DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 750

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2024 (código de procedemento MR340A).

A Consellería do Medio Rural publicou o 27 de xaneiro de 2023 a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas polo Feader, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023.

Estas axudas convocáronse amparadas no Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, e que recolle no seu artigo 69 e seguintes os tipos de intervencións admisibles para o desenvolvemento rural, entre as cales figuran as axudas a investimentos.

O Goberno español elaborou o Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) de España, para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado mediante a Decisión de execución da comisión do día 31.8.2022. Este plan inclúe, entre outras, a intervención 68422_04-Proxectos: axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.

Por outra parte, o Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 inclúe varias medidas que poden ser obxecto de financiamento a través de instrumentos financeiros, entre elas a medida 4.2 (investimentos en transformación/comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas). Para a articulación formal deste instrumento financeiro, a Consellería do Medio Rural asinou un acordo específico de financiamento co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e a Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA).

A experiencia adquirida na xestión destas axudas, así como diversos cambios normativos, fan necesario introducir algunhas modificacións que afectan principalmente as características das axudas, así como os requisitos dos beneficiarios e investimentos para seren admisibles.

Por todo o indicado, e ante a proximidade do inicio do exercicio orzamentario 2024, procede realizar a convocatoria de axudas previstas para estas intervencións nese ano.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta Orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2024. O código do procedemento é o MR340A.

As axudas consistirán en subvencións, cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia competitiva, así como en garantías para préstamos destinados a financiar os investimentos, cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia non competitiva. As solicitudes de axuda poderán incluir soamente unha destas dúas modalidades de axuda, ou ben conxuntamente as dúas, xa que son combinables entre sí nas condicións indicadas nesta orde.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

Artigo 2. Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou a comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

Artigo 3. Investimentos incentivables

1. Considéranse incentivables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación en que interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou o valor económico total deles non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). No caso de que estes produtos non estean incluídos no anexo I do Tratado e co obxecto de cumprir coa normativa europea sobre axudas do Estado, será de aplicación o establecido no artigo 14 (axudas rexionais ao investimento) do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado

3. Non obstante, non serán apoiables:

a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.

b) No sector vitivinícola, os proxectos con investimentos solicitados por un importe total igual ou superior a 100.000 € relativos aos produtos descritos no anexo VII, parte II, do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

4. Os tipos de gasto incentivables son os seguintes:

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor do 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.

5. Porén non serán sen embargo obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.

Artigo 4. Subvencións

1. As subvencións consistirán en axudas para a execución de proxectos de investimentos e poderán acadar as porcentaxes máximas de axuda dos investimentos subvencionables indicadas no punto seguinte, establecidas segundo a tipoloxía da empresa solicitante e as características dos produtos. Para determinar o tipo de empresa aplicaranse os criterios establecidos na Recomendación 2003/361/CE da Comisión sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003).

2. As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

Tipos de produtos finais

Tipo de empresa solicitante

Microempresas e pequenas empresas

Empresas medianas

Empresas non microempresas, nin pequenas ou medianas

Incluídos no anexo I do Tratado

50 %

50 %

50 %

Non incluídos no anexo I do Tratado

35 %

25 %

15 %

No caso de que os investimentos se vaian utilizar para obter de forma indiferenciada tanto produtos incluidos no anexo I do Tratado como non incluidos nel, as porcentaxes máximas de axuda indicadas, así como o resto das condicións establecidas no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, aplicaranse soamente a unha parte dos investimentos, determinada pola proporción dos produtos que se van obter non incluídos no anexo I do Tratado con respecto aos totais.

3. En calquera caso, o importe da axuda concedida mediante esta orde a un proxecto presentado non superará os importes indicados a continuación, aplicables por tramos do investimento subvencionable total e establecidos en función da puntuación derivada da aplicacion dos criterios de valoración mencionados no artigo 14:

Investimento subvencionable (tramos do seu importe total)

Importe máximo da axuda (para cada tramo do investimento total subvencionable)

Puntuación menor de 40 puntos

Puntuación entre 40 e 55 puntos

Importe máx. Por tramo

Importe máx. Por tramo

Ata 2 mill. €

500.000,00 €

600.000,00 €

Exceso de 2 mill. € ata 4 mill. €

400.000,00 €

500.000,00 €

Exceso de 4 mill. € ata 6 mill. €

300.000,00 €

400.000,00 €

Exceso de 6 mill. € ata 8 mill. €

300.000,00 €

400.000,00 €

Exceso de 8 mill. € ata 10 mill. €

300.000,00 €

400.000,00 €

Exceso de 10 mill. € ata 12 mill. €

300.000,00 €

400.000,00 €

Exceso de 12 mill. € ata 15 mill. €

300.000,00 €

400.000,00 €

Exceso de 15 mill. € ata 18 mill. €

300.000,00 €

300.000,00 €

Exceso de 18 mill. € ata 21 mill. €

300.000,00 €

300.000,00 €

Exceso de 21 mill. € ata 25 mill. €

300.000,00 €

300.000,00 €

Exceso de 25 mill. € ata 30 mill. €

300.000,00 €

300.000,00 €

Exceso de 30 mill. €

300.000,00 €

300.000,00 €

Aos proxectos cunha puntuación superior a 55 puntos non se lles aplicarán limitación ningunha do importe de subvención por tramos de investimento.

4. Así mesmo, o importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario non será superior a 3.000.000 € cando o investimento total subvencionable non chegue ao importe de 15.000.000 €, e non será superior a 7.000.000 € cando o investimento total subvencionable sexa de 15.000.000 €. ou maior.

En todo caso, o importe das subvencións concedidas a un grupo empresarial non poderá superar o importe de dez millóns de euros. Para estes efectos, considerarase como grupo empresarial o conxunto de sociedades que teñan polo menos un dos seguintes vínculos entre si:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa;

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou a revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra sociedade;

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou unha cláusula estatutaria da segunda empresa;

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións recollidas nas letras a) a d) do parágrafo anterior a través doutra ou doutras empresas tamén se considerarán unha única empresa.

5. Cando o importe da subvención que se lle vai conceder a un beneficiario supere a contía de 3.000.000 de euros, requirirá autorización previa do Consello da Xunta conforme o establecido no número 2 do artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Garantías para préstamos

Estas axudas consistirán en garantías do 80 % do risco inherente a cada préstamo formalizado destinado a financiar os proxectos de investimento, determinado conforme as condicións establecidas.

As características dos préstamos garantidos establécense no Convenio entre o MAPA, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria, e as entidades financeiras para facilitar os préstamos garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada (IFXC), e son amparables por esta orde exclusivamente os correspondentes a unha duración total de ata 15 anos con tres (3) como máximo de carencia dentro dos incluídos no referido convenio. Conforme este convenio, o tipo de xuro preferente a que se formalizarán os préstamos será como máximo o resultante de sumar ao euríbor a un ano, correspondente ao segundo mes anterior ao de formalización do préstamo, un diferencial de dous puntos, e o resultado arredondarase a tres decimais. Se para determinar o xuro de formalización do préstamo conforme o sinalado anterioriormente, o tipo de xuro de referencia euríbor que proceda presentase un valor negativo, considerarase que o devandito valor é cero, valor ao cal se sumará o diferencial de puntos pactado e, polo tanto, o tipo de xuro aplicable será o diferencial pactado.

As entidades financeiras que están adheridas a este instrumento financeiro por ter asinado o correspondente convenio co MAPA figuran relacionadas na páxina web https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/programas-ue/periodo-2014-2020/marco-nacional/ifgc/Entidades%20Financieras.aspx

O importe por beneficiario do préstamo ou prestamos garantidos non poderá superar o 90 % do importe total dos investimentos incentivables admisibles presentados pola empresa, sen que supere en todo caso o importe de tres millóns de euros.

Para o recoñecemento do dereito a estes préstamos garantidos é necesario dispoñer previamente dun informe favorable de solvencia crediticia da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria, en diante SAECA.

Artigo 6. Requisitos adicionais do/da solicitante

Para a concesión e/ou pagamento das axudas, o solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos adicionais:

1. Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas Directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme a estas, considerarase que unha empresa está en crise se concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia petición dos seus acredores.

d) Tratándose dunha empresa que non sexa unha peme, cando durante os dous anos anteriores:

1º. A ratio débeda/capital da empresa fose superior a 7,5, e

2º. A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculada sobre a base do EBITDA, fose inferior a 1,0.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise, salvo que cumpran a condición establecida na letra c) do parágrafo anterior.

En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non encontrarse en situación de crise conforme a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos dous últimos anos.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

2. Non se concederán axudas a solicitantes que concorran, algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario, sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, e en particular aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

3. No caso de empresas lácteas que adquiran leite a terceiros, deberán acreditar que dispoñen dos contratos escritos establecidos no capitulo II do Real decreto 95/2019, do 1 de marzo, polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector, e polo que se modifican varios reais decretos de aplicación ao sector lácteo. Esta acreditación deberá facerse cando se solicite a axuda.

Así mesmo, as empresas lácteas que adquiran leite a terceiros deberán cumprir o prazo de pagamento establecido na disposición adicional primeira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Conforme iso, non se concederán nin se pagarán axudas a empresas lácteas que teñan pendentes de pagamento compras de leite nas cales xa se superase o prazo máximo establecido indicado.

4. Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar que cumpren, nos termos dispostos neste punto, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora. Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válida para os efectos do cumprimento deste punto, coa a condición de que o seu custo corra a cargo do cliente e se faga sen posibilidade de recurso ao provedor no caso de falta de pagamento.

A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:

a) As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, na que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos na letra b) seguinte e con suxeición á súa regulación.

b) As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

1º. Certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha trascrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, cao base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado ao que se refire o número anterior, informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.

Para os efectos desta lei, entenderase cumprido o requisito exixido neste apartado cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

O Informe de procedementos acordados deberá realizarse sobre a documentación proporcionada pola sociedade auditada; en concreto, sobre o detalle de facturas pendentes de pagamento a provedores, excluíndo as correspondentes a provedores que formen parte do mesmo grupo de sociedades no sentido do artigo 42 do Código de comercio, relativas a unha data de corte, que se considerará data de referencia e que, como máximo, deberá ser anterior nun mes á emisión do informe.

Artigo 7. Requisitos adicionais dos investimentos

Para a concesión e/ou pagamento das axudas, os investimentos e instalacións deberán cumprir os seguintes requisitos adicionais:

1. Os investimentos e instalacións deben cumprir os seguintes requisitos en materia de ambiente:

a) No caso de proxectos de investimento relativos a instalacións xa existentes, o solicitante deberá acreditar para a concesión da axuda que realizou a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, e que presentou toda a documentación requirida, ou ben, no caso de instalacións anteriores á entrada en vigor da devandita lei, que dispón de licenza de actividade.

Cando o proxecto de investimento corresponda a unha nova instalación, o beneficiario deberá acreditar para o pagamento final da axuda que realizou a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, presentando toda a documentación requirida.

b) No caso de proxectos de investimento que precisen unha avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, o solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade e sentido favorable para o pagamento final da axuda.

Para eses efectos, todas as solicitudes de pagamento final da axuda referentes a proxectos incluídos nalgún dos seguintes casos citados a continuación deberán incluír coa documentación para o pagamento cando así se indique na resolución de concesión, o informe favorable de avaliación ambiental ou ben un informe da autoridade competente que indique que non é necesario:

1º. Proxectos incluídos no anexo I ou no anexo II da Lei 21/2013, ou que supoñan a modificación das características dun proxecto incluído nos referidos anexos.

2º. Proxectos que poidan afectar, directa ou indirectamente, espazos protexidos da Rede Natura 2000.

2. Os investimentos e instalacións deben cumprir os seguintes requisitos, de ser o caso, en materia de sanidade e benestar animal:

a) No caso de investimentos relativos a instalacións xa existentes, deberá acreditarse coa solicitude de axuda que as referidas instalacións dispoñen de rexistro sanitario e que cumpren, de ser de aplicación, a normativa de benestar animal e a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal.

b) Para o pagamento das axudas, o beneficiario deberá acreditar tras a execución dos investimentos que dispón de rexistro sanitario actualizado ou vixente, así como, de ser de aplicación, que cumpre a normativa de benestar animal ou a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal. Esta acreditación non será exixida no caso de que os investimentos previstos, dadas as súas características, non supoñan unha alteración das actividades da empresa que afecten o rexistro sanitario vixente, ou alteren as condicións relativas ao benestar animal ou a elaboración de produtos para alimentación animal.

A resolución de concesión indicará, de ser o caso, e expresamente, as acreditacións referidas que será necesario presentar para o pagamento da axuda.

3. Non se concederán axudas a investimentos iniciados con anterioridade á presentación dunha solicitude de axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento a data en que se produza, en primeiro lugar, ben o inicio das obras de construción relativas aos investimentos, ou ben o primeiro compromiso xuridicamente vinculante para realizar un pedido de equipamentos ou servizos ou calquera outro compromiso que faga irreversible o proxecto. A compra de terreos, así como os gastos sinalados no número 4.d) do artigo 3 desta orde, non serán considerados como inicio do investimento sempre que se iniciasen con posterioridade ao día 1 de xaneiro de 2023.

4. Para as axudas en forma de subvencións, os investimentos subvencionables deberán ter unha execución mínima (investimento xustificado e pagado) na anualidade correspondente á convocatoria a que concorre a solicitude, e será establecida en cada convocatoria anual.

No caso de proxectos que reciban apoio conxuntamente a través de garantías para préstamos e de subvención, os investimentos financiados co préstamo garantido deben finalizar no prazo establecido para a execución dos investimentos obxecto da subvención.

No caso de proxectos que reciban apoio exclusivamente a través de garantías para préstamos, os investimentos financiados co préstamo garantido poderán finalizar no prazo máximo de tres anos desde a data da resolución de recoñecemento do dereito ao préstamo.

5. Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social ou epígrafe do imposto de actividades económicas no momento de emisión da oferta, a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións. Tamén serán admisibles as ofertas de empresas con páxinas web en que figuren referencias ao material ou servizo ofertado.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada, dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo e características técnicas e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables, en que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

Artigo 8. Outro requisitos e condicións

1. Para as axudas en forma de subvencións, se o solicitante esta sometido á normativa de contratación pública conforme o disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, deberá acreditar o seu cumprimento na execución dos investimentos subvencionados con anterioridade ao pagamento da axuda.

2. Para a concesión das axudas teranse en conta as restricións de produción e as limitacións de apoio comunitario que existan de acordo coas organizacións comúns de mercado da Unión Europea. Non se concederán axudas que contraveñan prohibicións ou restricións establecidas nestas.

3. Conforme o establecido no artigo 65 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, o beneficiario de subvencións deberá devolver a axuda recibida se nos cinco anos seguintes ao pagamento final da axuda ao beneficiario se dese algunha das seguintes circunstancias:

a) O cesamento ou a transferencia dunha actividade produtiva fóra da rexión de nivel NUTS 2 enque recibiu axuda.

b) Un cambio na propiedade dun elemento de infraestrutura que proporcione a unha empresa ou a un organismo público unha vantaxe indebida.

c) Un cambio substancial que afecte a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

4. Non se concederán axudas a investimentos en construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, nin aos seus investimentos relacionados, se non se acredita coa solicitude e nos prazos establecidos a dispoñibilidade da licenza de obras correspondente que lle permita iniciar as obras. Así mesmo, no caso de novas instalacións, deberase acreditar coa solicitude a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van realizar os investimentos.

5. Non se concederá axuda a investimentos relativos a instalacións xa existentes que non estean inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias.

6. Non se concederán nin pagarán axudas a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Función Pública) e fronte á Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda e Administración Pública).

7. No caso de solicitudes de subvención en que os produtos finais do proxecto presentado non estean incluídos no anexo I do Tratado, deberán cumprir, ademais, cos requisitos establecidos no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado e, en particular, cos seguintes requisitos adicionais:

a) O beneficiario das axudas deberá achegar unha contribución financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, ben a través dos seus propios recursos, ben mediante financiamento externo exento de calquera tipo de axuda pública.

b) Se o solicitante non é peme, a axuda só se concederá para un investimento inicial que cree unha nova actividade económica na zona de que se trate. Para estes efectos, considerarase como investimento inicial dunha nova actividade económica:

1º) O investimento en activos materiais e inmateriais relacionado cunha das seguintes actividades ou con ambas:

– A creación dun novo establecemento;

– Diversificación da actividade dun establecemento, coa condición de que a nova actividade non sexa unha actividade idéntica nin similar á realizada previamente no establecemento; ou

2º) A adquisición de activos (terreo e/ou edificacións) pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía de non ser adquirido, sempre que a nova actividade que vaia levar a cabo utilizando os activos adquiridos non sexa igual ou similar á realizada no establecemento antes da adquisición.

Considerase a mesma actividade ou unha actividade similar, unha actividade que entra na mesma categoría (código numérico de catro díxitos) da nomenclatura estatística de actividades económicas NACE Rev. 2, establecida no Regulamento (CE) 1893/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de decembro, polo que se establece a nomenclatura estatística de actividades económicas NACE Revisión 2 e polo que se modifica o Regulamento (CEE) nº 3037/90 do Consello e determinados regulamentos da CE sobre aspectos estatísticos específicos.

Artigo 9. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De acordo co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data da presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 10. Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo A1) a seguinte documentación:

a) Anexo A2: memoria, debidamente cuberto.

b) Estudo técnico co contido mínimo indicado no anexo A3

c) Estudo económico co contido mínimo indicado no anexo A4.

d) Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas, deberanse presentar as escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritos no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

e) No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos dous últimos anos, se son sociedades. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

f) No caso de investimentos que inclúan a construción de novas superficies cubertas: xustificación documental da dispoñibilidade da licenza de obras. Así mesmo, no caso de novas instalacións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van a realizar os investimentos identificable mediante a súa referencia catastral.

g) No caso de industrias xa existentes, rexistro sanitario e licenza de actividade do concello ou acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida. No caso de matadoiros, mercados e outras actividades relacionadas co manexo de gando vivo, deberase acreditar que se cumpren as normas mínimas relativas ao benestar animal, mediante informe ou certificado actualizado expedido por autoridade competente. No caso de industrias de alimentación animal, deberase acreditar que se cumpre a normativa específica sobre elaboración dese tipo de produtos, mediante informe ou certificado actualizado expedido por autoridade competente.

h) No caso de empresas lácteas que adquiran leite a terceiros, acreditación de que dispoñen dos contratos escritos establecidos no capítulo II do Real decreto 95/2019, do 1 de marzo, polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector, e polo que se modifican varios reais decretos de aplicación ao sector lácteo.

i) Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación ou Informe de procedementos acordados emitido por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, relativo ao cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

j) Documentación adicional específica para solicitudes de subvención:

1ª. Anexo A5: relación de ofertas solicitadas e elixidas.

2ª. Todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se van realizar e incluídas no anexo A5 desta orde.

3ª. No caso de facturar produtos amparados pola Marca de Garantía de leite Galega 100 %, debe presentarse o contrato de licenza de uso así como acreditación do importe facturado no último ano en produtos amparados nesa marca.

4ª. No caso de producir produtos amparados por unha denominación de calidade recoñecida, debe xuntarse certificado do consello regulador correspondente sobre a produción amparada no último ano.

5ª. No caso de solicitantes que sexan sociedades participadas maioritariamente (máis do 50 %) por produtores agrarios galegos, certificación do representante da empresa relativa ás materias primas que esta utiliza, que sexan producidas polas explotacións dos seus socios. Así mesmo, os socios deben acreditar a condición de produtor agrario galego mediante a declaración do IRPF do último ano, para o cal o se deberá dar o consentimento expreso para a súa consulta presentando o anexo A7 cuberto. No caso de non dar autorización, deberá achegarse o documento correspondente.

6ª. No caso de que os investimentos estean localizados en aldeas modelo, polígonos agroforestais ou agrupacións de xestión conxunta derivadas da aplicación da Lei 11/2021, de recuperación da terra agraria de Galicia, documentación acreditativa.

7ª. No caso de proxectos de reacondicionamento e modernización de instalacións deterioradas por desastres naturais, incendios e outras causas de forza maior, documentación acreditativa.

8ª. No caso de proxectos con investimentos destinados ás seguintes finalidades:

– Mellora da eficiencia enerxética con fins principalmente ambientais.

– Valorización de residuos e materiais de orixe agrícola.

– Adopción de fontes renovables de enerxía.

– Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

– Mellora da xestión dos recursos hídricos.

– Memoria técnica xustificativa da finalidade indicada.

k) Documentación adicional específica para solicitudes de garantías para préstamos:

1ª. Ofertas ou facturas pro forma para cada un dos gastos incluídos nos investimentos.

