Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Budiño (concello de Porriño) e Parderrubias (concello de Salceda de Caselas), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22007).
Feitos:
Primeiro. O 19.7.2022 o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Budiño, presenta no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/1882119, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Budiño (concello do Porriño) e a CMVMC de Parderrubias (Salceda de Caselas).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Cerola, Faro e Outros, Gándaras de Prado e Trapa (ID Monte: 2979) da CMVMC de Budiño.
– MVMC de Parderrubias (ID Monte: 3106) da CMVMC de Parderrubias.
Segundo. No expediente consta a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
• Acta do apeo do deslindamento o 9.3.2022.
• Acta de conciliación nº 4/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Salceda de Caselas o 13.7.2022.
• Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas CMVMC: CMVMC de Budiño o 10.4.2022 e a CMVMC de Parderrubias o 27.3.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 3.4.2023 polo técnico colexiado núm. 1333 do COETF de Galicia
• Informes de validación gráfica catastral cos CSV: QWCBDQHP9RD9TB21 e 3RGNB6KW5M368SB6 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 643 metros, e está composta polos seguintes puntos:
Punto 1-x: 534.245,61 y: 4.661.020,69
Punto 2-x: 534.296,08 y: 4.6611.47,93
Punto 3-x: 534.319,78 y: 4.661.208,74
Punto 4-x: 534.340,93 y: 4.661.262,55
Punto 5- x: 534.363,04 y: 4.661.318,30
Punto 6-x: 534.390,15 y: 4.661.387,98
Punto 7-x: 534.420,74 y: 4.661.465,19
Punto 8-x: 534.445,72 y: 4.661.527,73
Punto 9-x: 534.442,88 y: 4.661.564,53
Punto 10-x: 534.440,20 y: 4.661.603,10
Punto 11-x: 534.438,07 y: 4.661.635,29
Punto 12-x: 534.427,86 y: 4.661.783,99
Punto 13-x: 534.425,36 y: 4.661.820,07
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio publico da estrada, polo que neste tramo non existe colindancia entre ambos montes (o deslindamento realizarase coa administración competente):
Punto S1-x: 534.298,85 y: 4.661.155,05
Punto S2-x: 534.315,76 y: 4.661.198,43
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que non existe colindancia na totalidade do deslindamento, polo que se inicia a revisión de esbozo parcial (RE23001) da parcela denominada Trapa (CMVMC de Budiño), quedando así xustificada a colindancia de ambos MVMC.
O deslindamento está formado por 3 tramos:
Tramo 1: punto 1-punto S1.
Tramo 2: punto S2-punto 11.
Tramo 3: punto12-punto 13.
O punto 1 é coincidente co punto 11 do expediente DC22008 (deslindamento entre a CMVMC de Parderrubias e CMVMC de Budiño).
A liña do deslindamento non afecta a terceiros propietarios e respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Porriño e Salceda de Caselas, a excepción do tramo entre os puntos 1 e 9 que presenta unha pequena variación.
Nos expedientes de revisión de esbozo RE23001 da CMVMC Budiño e RE22036 da CMVMC de Parderrubias xa se recolle o actual deslindamento.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Budiño (O Porriño) e a CMVMC de Parderrubias (Salceda de Caselas) respecto do seu linde común nos termos indicados no feito terceiro.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 18 de decembro de 2023
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
