DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 456

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 240, do 20 de decembro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 69777, no anexo, onde di: «Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1», debe dicir: «Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2».