2ª. Informe dunha entidade financeira adherida ao Instrumento financeiro de xestión centralizada sobre a viablidade de tramitación bancaria da solicitude do préstamo previsto.

3ª. Autorización á SAECA para obter directamente por medios telemáticos a información que considere precisa para elaborar o informe de viabilidade crediticia, seguindo o modelo que figura como anexo A6 nesta orde.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. O prazo de presentación de solicitudes será o indicado en cada convocatoria.

7. As solicitudes de axuda presentadas deberán indicar a modalidade de axuda solicitada, que poderá ser unha subvención e/ou unha garantía para préstamo.

A solicitude dunha garantía para préstamos é compatible coa solicitude dunha subvención, nas condicións indicadas no artigo 26 e demais normativa de aplicación.

8. Os solicitantes da axuda soamente poderán presentar en cada convocatoria unha solicitude de axuda para todos os investimentos que vaian desenvolver nun mesmo centro de produción; considerarase como tal o conxunto de instalacións localizadas nun mesmo recinto físico. Porén, no caso de investimentos nun mesmo centro de produción que afecten procesos produtivos en que existan liñas de produción diferenciadas para produtos finais do anexo I do Tratado e para fóra do anexo I, poderanse presentar dúas solicitudes diferenciadas polo tipo de produto final obtido, sempre que se cumpran todos os requisitos establecidos.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando a solicitante sexa unha persoa xurídica e no DNI ou NIE no caso de persoa física.

b) Declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 2 últimos anos.

c) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública).

f) Comprobación de que o solicitante non ten concedidas outras axudas incompatibles.

g) Comprobación de que o solicitante non está inhabilitado para obter axudas públicas.

h) Declaracións do IRPF do último ano dos socios de sociedades solicitantes de axuda que declaren estar participadas maioritariamente (máis do 50 %) por produtores agrarios galegos.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Tramitación das solicitudes

1. O órgano instrutor do procedemento será a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Os servizos de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural tramitarán as solicitudes presentadas correspondentes aos seus ámbitos xeográficos, e realizarán as actuacións que consideren necesarias para verificar o cumprimento dos requisitos establecidos. Comprobarán en particular que os investimentos teñen viabilidade técnica e económica.

2. Se o solicitante non presenta a documentación requirida no prazo máximo establecido ou se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días. De non facelo así, terase por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Non obstante o disposto no punto anterior deste artigo, no caso das solicitudes para subvencións, con ou sen garantías para préstamos, dada a natureza do seu procedemento de selección como de concorrencia competitiva, non será susceptible de emenda a presentación fóra do prazo indicado na convocatoria da seguinte documentación, considerada como mínimo imprescindible para tramitar a solicitude de axuda:

a) Anexo A1 de solicitude da axuda.

b) Anexo A2 de memoria cuberto adecuadamente e que inclúa en particular a relación pormenorizada dos investimentos previstos co seu importe, sinalados no seu número 10.

Non serán admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie a ausencia desta información. Nestes casos emitirase resolución de inadmisión. Así mesmo, non se admitirá con posterioridade ningunha modificación dos investimentos para os cales se solicita axuda que supoña o aumento do seu importe ou a inclusión de novos elementos ou gastos.

4. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Artigo 14. Avaliación e selección das solicitudes de subvencións

1. As solicitudes de axuda serán avaliadas conforme os criterios de valoración indicados nos Anexos II, III, IV e V desta orde por un órgano colexiado, que estará presidido pola persoa titular da Subdirección Xeral da Cadea e Industrias Agroalimentarias e integrado por dous funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior á de xefe de sección. Este órgano colexiado elaborará unha listaxe con todas as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos para a concesión da axuda, ordenadas de maior a menor puntuación. A subvención que se deberá conceder a cada unha delas farase seguindo a orde establecida e conforme o seguinte baremo:

Puntuación

% de subvención

86 ou máis

50 %

71-85

45 %

56-70

40 %

46-55

35 %

31-45

30 %

20-30

25 %

menos de 20

0 %

Á porcentaxe de subvención determinada por este criterio de puntuación engadirase un 5 % adicional se o solicitante é unha cooperativa agraria galega ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia. En todo caso, non se superarán os importes e porcentaxes de subvención máximos establecidos no artigo 4.

2. Non obstante, do orzamento total dispoñible para cada convocatoria de subvencións, reservarase un 25 % para as solicitudes consideradas como proxectos de interese estratéxico, tal como se definen nos criterios de valoración do anexo II desta orde, e que teñan un investimento subvencionable superior a 20 mill. €.

As solicitudes destas características serán resoltas en primeiro lugar ata o importe máximo indicado do 25 % do orzamento total dispoñible. No caso de que este importe non sexa suficiente para aprobar todas esas solicitudes, aprobaranse as de maior puntuación. No caso de empate de puntuación, aumentarase o importe citado do 25 % do orzamento total dispoñible na cantidade necesaria para poder aprobar todas as solicitudes empatadas. De igual forma, no caso de que na última solicitude que se vai aprobar, o importe do 25 % do orzamento total dispoñible citado non sexa suficiente para conceder a totalidade da axuda á que tería dereito, aumentarase o citado importe na cantidade necesaria para que así poida ser.

As solicitudes destas características non aprobadas entrarán a formar parte das seguintes fases do proceso de selección.

2. Así mesmo, do orzamento total dispoñible da convocatoria de subvencións, reservarase un 5 % da dotación total para as solicitudes que inclúan proxectos vinculados aos instrumentos de recuperación de terras previstos no título V da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, nos cales a empresa solicitante elabore ou transforme, ou vaia elaborar ou transformar, nos seus procesos e de forma habitual, materias primas procedentes dunha ou varias aldeas modelo, polígonos agroforestais ou agrupacións de xestión conxunta, que representen unha porcentaxe superior ao 50 % das materias primas totais utilizadas nos respectivos procesos de produción, en cómputo anual.

Para acreditar o carácter habitual, admitiranse contratos de compra das materias primas procedentes dos ámbitos territoriais delimitados nos indicados instrumentos da Lei 11/2021, que conten cunha duración mínima de cinco anos, e deberá verificarse a porcentaxe indicada ao longo da vixencia do dito contrato.

As solicitudes destas características serán resoltas en terceiro lugar ata o importe máximo indicado do 5 % do orzamento total dispoñible. No caso de que este importe non sexa suficiente para aprobar todas esas solicitudes, aprobaranse as de maior puntuación. No caso de empate de puntuación, aumentarase o importe citado do 5 % do orzamento total dispoñible na cantidade necesaria para poder aprobar todas as solicitudes empatadas. De igual forma, no caso de que na última solicitude que se vai aprobar, o importe do 5 % do orzamento total dispoñible citado non sexa suficiente para conceder a totalidade da axuda a que tería dereito, aumentarase o citado importe na cantidade necesaria para que así poida ser.

As solicitudes destas características non aprobadas entrarán a formar parte do proceso de selección das restantes solicitudes da convocatoria en igualdade de condicións.

3. No caso de que o orzamento dispoñible non chegue para aprobar todas as restantes solicitudes, non se subvencionarán as de menor puntuación. Para eses efectos, no caso de empate na puntuación, utilizarase como criterio de desempate a maior puntuación obtida no criterio de valoración 1º (actividade prioritaria) do anexo II. No caso de persistir o empate utilizaranse como criterios sucesivos de desempate a maior puntuación obtida nos criterios de valoración do 2º ao 6º, por esa orde. Se aínda persistise o empate, utilizarase como criterio adicional de desempate o maior investimento subvencionable.

En todo caso, se a axuda que lle corresponde á última das solicitudes que se vai aprobar en aplicación dos criterios de prioridade citados é inferior a cinco mil euros, non se lle concederá ningunha axuda á referida solicitude.

Artigo 15. Avaliación e selección das solicitudes de garantías para préstamos

De acordo coas características desta liña de apoio, o procedemento de concesión de garantías para préstamos tramitarase en concorrencia non competitiva. As solicitudes resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias. O esgotamento do crédito motivará a inadmisión de posteriores solicitudes.

Artigo 16. Resolución

1. A resolución dos expedientes corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, por proposta do órgano instrutor do procedemento.

2. As solicitudes serán resoltas nun prazo máximo de seis meses contados desde o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que o/a interesado/a recibise comunicación expresa, poderá entender desestimada a súa petición por silencio administrativo.

3. No caso das solicitudes de subvencións, as resolucións de concesión indicarán os investimentos considerados como subvencionables, así como as condicións xerais e particulares que se deben cumprir para poder percibir a axuda concedida. A resolución sinalará especificamente a anualización aprobada para a execución dos investimentos.

As anualidades establecidas indicarán o investimento que se debe executar e pagar en cada unha delas, así como a data límite establecida para presentar a documentación acreditativa correspondente e cumprir outras condicións establecidas, de ser o caso. O número de anualidades, así como o investimento que se vai executar en cada unha delas, estableceranse conforme a previsión de execución presentada coa solicitude de axuda e as dispoñibilidades orzamentarias. O número máximo de anualidades nas que poderá executarse o investimento aprobado será de tres correlativas, e a derradeira delas incluirá o investimento necesario para permitir percibir como mínimo o 20 % da subvención total concedida.

A resolución sinalará tamén a data máxima para xustificar o investimento, incluídos a súa facturación e pagamento efectivo, así como a presentación da documentación necesaria para tramitar o cobramento da subvención correspondente. Esta data será cando menos posterior en dez días á data prevista no calendario presentado, sen que en ningún caso se supere en cada anualidade a data do 10 de outubro. Non obstante, excepcionalmente, no caso de que a resolución de concesión das axudas sexa posterior ao dia un de setembro de 2024, a data máxima para xustificar o investimento na primeira anualidade poderá ser posterior á referida data do 10 de outubro, sen que se supere o día 29 de decembro de 2023. En todo caso a referida data máxima de xustificación figurará expresamente indicada na resolución de concesión.

A resolución poderá incluír a obriga de executar investimentos indicados na solicitude presentada que, aínda que non sexan considerados subvencionables, sexan necesarios para o correcto desenvolvemento do proxecto aprobado.

4. Para as solicitudes de garantías para préstamos aprobadas emitirase a correspondente resolución de recoñecemento do dereito ao devandito préstamo garantido. A resolución indicará os investimentos considerados como subvencionables, así como o prazo máximo para a execución e pagamento dos investimentos. No caso de proxectos que reciban apoio a través de garantías para préstamos e de subvención, os investimentos financiados co préstamo garantido deben finalizar no prazo establecido para a execución dos investimentos obxecto da subvención.

