DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 13 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, de notificación de exclusión definitiva de listas de contratación temporal.

Para que sirva de notificación a Mirta Elena Pazos Páez, ao non ter sido posible practicar esta no último domicilio coñecido da interesada e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 25 de setembro de 2023, acordouse o inicio dun procedemento de exclusión definitiva das listas de selección temporal na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

O texto íntegro do acordo de incoación, así como a documentación que figura no expediente encóntrase á disposición da interesada nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A interesada disporá dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para formular sobre o contido do acordo de iniciación, as alegacións que considere convenientes.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos