DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2024 Páx. 524

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trabada

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2024.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 588/2023, do 21 de decembro, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2024.

Esta resolución foi publicada no BOP de Lugo número 294, do 26 de decembro de 2023, e establece de maneira literal o seguinte:

«Visto que o Pleno deste concello aprobou de maneira inicial, en sesión do 29 de novembro de 2023, o orzamento municipal para o ano 2024, xunto co cadro de persoal desta corporación, está pendente de publicación definitiva no BOP de Lugo para a súa entrada en vigor.

Visto que no citado cadro de persoal, aprobado conxuntamente co orzamento, figuran como vacantes diversas prazas cuxa cobertura por promoción interna se considera necesaria no presente exercicio para o bo funcionamento dos servizos municipais.

Vista a relación de postos de traballo do Concello de Trabada que foi aprobada de maneira definitiva na sesión ordinaria do Pleno do 1 de decembro de 2021 e publicada de maneira definitiva no BOP de Lugo o 31 de decembro de 2021 (BOP número 299).

Vista a memoria, na cal se especifica que neste caso non é aplicable a taxa de reposición xa que as prazas vacantes serían cubertas mediante procesos de promoción interna e non se aumenta o cadro efectivo de persoal, e que, polo tanto, poderían ser obxecto da oferta pública de emprego.

Visto o informe da Secretaría-Intervención do 21 de decembro de 2023 no cal se verifica o cumprimento da normativa aplicable.

Unha vez examinada a documentación que se xunta, visto o informe da Secretaría e de conformidade co establecido no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2024 que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal laboral fixo:

Denominación

Total prazas

Corpo/escala

Grupo/subgrupo

Clasificación

Oficial de servizos múltiples maquinista e condutor

1

Oficial

C/C2

Escala Adm. especial,

subescala serv. especiais

Conserxe-oficial de servizos múltiples e condutor

1

Oficial

C/C2

Escala Adm. especial,

subescala serv. especiais

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da corporación, así como na sede electrónica deste concello, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia para os efectos oportunos.

Terceiro. Proceder á convocatoria das prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación.

Cuarto. Dar conta do presente decreto na vindeira sesión ordinaria plenaria».

Trabada, 26 de decembro de 2023

Mayra García Bermúdez
Alcaldesa