Artigo 17. Formalización e utilización do préstamo garantido

1. Para a formalización do préstamo, o interesado deberá presentar nas entidades financeiras adheridas ao IFXC, por ter asinado o correspondente convenio co MAPA, a resolución do recoñecemento do dereito ao préstamo. A póliza do préstamo deberá formalizarse para o obxecto e a nome do titular que figure na resolución de recoñecemento. O importe e a modalidade do préstamo para formalizar en ningún caso poderán superar o importe da resolución nin os límites temporais previstos para a súa devolución.

2. Se, transcorridos seis meses desde a data de emisión da resolución de recoñecemento do dereito ao préstamo garantido, non se formaliza o correspondente préstamo, caducará o recoñecemento a ese dereito, polo que, de producirse a formalización superado este prazo, dito préstamo non estará garantido polo Instrumento financeiro de xestión centralizada. Non obstante, poderá concederse por causas xustificadas unha prórroga do referido prazo de seis meses, que en todo caso non superará os tres meses adicionais.

3. O pagamento dos gastos financiables co préstamo garantido deberá realizarse no prazo máximo establecido na resolución de recoñecemento do dereito ao devandito préstamo.

4. Unha vez rematados os investimentos, o beneficiario deberá presentar a comunicación relativa á inscrición dos investimentos no Rexistro de Industrias Agrarias, así como calquera outra documentación que se indique expresamente na resolución.

Artigo 18. Xestión de garantías

As garantías destes préstamos articúlanse mediante o Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020. Con ese fin, a Consellería do Medio Rural asinou o día 3 de decembro de 2020 o Convenio polo que se establece o acordo de financiamento do Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020 (IFXC) entre o MAPA, a Consellería do Medio Rural e a SAECA. Conforme este, a Consellería do Medio Rural confía no MAPA as tarefas de execución do IFXC, que serán levadas a cabo pola SAECA na súa calidade de entidade colaboradora do MAPA.

Para eses efectos a Consellería do Medio Rural ingresará nas contas fiduciarias abertas pola SAECA as contribucións do PDR de Galicia ao IFXC, que en todo caso se realizaran de conformidade co establecido no artigo 41 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

Artigo 19. Pagamento das subvencións

1. As solicitudes de pagamento presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

a) Xustificación dos gastos efectuados mediante facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil, xunto cunha relación deles seguindo o modelo incluído como anexo B.1. As facturas deberán estar acompañadas dos xustificantes do seu pagamento efectivo, que deberá realizarse a través de entidades financeiras. O pagamento efectivo acreditarase presentando a copia do documento de pagamento (cheque, orde de transferencia, letra de cambio, etc..), xunto co extracto ou certificado bancario que xustifique inequivocamente o seu cargo na conta bancaria do beneficiario. Non se admitirá como xustificante do pagamento a simple certificación da empresa facturante de ter cobrado o seu importe, agás de forma excepcional no caso de gastos inferiores a 300 euros.

b) Declaración do beneficiario relativa ao financiamento dos gastos efectuados segundo modelo B2. No caso de financiamento mediante créditos ou préstamos, deberá presentarse ademais copia da escritura de formalización destes, así como un certificado da entidade financeira en que indique se o préstamo procede de fondos públicos e se ten algún tipo de axuda. Nese sentido, para o cálculo das axudas implícitas nos préstamos procedentes de fondos públicos, seguiranse, cando procedan, os criterios establecidos na Comunicación 2008/C14/02 da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e actualización.

c) Relación das diferenzas existentes entre os traballos previstos e os realizados, seguindo o modelo do anexo B3. Ademais, no caso de modificacións que afecten os conceptos e elementos subvencionados, deberá presentarse o anexo A5, no cal se indicarán para cada elemento novo as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, de ser o caso, da elección da oferta económica distinta da máis vantaxosa, así como a copia de todas as ofertas solicitadas. A aceptación destas modificacións estará suxeita ao cumprimento deste requisito, así como ao establecido nos artigos 22 e 24.

d) Análise das diferenzas cuantitativas entre os investimentos previstos e os efectuados, seguindo o modelo incluído como anexo B4.

e) Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos, conforme o modelo establecido no anexo B5; no caso de concesión achegarase copia da resolución correspondente.

f) No caso de adquisición de terreos e edificacións, deberase xuntar ademáis, un certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, no que se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado.

g) Comunicación relativa á inscrición dos investimentos no Rexistro de Industrias Agrarias.

h) Informe favorable de avaliación do impacto ambiental, ou informe da autoridade competente en que se indique que o referido proxecto non a precisa, cando así se indique na resolución de concesión.

i) No caso de investimentos correspondentes a unha nova instalación, acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida.

j) Calquera outra que se indique expresamente na resolución de concesión.

2. As facturas xustificativas dos gastos realizados deberán incluír a relación detallada dos conceptos facturados e, no caso de maquinaria e equipamentos, deberán indicar, ademais das súas características, a marca, o modelo e o número de serie da súa placa identificativa.

3. O beneficiario deberá xustificar o investimento conforme a anualización establecida na resolución de concesión e solicitar os correspondentes pagamentos da axuda, que poderán ser pagamentos á conta ou totais.

Os pagamentos anteriores ao pagamento final terán o carácter de pagamentos á conta. Cando se tramite un pagamentos á conta, se o importe dos pagamentos tramitados supera os 18.000 €, o beneficiario deberá presentar con anterioridade ao pagamento da axuda unha garantía constituída por seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá acadar, como mínimo, ata os dous meses seguintes ao remate do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento fraccionado. As garantías serán liberadas unha vez comprobada a realización da actividade para a cal se concedeu a subvención.

En todo caso, a data máxima para presentar a solicitude de pagamentos á conta non superará a data máxima de xustificación de cada anualidade establecida na resolución de concesión.

4. Con carácter excepcional e por resolución motivada da Consellería, poderá autorizarse un anticipo de ata o 50 % da subvención. Nese caso será necesario presentar unha garantía constituída mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe das cantidades anticipadas, e será liberada unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o cal se concedeu a subvención. A data máxima para presentar a solitude de anticipo non superará a data do 10 de outubro de 2024.

5. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

6. A Consellería comprobará que a solicitude de pagamento cumpre os requisitos para aboar a subvención concedida. A comprobación incluirá, como mínimo, unha inspección in situ dos investimentos realizados para cada expediente de axuda. Non se admitirán como subvencionables os conceptos e elementos dos investimentos xustificados nos que se comprobe cando se realice a inspección in situ para o pagamento final da axuda, que non están en condicións de poder funcionar.

7. As propostas de pagamento das axudas por parte do órgano xestor adecuaranse ás dispoñibilidades económicas existentes en cada momento, derivadas das transferencias de fondos do Feader e do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación que se reciban.

8. A solicitude de pagamento presentada polo beneficiario será examinada e determinaranse os importes subvencionables e os que non o son. Ademais, fixará o seguinte:

a) O importe pagadoiro á persoa beneficiaria en función da solicitude de pagamento e a resolución de concesión. No caso de que o primeiro sexa superior ao segundo, o importe solicitado axustarase ao límite da concesión.

b) O importe pagadoiro á persoa beneficiaria tras o exame da subvencionabilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado conforme a letra a) supera o importe fixado conforme a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha penalización ao importe fixado conforme a letra b). O importe da penalización será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá do importe solicitado.

Artigo 20. Modificacións relativas ás subvencións

Unha vez aprobada unha solicitude de subvención, a admisibilidade de cambios de beneficiario, de localización do investimento, de importe e características dos conceptos e elementos subvencionados, e de prazos de execución e xustificación estará suxeita ás condicións seguintes:

1. Modificación do beneficiario. Será admisible non seguintes supostos:

a) Cando se trate dun simple cambio de denominación da empresa.

b) Cando o novo beneficiario sexa resultante dun proceso de fusión.

c) Cando se trate dunha transformación do tipo de sociedade conforme o establecido na Lei 3/2009, do 3 de abril, sobre modificacións estruturais de sociedades mercantís.

En todo caso, para ser admisibles estas modificacións débese cumprir o resto dos requisitos establecidos para que un solicitante poida ser beneficiario das axudas. A modificación do beneficiario poderá dar lugar á modificación da axuda concedida se afecta puntuación obtida polo expediente, en aplicación dos criterios de priorización establecidos. En ningún caso a modificación do beneficiario poderá dar lugar ao aumento da axuda concedida.

2. Non se admitirán modificacións que supoñan o cambio de localización dos investimentos aprobados.

3. Modificación do importe dos investimentos subvencionados:

a) Non se admitirá o incremento do importe total do investimento considerado como subvencionable.

b) Será admisible a redución do importe total do investimento considerado como subvencionable na resolución de concesión se non supera o 40 % do seu valor.

c) Non se admitirán modificacións que supoñan incrementos do custo unitario dos conceptos e elementos subvencionados.

d) Non se admitirán modificacións que supoñan incrementos do importe do investimento subvencionable correspondente aos conceptos de urbanización e construcións.

4. Modificación das características dos conceptos e elementos subvencionados.

Serán admisibles sempre que o seu importe non supere o 20 % do investimento total subvencionable aprobado na resolución de concesión e o beneficiario xustifique a realización nos prazos establecidos de conceptos e elementos subvencionados coincidentes cos aprobados que representen, como mínimo o 60 % do importe do investimento subvencionable aprobado. Para estes efectos, considerarase que os conceptos e elementos subvencionados realizados polo beneficiario son coincidentes cos aprobados cando realizan as mesmas funcións.

En todo caso, para seren admisibles estas modificacións débense cumprir o resto dos requisitos establecidos e, en particular, o indicado no número 5 do artigo 7 referente á solicitude previa de tres ofertas. Se a modificación supuxera una alteración das condicións tidas en conta para a valoración da solicitude, conforme os criterios sinalados no artigo 14, farase unha nova valoración, que poderá dar lugar á redución ou perda da subvención concedida.

5. Modificación dos prazos de execución e xustificación.

Non será admisible a modificación do número de anualidades nin do investimento correspondente a cada una delas. Tampouco serán admisibles ampliacións dos prazos de execución e xustificación establecidos para cada anualidade na resolución de concesión.

