DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2024 Páx. 126

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Categoría 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia,
intérprete de linguaxe de signos

Tribunal titular

Presidencia: Xulio Loureiro González, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría: Eva Rosa Uceira Rey, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de pedagoxía terapéutica.

Vogais:

– María del Carmen Louzao Rodríguez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Rosa Giao Sánchez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Fernando Blanco García, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Tribunal suplente

Presidencia: Pablo García Freire, persoal funcionario do corpo de catedráticos de ensino secundario.

Secretaría: Jose Luis Soto Campos, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– María del Mar Hermida Pico, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración aeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Sonia Novas Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.