2023-00000130-00

Víctor Frank Calvo Estévez

***4891**

VF

Bao de mar con mariscos do mercado e emulsión de limón

75,00 €

BS310Q-2023-00000127-00

Ramón Calvo Estévez

***4952**

RE

Carpaccio de voandeira e amorodos en textura

75,00 €

BS310Q-2023-00000255-00

Andrea Otero Vázquez

***4248**

Maldita

Cenorias asadas con orellas de entroido

75,00 €

BS310Q-2023-00000256-00

Miguel Tierra Rodríguez

***7598**

Pijallo

Bolas de dragón, nas cores do viño e o bosque da Ribeira Sacra

75,00 €

BS310Q-2023-00000165-00

Tania Castelo Martínez

***4756**

Charouvía

Filloas de treboada

75,00 €

BS310Q-2023-00000083-00

Claudia Gómez Vidal

***4479**

Claucli

Chulas chulísimas. De mel, cabaza e améndoa

75,00 €

ANEXO III

Especialidade de deseño de xoias

Resolución de axudas para a fase final da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea no ano 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social e Xuventude do 25 de agosto de 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2023.

De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final, e correspóndenlle á especialidade de deseño de xoias 75 euros por participante (artigo 33).

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de deseño de xoias asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea no ano 2023, convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude, P.D. (Orde do 25.8.2023; DOG núm. 166, do 1 de setembro). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO

Relación de persoas finalistas

Especialidade de deseño de xoias

Programa Xuventude Crea 2023

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe da axuda

BS310Q-2023-00000277-00

Paola Catalina Bohórquez Novoa

***6626**

Catalenu

Animal Cyborg

75,00 €

BS310Q-2023-00000141-00

Jiahui Guo Chen

***0172**

Hyuk

Del tártaro al cielo

75,00 €

BS310Q-2023-00000248-00

Adrián Abal Martínez

***8520**

1000 voltas

Casimetría

75,00 €

BS310Q-2023-00000235-00

Daniela Alonso Aburto

***4883**

Michi Nani

La Cumbia de mis Monstruos TLPistas

75,00 €

BS310Q-2023-00000275-00

Mª Madelen Ramos Pineda

***8964**

Maye

De mi tierra

75,00 €

ANEXO IV

Especialidade de moda

Resolución de axudas para a fase final da especialidade de moda do programa Xuventude Crea no ano 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social e Xuventude do 25 de agosto de 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2023.

De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final, e correspóndenlle á especialidade de moda 500 euros por participante (artigo 37).

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de moda asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de moda do programa Xuventude Crea no ano 2023, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude, P.D. (Orde do 25.8.2023; DOG núm. 166, do 1 de setembro). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO

Relación de persoas finalistas

Especialidade de moda

Programa Xuventude Crea 2023

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe da axuda

BS310Q-2023-066

Iván de la Fuente Vázquez

***5216**

IF

Morfosis

500,00 €

BS310Q-2023-112

María Alborés Lojo

***0741**

Mar da praia

“...Und wenn sie nicht gestorben sind, dann lieben sie noch heute”

500,00 €

BS310Q-2023-073

Claudia Buján Raposo

***1035**

Cataleya

Sakura

500,00 €

BS310Q-2023-060

Julia Lameiro Hermida

***0302**

JLH

Lilith

500,00 €

BS310Q-2023-045

Pablo Aneiros González

***2084**

Oliva

Meu amor entérrote na lúa

500,00 €

BS310Q-2023-019

Brenda Soto González

***9115**

Vaimani

In albis

500,00 €

BS310Q-2023-118

Gabriel Viñal Álvarez

***9288**

Army

Deeth amery

500,00 €

BS310Q-2023-181

Noemí Comesaña Comesaña

***7602**

Mara

Albatros

500,00 €

ANEXO V

Especialidade de música

Resolución de axudas para a fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social e Xuventude do 25 de agosto de 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2023.

De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final, e correspóndenlle a especialidade de música 500 euros no caso de grupos e 300 euros no caso de solistas (artigo 39).

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de música asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2023, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude, P.D. (Orde do 25.8.2023; DOG núm. 166, do 1 de setembro). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO

Relación de persoas finalistas

Especialidade de música

Programa Xuventude Crea 2023

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe da axuda

BS310Q-2023-00000035-00

Ana Rivas Gestal

***9412**

Exilieta

1 Mi Bailaora (extracto)-David Salleras./2 Caprice en forme de

valse-Paul Bonneau

300,00 €

BS310Q-2023-00000040-00

Daniel Fernández Filloy

***3516**

Lo'demo

1 Tráxicos./2 El tercer impacto

300,00 €

BS310Q-2023-00000152-00

Laura Martínez Puga

***9385**

Law

1 Chess./2 Activismo cotián

300,00 €

BS310Q-2023-00000161-00

Eloy Vidal Varela

***5965**

ALN

1 Liñares./2 Consuelo de Muiñeira

500,00 €

BS310Q-2023-00000186-00

Manuel Rodríguez Rodríguez

***3390**

Kid Mount

1 Viradinha./2 Outra vez

300,00 €

BS310Q-2023-00000293-00

Juan Arca Figueroa

***9633**

Lontras

1 Cinco fiestras./2 Dúas lontras

300,00 €

BS310Q-2023-00000295-00

Diego Rivera Currás

***3653**

Imsomnes

1 Coa noite a soas./2 Seica será

500,00 €

BS310Q-2023-00000297-00

Estela Rodríguez Rodríguez

***4294**

ClaraRoss

1 Solo de Concours de André Messager./2 Homenaje a J. S. Bach de Béla Kovacs

300,00 €

ANEXO VI

Especialidade de teatro

Resolución de axudas para a fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social e Xuventude do 25 de agosto de 2023 (DOG núm. 166, do 1 de setembro), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2023.

De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final, e correspóndenlle á especialidade de teatro 600 euros por participante (artigo 43).

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de teatro asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2023, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude, P.D. (Orde do 25.8.2023; DOG núm. 166, do 1 de setembro). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO

Relación de persoas finalistas

Especialidade de teatro

Programa Xuventude Crea 2023

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe da axuda

BS310Q-2023-00000137-00

Alexandra Rodríguez Trillo

**3621**

Erantes

Tres mistos

600,00 €

BS310Q-2023-00000266-00

Isolda Comesaña Alcaraz

***6011**

As guapilongas

Prázdno

600,00 €

BS310Q-2023-00000203-00

Pablo José Fernández Fernández

***8005**

Teatro d’o carón

Ao fin, hamlet

600,00 €

BS310Q-2023-00000085-00

Andrea González García

***5967**

Ca[de]las

Eréndira e aríndere

600,00 €

BS310Q-2023-00000048-00

Inés Santos Acuña

***7013**

Transparentes

Transparentar

600,00 €

BS310Q-2023-00000051-00

Julia López Canay

***0398**

Sarabia teatro

Diario dun tolo

600,00 €