Independentemente do citado nos números anteriores deste artigo, a Consellería poderá excepcionalmente e, aprobar modificacións da resolución de concesión que non se axusten ás condicións indicadas nos apartados anteriores, por causas de forza maior ou por circunstancias excepcionais, conforme o establecido no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

En todo caso, as solicitudes de modificación deben presentalas os beneficiarios antes de que conclúa o prazo para a realizar a actividade, ser prexuízo do disposto no artigo 59 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Así mesmo, para tramitar e resolver as modificacións teranse en conta as condicións establecidas no artigo 35 do Decreto 11/2009.

Artigo 21. Modificacións relativas aos prestamos garantidos

Serán admisibles modificacións dos importes e características dos conceptos incluídos nos investimentos presentados para a concesión de garantías para préstamos, sempre que o seu importe total non supere o 50 % do investimento aprobado, se cumpran os requisitos de admisibilidade establecidos con carácter xeral e se comuniquen á Consellería como moi tarde na data límite establecida para a finalización do proxecto aprobado.

Non serán admisibles modificacións no préstamo garantido aprobado que supoñan un aumento do seu importe. Porén, serán admisibles modificacións que supoñan un aumento do prazo total e/ou do período de carencia do préstamo garantido aprobado, sempre que non se superen os límites e condicións establecidos con carácter xeral nestas bases reguladoras e que se soliciten antes da formalización do préstamo. Así mesmo, serán admisibles modificacións no préstamo garantido aprobado, solicitadas antes da formalización do préstamo, que supoñan una disminución do seu importe, prazo total ou do período de carencia.

Artigo 22. Incumprimentos relativos as subvencións

1. Se o beneficiario da subvención cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executando e xustificando todos os conceptos e elementos dos investimentos aprobados nos prazos establecidos, e cumprindo co resto dos requisitos establecidos, aboarase a totalidade da subvención concedida. En calquera outro caso, valorarase que existe un incumprimento, que poderá ser parcial ou total.

2. Considerarase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario non realice ou xustifique nos prazos establecidos a totalidade do importe do investimento subvencionado, e o importe dos conceptos e elementos xustificados admisibles coincidentes cos aprobados representen como mínimo o 60 % do importe total do investimento subvencionable aprobado, pero cúmprese co resto dos requisitos establecidos.

Nese caso, sen prexuízo do establecido no punto 3 e) deste artigo, aboarase a parte proporcional da subvención correspondente ao investimento admisible, que poderá incluír a substitución de conceptos ou elementos subvencionados por outros diferentes (ata o límite do 20 % do investimento subvencionable aprobado na resolución de concesión) se estes manteñen os obxectivos do proxecto e cumpren os requisitos establecidos nesta orde, e en particular o establecido no número 5 do artigo 7 referente á solicitude previa de tres ofertas.

3. Considerarase que existe un incumprimento total nos seguintes casos:

a) Cando o investimento xustificado polo beneficiario e admisible como subvencionable correspondente á primeira anualidade sexa inferior ao mínimo executable exixido para esa anualidade.

b) Cando o importe total dos gastos e elementos admisibles realizados e xustificados polo beneficiario que sexan coincidentes cos aprobados non acade como mínimo o 60 % do investimento total subvencionable aprobado.

c) Cando exista un cambio de localización dos investimentos obxecto da axuda.

d) Cando o investimento total subvencionable realizado non chegue a 60.000 € ou, no caso de organizacións de produtores de froitas e hortalizas, se non supera 50.000 €.

e) Cando se modifique calquera outra característica do beneficiario ou do proxecto aprobado que supoña o incumprimento dalgún requisito para a concesión da axuda.

No caso de incumprimento total, o beneficiario non cobrará ningunha axuda e deberá devolver, de ser o caso, os importes xa percibidos.

4. Considerarase, así mesmo que existe un incumprimento cando o beneficiario non dispoña nos prazos establecidos na resolución de concesión dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais. Neste caso o incumprimento dará lugar á perda do dereito ao cobramento de ata o 100 % da axuda concedida, co reintegro, de ser o caso, dos importes xa percibidos. Para estes efectos aplicaranse os seguintes criterios:

a) No caso de proxectos con axuda concedida que, finalizado o prazo máximo permitido para a súa execución e xustificación, teñan executados e pagados os investimentos pero carezan dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario presente a referida documentación no prazo máximo adicional dun mes, contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto.

Neste caso de incumprimento parcial, aplicaranselle á axuda que corresponda aboarlle ao beneficiario as penalizacións seguintes:

– No caso de tratarse da falta dun soó documento e de ser a primeira vez que o beneficiario ten este tipo de incumprimento nesta medida do período de programación 2023-2027, a penalización será do 1 % do importe que se pode pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade de todo o gasto do expediente para o que se solicita a axuda.

– No caso de tratarse da falta de máis dun documento ou de non ser a primeira vez que o beneficiario ten este tipo de incumprimento nesta medida do período de programación 2023-2027, a penalización será do 2 % do importe que se lle pode pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade de todo o gasto do expediente para o que se solicita a axuda.

b) No caso de proxectos con axuda concedida que, finalizado o prazo máximo permitido para a súa execución e xustificación, teñan executados e pagados os investimentos pero carezan dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario presente a referida documentación no prazo máximo adicional de entre un e catro meses meses, contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto.

Neste caso de incumprimento parcial, aplicaranse á axuda que corresponda aboar ao beneficiario as penalizacións seguintes:

– No caso de tratarse da falta dun só documento e de ser a primeira vez que o beneficiario ten este tipo de incumprimento nesta medida do período de programación 2023-2027, a penalización será do 5 % do importe que se lle pode pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade de todo o gasto do expediente para o cal se solicita a axuda.

– No caso de tratarse da falta de máis dun documento ou de non ser a primeira vez que o beneficiario ten este tipo de incumprimento nesta medida do período de programación 2023-2027, a penalización será do 10 % do importe que se lle pode pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade de todo o gasto do expediente para o cal se solicita a axuda.

c) No caso de proxectos nos cales, transcorrido o prazo máximo adicional de catro meses, contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto, non estea presentada toda a documentación exixida na resolución de concesión para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento total e o beneficiario perderá o dereito ao cobramento da totalidade da axuda concedida, e deberá reintegrar, de ser o caso, as cantidades xa percibidas.

5. En todo caso, será de aplicación o establecido na Lei 30/2022, do 23 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, e no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reales decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Artigo 23. Incumprimentos relativos aos prestamos garantidos

O réxime de incumprimentos será o. establecido no Regulamento Delegado (UE) nº 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á incondicionalidade.

Os préstamos garantidos formalizados non poderán superar o importe nin o prazo total e o período de carencia máximos que figuran na resolución correspondente de recoñecemento do dereito a préstamo.

O importe dos préstamos garantidos obxecto desta convocatoria deben destinarse ao fin indicado nesta orde e na resolución correspondente. No caso de non ser así, considerarase que existe un incumprimento no obxectivo da axuda e, sen prexuízo doutras actuacións, liberarase o importe da garantía do préstamo na carteira do instrumento financeiro; o outorgante do préstamo asumirá os custos derivados da eliminación do préstamo da carteira.

Non obstante, excepcionalmente, poderá admitirse por causas xustificadas que o importe dos préstamos garantidos se destinen ata nun 10 % a amortizar parcialmente o importe do préstamo ou ao pagamento de capital circulante da empresa, así como que os pagamentos dos investimentos co préstamo superen en como máximo tres meses o prazo establecido. Neses casos, non se considerará que existe incumprimento. En calquera caso, e tal como establece o número 9 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, non se utilizarán as subvencións para reembolsar axudas que se recibisen de instrumentos financeiros, e non se utilizarán os instrumentos financeiros para prefinanciar subvencións.

Artigo 24. Reintegro das axudas, infraccións e sancións

1. Non se poderá exixir o pagamento da subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto, de ser o caso, cos xuros de mora, nos supostos sinalados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En particular, procederá o reintegro total ou parcial da axuda percibida no caso de incumprimento da obriga de xustificación ou doutras obrigas derivadas da concesión da subvención.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior e na normativa comunitaria aplicable, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

3. Será, así mesmo, de aplicación o establecido na Lei 30/2022, do 23 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, e no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reales decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Artigo 25. Seguimento e control

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas incompatibles outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, ó reintegro total ou parcial da subvención concedida.

2. Os órganos da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias encargados de tramitar o procedemento, poderán exixirlles aos solicitantes ou beneficiarios calquera documentación complementaria necesaria para comprobar o cumprimento dos requisitos necesarios para a concesión e/ou pagamento das axudas.

3. Os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural, de Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), do Consello de Contas e do Tribunal de Contas, e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

4. O beneficiario da axuda deberá levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.

Artigo 26. Compatibilidade

1. Conforme o establecido no artigo 65 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

2. As axudas en forma de subvencions e as correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios; son compatibles entre si nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 indicado.

Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención, aplicaranse os límites seguintes:

a) A suma do importe da subvención máis o importe do equivalente de subvención bruta (ESB) do préstamo, calculado conforme o indicado no número 4 deste artigo, non poderá sobrepasar as porcentaxes de axuda do investimento subvencionable indicadas no número 2 do artigo 4 desta orde.

b) A suma do importe do préstamo garantido máis o importe da subvención non poderá superar o importe total do investimento subvencionable.

c) Non se poderá utilizar a subvención para reembolsar o importe do préstamo obtido e o importe do préstamo non se poderá destinar a prefinanciar unha subvención.

No caso de que se superen os límites indicados nas letras a) e/ou b), reducirase a subvención concedida na contía necesaria para manter os requisitos de compatibilidade citados.

3. No caso de préstamos garantidos destinados a financiar proxectos nos que os produtos finais non están incluídos no anexo I do Tratado aplicarase a normativa de minimis (Regulamento (UE) nº 1407/2013), polo que o importe do ESB no poderá superar, ademáis, o importe de 200.000 € durante un período fiscal de 3 anos.

4. Para o cálculo do ESB do préstamo, utilizarase a fórmula seguinte, tal como establece o Regulamento (UE) nº 964/2014:

ESB= importe nominal do préstamo × custe do risco × taxa de garantía × taxa do límite máximo da garantía × Duración media ponderada do préstamo (anos).

Para o seu cálculo consideraranse os seguintes valores:

– Custe do Risco: 0,5 % + (1,25 % anual × Porcentaxe do prestamo pendente de amortizar).

– Taxa de Garantía: 0,8.

– Taxa do límite máximo da garantía: 0,2.

