A instalación denominada LMTS e CT estrada Lamosa foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 7 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 6 de febreiro de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Redondela.
Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmaselles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Vigo, 5 de decembro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
LMTS e CT estrada Lamosa
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Nº apoio |
m2 |
ml |
m2 subsolo |
1 |
8394606NG2789S0001AX |
Quinta |
Descoñecido |
38,36 |
226,31 |
||
2 |
36045A049004510000WZ |
Eido do Castaño |
Descoñecido |
CT |
14,96 |
9,85 |
118 |