– Duración media ponderada do préstamo (anos):

(prazo do préstamo+anos de carencia+(1/nº de amortizacións anuais))/2

5. En calquera caso, a suma total das axudas concedidas, incluídas as de minimis, non poderá superar as porcentaxes de axuda indicadas no número 2 do artigo 4 desta orde.

6. Para as axudas en forma de subvencions será de aplicación o establecido no artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

7. No caso de investimentos subvencionables derivados da destrución ou desaparición de elementos do inmobilizado material da empresa, cuberta por pólizas de seguro, o importe das indemnizacións recibidas por ese concepto sumado ás axuda concedidas non poderá superar o importe do investimento subvencionable.

Artigo 27. Medidas informativas e publicitarias

A resolución de concesión informará os beneficiarios de que a subvención procede dun programa cofinanciado polo Feader.

Os beneficiarios das axudas deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 6 e no anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 2022/129, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación, en virtude do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC, e demais normas de aplicación.

Artigo 28. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, log de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 29. Réxime de recursos

As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou da respectiva orde de convocatoria anual esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para os actos non expresos.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se a resolución é expresa.

Artigo 30. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse realizadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. En todo caso, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG) as resolucións de concesión das axudas consistentes en subvencións, por tratarse dun procedemento de concurrencia competitiva.

Artigo 31. Cumprimento da normativa comunitaria sobre axudas públicas

1. As axudas establecidas nesta orde cofinanciadas polo Feader ampáranse na seguinte normativa comunitaria:

– Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello.

– Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento (Feader), e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello.

– Regulamento delegado (UE) nº 480/2014 da Comisión, do 3 de marzo, que complementa o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

– Regulamento de execución (UE) nº 964/2014 da Comisión, do 11 de setembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ás condicións xerais para os instrumentos financeiros.

– Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, sobre o finaciamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

– Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

– Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

– Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

– Regulamento de execución (UE) nº 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadoiros e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.

– Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación, en virtude do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.

– Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

– Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

– Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

2. Así mesmo, no caso de subvencións a empresas referentes a investimentos nos que os produtos finais non estean incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado, están amparadas no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Diario Oficial de la Unión Europea L 187 do día 26 de xuño de 2014).

3. Para os prestamos garantidos destinados a financiar proxectos nos que os produtos finais non están incluídos no anexo I do Tratado aplicarase adicionalmente a normativa de minimis (Regulamento (UE) nº 1407/2013).

CAPÍTULO II

Convocatoria de axudas para 2024

Artigo 32. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo primeiro desta orde, as axudas para os investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2024.

Artigo 33. Condicións e finalidade

1. Para poder acceder a estas axudas o solicitante deberá cumprir os requisitos establecidos nesta orde.

2. Estas axudas teñen por finalidade incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios.

3. A concesión das axudas consistentes en subvencións efectuarase mediante concorrencia competitiva. As solicitudes de préstamos garantidos resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 34. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para as subvencións desta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación da solicitudes de préstamos garantidos desta convocatoria finalizará o día 29 de marzo de 2024.

Non obstante, no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou a ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de tres meses para presentar a preceptiva licenza de obras.

Artigo 35. Execución de investimentos con subvencións

Os investimentos obxecto das axudas en forma de subvencións deberán ter unha execución mínima (investimento xustificado e pagado) na anualidade 2024 do 20 % do total subvencionable.

Artigo 36. Financiamento

1. As subvencións previstas nesta orde financiaranse con cargo ao concepto 14.04.741A.770.0 e proxecto 2023 00154 do proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, cunha dotación de 11.000.000 €, así como para o exercicio 2025, cunha dotación de 13.000.000 €, e para o exercicio 2026, cunha dotación de 6.000.000 €.

Estas axudas están financiadas polo Feader nun 60 %, pola Xunta de Galicia nun 28 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 12 %, e corresponden á intervención 68422_04-Proxectos: Axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios, do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) de España.

2. As contribucións da Consellería do Medio Rural ao IFXC para custear as garantías deste IFXC destinado ás industrias agroalimentarias fináncianse con cargo ao concepto 14.04.741A.841.01 e código de proxecto 202000104.

Conforme o establecido no artigo 41 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, así como no acordo de financiamento do IFXC entre o MAPA, a Consellería do Medio Rural e a SAECA, a Consellería do Medio Rural ingresou, tras a sinatura do acordo en 2020, nas contas fiduciarias abertas pola SAECA o 25 % do importe total das contribucións do PDR destinado ao IFXC para as industrias agroalimentarias na medida 04, en concepto de contribución para a posta en marcha do IFXC. Dese importe, 2.900.000,00 € ingresáronse na conta de desembolso destinados a contratos de garantía. O saldo non utilizado desa conta de desembolso destinarase para financiar as garantías desta nova convocatoria do ano 2024.

A estrutura de garantía de carteira con límite máximo que presenta o IFXC determina un coeficiente multiplicador de 6,25, que implica que a capacidade de formalización de préstamos garantidos é 6,25 veces á das contribucións realizadas polo PDR de Galicia ao IFXC.

Estas garantías están financiadas polo Feader nun 75 %, pola Xunta de Galicia nun 17,5 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 7,5 %.

3. Esta orde tramítase conforme o establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que permite aprobar unha convocatoria de axudas nun exercicio orzamentario anterior ao da súa resolución cando existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta, e conforme o establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998, modificada respectivamente pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola do 25 de outubro de 2001, relativas á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2024.

Así mesmo, a concesión de subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

4. Os importes establecidos nesta orde poderanse incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional primeira

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional segunda

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas, cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Autorízase o/a director/a xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Investimentos non auxiliables

A. Actividades non amparables.

Non se considerarán subvencionables os investimentos referentes ás seguintes actividades:

1. As relativas á produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros, así como as realizadas nunha explotación agraria necesarias para preparar un produto animal ou vexetal sen procesar para a súa primeira venda.

2. Investimentos relativos a actividades de venda polo miúdo. Porén, serán admisibles os investimentos en locais e equipamentos que formen parte de instalacións industriais de transformación de produtos agrarios destinadas a súa venda directa. Serán, así mesmo, admisibles os investimentos en instalacións de elaboración de comida preparada destinada a ser subministrada maioritariamente a eventos ou restauración colectiva, pero non a venda directa a consumidores finais.

3. Investimentos relativos a actividades de venda por xunto. Non terán esa consideración as actividades acreditadas que inclúan procesos de selección, clasificación e/ou envasado de produtos agrarios.

4. No sector do leite de vaca e dos seus produtos derivados, os investimentos en novas instalacións dedicadas á recollida e refrixeración de leite ou á elaboración e/ou envasado de leite UHT e esterilizado, salvo que procedan dun traslado que comporte o peche doutras instalacións existentes, e activas en 1 de xaneiro de 2015 en Galicia, dedicadas a esas actividades.

5. No sector da alimentación animal, os investimentos en instalacións dedicadas á elaboración de produtos para animais de compañía e cría de peixes, así como en novas fábricas de pensos, salvo que se dediquen á elaboración de produtos ecolóxicos ou que comportan o peche doutras instalacións existentes, e activas a 1 de xaneiro de 2015 en Galicia, dedicadas a esa actividade.

Independentemente do citado, no caso de fábricas ou liñas de elaboración de mesturas húmidas para alimentación de ruminantes, soamente serán subvencionables os investimentos desenvolvidos por cooperativas de produtores para os seus socios.

6. No sector cárnico, os investimentos en novos matadoiros de gando porcino, bovino e polos, salvo que deriven do traslado doutro matadoiro, existente en 1 de xaniero de 2015 en Galicia, que se dediquen á produción ecolóxica ou que formen parte dun proxecto de elaboración de produtos cárnicos ou que promovan o desenvolvemento gandeiro dunha zona con deficiente servizo de sacrificio.

7. No sector vitivinícola, os investimentos subvencionables de importe igual ou superior a 100.000 € relativos aos produtos descritos no anexo VII, da parte II do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

8. Non se subvencionarán investimentos que incrementen a produción sobrepasando restricións de produción ou limitacións respecto da axuda comunitaria a instalacións de transformación impostas por unha organización común de mercado, reximes de axuda directa incluída, financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

9. Non se subvencionarán proxectos de organizacións de produtores de froitas e hortalizas (OPFH) cando o investimento subvencionable non supere os 60.000 €, xa que nese caso o proxecto é subvencionable a través dos programas operativos establecidos especificamente para este tipo de organizacións na OCM de froitas e hortalizas.

B. Conceptos non amparables.

Non se considerarán subvencionables:

1. Investimentos sen viabilidade técnica ou económica, así como desenvolvidos por empresas que carezan de capacidade financeira suficiente para a súa realización.

2. Investimentos relativos ao cumprimento de normas comunitarias.

3. Investimentos de simple reparación do inmobilizado da industria, así como de reposición ou mera substitución de equipamentos e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipos ou maquinaria que amplíen a capacidade de produción en máis dun 25 % ou que introduzan cambios fundamentais na natureza da produción ou na tecnoloxía correspondente. Non serán subvencionables os investimentos que substitúan outros subvencionados con anterioridade nos cales aínda non pasasen 5 anos desde a súa adquisición, aínda que estes supoñan unha mellora.

En todo caso, para determinar o importe admitido como subvencionable, restaráselle ao importe de adquisición do novo equipamento o importe de venda do equipamento substituído, de ser o caso.

4. Investimentos en maquinaria e equipamentos de tecnoloxía non contrastada que non cumpran os requisitos legais ou adquiridos a empresas que non teñan entre o seu obxecto social a súa fabricación ou venda.

5. Investimentos necesarios para a posta en marcha de proxectos subvencionados anteriormente ao abeiro desta liña de axudas.

6. Investimentos non relacionados directamente coas actividades (subvencionables) desenvolvidas polo solicitante.

7. Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai desenvolver a empresa a curto prazo. Nese caso admitirase como subvencionable o importe correspondente ao investimento coa capacidade ou dimensionamento axustado.

8. No caso de compra de terreos, o importe subvencionable admisible será inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

9. A compra de locais ou edificios que vaian ser derrubados que recibisen nos dez últimos anos algunha subvención pública ou que formen parte de instalacións existentes con actividade. Tampouco serán subvencionables os investimentos en reforma de locais que fosen subvencionados anteriormente por esta consellería nos cales aínda non pasasen 5 anos desde a súa finalización.

10. Obras de ornamentación e equipamentos de recreo (xardinaría, bar, e semellantes).

11. Investimentos relacionados con medidas de seguridade, tales como alarmas, sistemas antirroubo, barreiras de seguridade e similares.

12. Investimentos relativos á promoción e publicidade, como elaboración de vídeos, páxinas web, rotulación, proxectores, etc.., salvo os indicados expresamente no punto C.IV deste anexo.

13. Mobiliario de oficina. Non teñen esa consideración as instalacións telefónicas fixas, fax e ordenadores, incluídos os programas informáticos. Admítese a adquisición de equipamentos de laboratorio si son específicos, pero non o material funxible.

14. Compra de material normalmente amortizable nun ano (botellas, embalaxes, material funxible de laboratorio e semellantes). Considérase que as tarimas, caixóns tarima e caixas de campo teñen unha duración de vida superior a un ano e, polo tanto, son auxiliables, coa condición de que se trate dunha primeira adquisición ou dunha adquisición suplementaria, proporcional a unha ampliación prevista, e de que non sexan vendidas coa mercadoría. Tampouco serán auxiliables outros investimentos que figuren na contabilidade como gastos.

15. Compra e instalacións de maquinaria e equipamentos de segunda man. Tampouco serán subvencionables os gastos relativos ao traslado de maquinaria xa existente ata o local ou lugar en que se vai realizar o proxecto.

16. Reparacións e obras de mantemento, incluso no caso de operacións feitas sobre maquinaria instalada para ampliar a súa capacidade ou mellorar as prestacións.

17. O imposto do valor engadido (IVE) e calquera outro imposto.

18. Os gastos de alugueiro de equipamentos e os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing). Sen embargo, os investimentos en maquinaria e equipamentos financiados mediante leasing poden ser auxiliables se existe un compromiso de adquisición do ben ao terminar o contrato de leasing e, en todo caso, dentro do prazo previsto para a execución do proxecto. Outros custos ligados ao contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros, non serán subvencionables.

Así mesmo, non serán subvencionables as adquisicións de bens no marco dun sistema de venda e arrendamento retroactivo.

19. Os investimentos realizados que non sexan propiedade do beneficiario da axuda. En particular, non se considerarán subvencionables investimentos realizados para os cales exista unha reserva de dominio ou cesión de uso a favor de terceiros, ou figuras xurídicas similares.

20. A man de obra propia nin os materiais de igual procedencia. Non obstante, os materiais adquiridos polo beneficiario para a execución de investimentos en obra civil e instalacións serán admisibles se se acredita documentalmente o cumprimento das seguintes condicións:

a) A súa adquisición e pagamento conforme aos criterios xerais establecidos na orde.

b) O seu uso exclusivo para a execución dos referidos investimentos.

21. A compra e/ou carrozado de vehículos de transporte exterior.

22. Os investimentos en xeración de enerxías renovables soamente seran subvencionables cando a enerxía producida se destine exclusivamente ao autoconsumo.

23. Investimentos en urbanización exterior aos edificios de fabricación, salvo que formen parte dun proxecto que inclúa aumento da superficie edificada. Nese caso serán subvencionables en función á nova superficie construída e conforme os módulos establecidos. Tampouco serán subvencionables os investimentos realizados fóra do recinto da industria.

24. Os gastos correspondentes a facturas que non estean pagadas na súa totalidade na data máxima establecida na resolución de concesión para a xustificación dos gastos realizados. Non obstante, no caso de facturas de prestación de servizos nas que figuren retencións de importes para o seu ingreso na Administración tributaria, se o referido ingreso non está efectuado no prazo de xustificación sinalado na resolución de concesión, o importe restante da factura poderá ser considerado como admisible se cumpre o resto dos requisitos establecidos.

25. O importe dos investimentos e conceptos que superen os módulos máximos e limitacións establecidos no punto seguinte.

C. Conceptos con módulos e outras limitacións.

I. Urbanización:

Soamente se admitirán investimentos en peches da parcela, explanadas e firmes, coas seguintes limitacións en todo caso:

– En peches o perímetro máximo subvencionable será o equivalente (igual valor) ao dobre da superficie cuberta nova subvencionable, cun custo máximo admisible de 30 €/ml, incluídos os elementos singulares.

– En explanadas e firmes, a superficie máxima atendible será igual á superficie construída nova subvencionable, cun custo máximo admisible de 25 €/m2, incluídos todos os elementos e conceptos.

II. Edificacións de nova construción e ampliación das existentes.

Aplicaranse módulos máximos de investimento subvencionable (€/m2 construído e atendible) aplicable ao custo total de execución do investimento en obra civil, excluídas instalacións e incluídas as divisións interiores con todos os seus elementos, independentemente do material utilizado. Incluirá tamén os locais climatizados (ata 0º C), pero non as instalacións e equipamentos de frío ou calor.

O importe dos módulos será:

1. Módulo A: 380 euros/m2 construído, aplicable ás novas industrias con altos requirimentos sanitarios e de climatización de locais (industrias cárnicas, lácteas, do pan e derivados e instalacións de subprodutos). Aplicarase tamén ás industrias xa existentes que fagan edificacións para ampliación de zonas de fabricación e novas liñas con altos requirimentos sanitarios e de climatización (zonas de envasado de produtos, etc.)

2. Módulo B: 340 euros/m2 construído, aplicable ás novas industrias con requirimentos medios (resto das agroindustrias), así como industrias xa existentes que fagan edificacións de ampliación de actividade con requirimentos sanitarios e de climatización medios.

3. Módulo C: 290 euros/m2 construído, aplicable a industrias xa existentes que fagan edificacións sinxelas destinadas ao almacenamento de materias primas, produtos finais, vehículos, etc, sen especiais requirimentos sanitarios nin de climatización.

Estes módulos poderán incrementarse ata 60 €/m2 no caso de edificacións que requiran, polos equipamentos utilizados, unha altura de beirado superior a 6 metros ou, no caso de varias plantas, unha altura libre entre plantas superior a 6 metros. Este incremento será tamén aplicable no caso de edificacións localizadas en áreas de protección especial onde sexa exixible o emprego de elementos construtivos que harmonicen e se integren co contorno.

O importe destes módulos aplicarase tamén como investimento máximo que se subvencionará para a adquisición de edificacións, incluído o seu acondicionamento ou a súa reforma.

III. Acondicionamentos en edificacións existentes.

Aplicarase un módulo máximo de investimento subvencionable de 280 €/m2 útil aplicable ao custo total de execución do investimento en obra civil.

IV. Outras limitacións aplicables a zonas e equipamentos específicos.

1. No caso de oficinas, aseos, vestiarios, comedores e outros locais e equipamentos para o persoal subvencionables, a superficie admisible avaliarase conforme o número de traballadores da empresa que os vaian utilizar.

2. No caso de áreas dedicadas a salas de conferencias, catas e outras relacionadas coa promoción e mellora da produción e comercialización das producións, a superficie máxima subvencionable será de 100 m2, sen que en ningún caso supere o 15 % da superficie restante subvencionable da industria incluída na solicitude de axuda.

3. No caso de superficies dedicadas especificamente, dentro dunha industria, a exposición e venda polo miúdo dos produtos da empresa, a superficie máxima subvencionable será de 50 m2, sen que en ningún caso supere o 15 % da superficie restante subvencionable da industria incluída na solicitude de axuda.

V. Outros gastos.

Os gastos na adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos non poderán superar o 30 % do investimento subvencionable total admisible.

Os gastos en estudos de viabilidade técnica e económica serán admisibles sempre que o estudo se presente coa solicitude e estea asinado por un profesional competente. En todo caso, o importe máximo admisible será de 1.700 €. Non serán, poren admisibles se se subvencionan os honorarios de proxecto e dirección de obra nun importe superior á contía sinalada.

Para os honorarios de proxecto e dirección de obra, admitirase como máximo subvencionable a suma do:

– 10 % do orzamento en obra civil.

– 5 % do orzamento en instalacións básicas e especiais.

– 1 % da maquinaria e equipamentos. Non se considerarán incluídos nesta epígrafe o carrozado de vehículos, o material e equipamento de laboratorios e os equipamentos e material informático, incluído o software.

Previamente ao cálculo, aplicaranse a cada grupo de partidas (partidas ao 10 %, 5 % e 1 %), os coeficientes correctores seguintes:

Investimento subvencionable considerado

Coeficiente

Correspondencia

Ata 150.000 €

1

150.000

Exceso de 150.000-300.000 €

0,8

120.000

Exceso de 300.000-600.000 €

0,4

120.000

Exceso de 600.000-3.000.000 €

0,2

480.000

Exceso de 3.000.000 €

0,1

Non se terán en conta a efectos do cálculo, os orzamentos en activos considerados non subvencionables. O resultado arredondarase por defecto nas centenas. En todo caso, o proxecto e dirección de obra deben estar realizados por un técnico competente.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO A3

Estudio técnico

Constará, como mínimo, de:

1. Proxecto, anteproxecto ou memoria técnica:

Incluirá unha memoria explicativa dos obxectivos do proxecto, cunha xustificación razoada dos investimentos que é necesarios acometer para conseguir eses fines.

A iso xuntarase unha relación desagregada e cuantificada dos investimentos en:

1.1. Urbanización: indicaranse dimensións, características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades de obra.

1.2. Construcións: indicaranse dimensións e características (distribución de superficies e destino destas, xustificación do dimensionamento), medicións, materiais e custos desagregados por unidades de obra.

1.3. Instalacións: indicaranse dimensións e características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades de obra, para cada tipo de instalación (auga, electricidade, vapor, depuración e tratamento de residuos, frío, etc.).

1.4. Maquinaria e equipamentos: indicaranse para cada liña de produción as características técnicas de cada elemento, así como o seu custo.

1.5. Estudos, proxecto, dirección de obra e adquisición de patentes e licenzas: características e custos.

Incluirá, así mesmo, un resumo do orzamento previsto por conceptos.

Nos capítulos de edificios e construcións, instalacións e maquinaria, indicarase a súa localización mediante os planos que se consideren necesarios. O dimensionamento e uso dos locais e superficies construídas deben xustificarse.

No caso de proxectos con investimentos destinados ás seguintes finalidades:

– Mellora da eficiencia enerxética con fins principalmente ambientais.

– Valorización de residuos e materiais de orixe agrícola.

– Adopción de fontes renovables de enerxía.

– Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

– Mellora da xestión dos recursos hídricos.

Deberá xustificarse tecnicamente o destino dos investimentos a finalidade indicada.

2. Planos.

Constará, polo menos, dos seguintes:

– Plano de situación e localización.

– Plano en que se especifiquen, de ser o caso, as actuacións previstas en urbanización, delimitando con precisión as superficies de actuación.

– Plano xeral do conxunto de obras e instalacións básicas, antes e despois do investimento.

– Plano de distribución da maquinaria e outras instalacións, antes e despois do investimento.

– Planos acotados de seccións e alzados antes e despois do investimento.

3. Xustificación dos investimentos.

Para o investimento obxecto da axuda, xustificarase o custo previsto da seguinte forma:

– Urbanización, construcións e instalacións: factura pro forma ou orzamento da empresa construtora ou instaladora e desagregado por unidades de obra.

– Maquinaria, equipamentos e outros conceptos: ofertas ou facturas pro forma dos subministradores.

Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo. As ofertas solicitadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.

– Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público, nin co solicitante.

– Deberán incluír, como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca e modelo así como características técnicas; e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar, a exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables dos cales, polas súas especiais características, non exista no mercado número suficiente de entidades que os subministren, e así se xustifique, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe de taxador, perito ou organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos incluídos nunha solicitude de axuda nos cales non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

En todo caso o solicitante presentará todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se vaia realizar, xunto cun cadro resumo asinado e que figura como anexo A5, no cal se indicarán para cada elemento as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, de ser o caso, da elección da oferta económica distinta da máis vantaxosa.

ANEXO A4

Estudo económico

Constará, como mínimo, de:

1. Situación actual

Descrición resumida de actividades desenvolvidas.

Indicarase o tipo de empresa (micro/pequena/mediana/non peme) tal como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión (DOUE L 124, do 20.5.2003) e no artigo 2 desta orde. Conforme iso, para a súa determinación terase en conta a súa facturación, balance (no caso de sociedades) e número de empregados, calculados, sen prexuízo do sinalado na Recomendación 2003/361/CE, da seguinte forma:

* Se a empresa non participa nin está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os da propia empresa.

* Se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os das contas consolidadas do grupo empresarial, ás cales se sumarán, de ser o caso:

– Os datos das empresas en que participa e/ou está participada en máis dun 50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

– A parte proporcional (á participación) dos datos das empresas nas que participa e/ou están participadas nun 25-50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

Se a empresa é de nova constitución, os datos que se considerarán serán os previsionais.

En todo caso, se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, debe indicarse expresamente as empresas en que participa e/ou está participada, así como as porcentaxes de participación e os datos de facturación, balance e número de empregados desas empresas. Deberá xuntarse, ademais, a fotocopia das contas desas empresas presentadas no Rexistro Mercantil correspondentes ao último ano, salvo no caso de que o solicitante se declare non peme.

– No caso de sociedades diferentes a SAT ou cooperativas de produtores, participadas maioritariamente (máis do 50 %) por produtores agrarios galegos que sexan titulares de explotacións agrarias con ingresos anuais derivados delas de polo menos 6.000 €, e que representen como mínimo o 25 % do total dos seus ingresos, deberase presentar a xustificación da inscrición das explotacións no Reaga, así como a fotocopia das súas declaracións da renda do último ano, ou autorización para a súa consulta. Neste caso, deberase, ademais, indicar a relación de todos os socios da empresa coas súas porcentaxes de participación.

– Produción: descrición do proceso. Capacidade de produción (referirase á capacidade inscrita no Rexistro de Industrias Agrarias, de ser o caso). Instalacións e tecnoloxía dispoñible. Produtos vendidos: debe incluírse unha relación pormenorizada destes en que se indiquen tipos, cantidades e prezos de venda.

Se, actividade desenvolvida nas instalacións corresponde á transformación e/ou envasado de produtos agrarios con procedencia maioritaria (máis do 50 %) acreditada de explotacións agrarias localizadas en Galicia, encadrada na epígrafe «k)Outros sectores diferentes aos indicados anteriormente», da listaxe de actividades prioritarias incluídas no anexo III desta orde, xuntarase a referida acreditación.

No caso de facturar produtos amparados por unha denominación de calidade recoñecida, indicaranse tipos, cantidades e prezos de venda. Debe xuntarse, ademais, un certificado do Consello Regulador correspondente sobre a produción amparado no último ano.

No caso de facturar produtos amparados pola marca de garantía de leite «Galega 100 %», indicaranse tipos, cantidades e prezos de venda. Debe xuntarse, ademais, fotocopia do contrato de licenza de uso, así como acreditación do importe facturado no último ano en produtos amparados nesa marca.

– Comercialización: indicaranse para cada tipo de produto os seus destinos e as principais canales de comercialización.

– Materias primas utilizadas: debe incluírse unha relación pormenorizada destas, indicación de tipos, cantidades e prezos de compra. Esta relación debe incluír especificamente, de ser o caso, as materias primas non agrarias utilizadas.

– No caso de materia prima propia ou dos socios da empresa ou cooperativa, indicaranse cantidades e porcentaxe sobre o total de materias primas utilizadas. Ademais, no caso de que o solicitante sexa unha persoa física, deberá presentar a xustificación da inscrición da súa explotación no Reaga.

– Outros consumos do proceso produtivo, con indicación dos prezos de compra.

– Persoal: relación dos traballadores existentes por categorías laborais e o período de ocupación (días/ano). Custo total.

– Outros gastos de explotación: servizos, gastos financeiros, amortizacións, subministración...).

Xuntarase o balance e as contas de resultados dos dous últimos anos. No caso de persoas físicas, declaración da renda dos dous últimos anos. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

2. Situación tras o investimento.

– Indicarase en que medida o investimento afectará a capacidade de produción, tecnoloxía utilizada, producións, materias primas usadas, relación con produtores, comercialización, persoal contratado. Realizarase unha análise comparativa tendo en conta a situación inicial presentada no punto 1 e a incidencia dos investimentos sobre as materias primas utilizadas e os produtos transformados/comercializados.

– No caso de novas industrias, indicaranse expresamente as previsións a curto prazo nas relacións cos produtores galegos (materias primas agrarias de procedencia galega, contratos escritos ou homologados previstos).

– No caso de novos produtos, xustificarase ou explicar a súa viabilidade comercial derivada das demandas do mercado.

– Contas de explotación previsionais para os tres exercicios consecutivos desde o remate dos investimentos. Estimaranse as variacións previsibles como consecuencia dos investimentos e respecto da situación actual nos seguintes aspectos:

– Vendas: volume e estimación xustificada do prezo probable da venda.

– Custos: compras de materias primas.

– Gastos variables: persoal, subministracións e servizos, portes, etc.

– Previsión de balances (en sociedades) e contas de resultados para os vindeiros tres anos.

3. Financiamento dos investimentos.

Recursos propios. Subvencións. Créditos e préstamos, indicando a repartición dos distintos préstamos subscritos ou que se pretendan subscribir cos seus respectivos tipos de xuro e prazos en anos. Outras fontes de financiamento.

No caso de novas actividades, capital circulante necesario: existencias de insumos, produtos en curso e produtos finais. Caixa e bancos. Provedores e clientes. Fondo de manobra.

missing image file
missing image file

Para os efectos da emisión por parte da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA) do Informe de viabilidade crediticia para a autoridade de xestión do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 de Galicia, para que esta poida recoñecer o do dereito a un préstamo garantido polo Instrumento financeiro de xestión centralizada,

AUTORÍZASE a SAECA a:

• Para a incorporación de todos os datos de carácter persoal derivados da presente solicitude, ao seu sistema informático, de modo que poidan realizarse automatizadamente todas as tarefas propias da SAECA. Para estes efectos, tales datos conservaraos a SAECA durante o prazo que fixe a lei. A persoa interesada poderá solicitarlle o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e normas de desenvolvemento.

• Solicitarlle información á Central de Riscos do Banco de España, situación sobre os meus riscos crediticios, autorización que fago extensiva á mencionada Central de Información de Riscos para que facilite os datos interesados.

• Solicitarlle información ao Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) sobre as axudas recibidas e pendentes de recibir, así como superficies, producións, información sobre os datos de declaracións de entregas de leite, etc., facendo extensiva esta autorización ao FEGA para que lla facilite SAECA.

• Solicitarlles á Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) e a Agroseguro información relativa á contratación de seguro con coberturas crecentes comprendido no plan de seguros agrarios combinados vixente, autorización que fago extensiva á citada entidade (Enesa) e a Agroseguro para que facilite os datos interesados.

missing image file

(*) No caso de entidades sen personalidade xurídica, asinarán a autorización todos os socios dela.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Criterios de valoración

Criterios de valoración

Puntuación

Parcial

Máxima

1. Actividade prioritaria

1.1.A actividade do solicitante encádrase nalgunha das indicadas coa Prioridade 1 no anexo III desta orde.

22

22

1.2.A actividade do solicitante encádrase nalgunha das indicadas coa Prioridade 2 no anexo III desta orde.

14

1.3.A actividade do solicitante encádrase nalgunha das indicadas coa Prioridade 3 no anexo III desta orde.

8

2.Beneficio a produtores

2.1.O solicitante é unha cooperativa agraria galega ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia.

22

22

2.2.O solicitante é unha sociedade participada entre un 10 % e un 50 % por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia.

15

2.3. O solicitante é unha sociedade agraria de transformación (SAT) galega ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por SAT galegas, ou

12

2.4.O solicitante é un produtor agrario galego ou unha sociedade participada maioritariamente (máis do 50 %) por produtores agrarios galegos, das materias primas que utiliza a industria transformadora/comercializadora obxecto da solicitude de axuda presentada. Para estes efectos, considerarase produtor agrario galego a persoa física ou xurídica titular dunha explotación agraria que obteña ingresos anuais derivados da súa actividade de polo menos 6.000 €.

3. Zonas de montaña e despoboadas

3.1. Investimentos localizados en concellos de montaña conforme o anexo da Directiva 86/466/CEE, relativa á lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas conforme a Directiva 75/268/CEE (España) e que figura no anexo III desta orde.

18

18

3.2. Investimentos localizados en concellos non de montaña cunha densidade de poboación (2014) inferior a 200 habitantes/km2 (anexo IV desta orde), así como noutros concellos das provincias de Lugo e Ourense.

11

4. Produtos de calidade (*)

4.1.O solicitante facturou no último ano produtos amparados pola denominación Agricultura Ecolóxica de Galicia por un importe superior a 100.000 € ou ao 20 % da súa facturación total.

14

14

4.2. O solicitante facturou no último ano produtos incluídos nalgún réxime de calidade recoñecido por unha norma comunitaria por un importe superior a 100.000 € ou ao 20 % da súa facturación total.

6

4.3.O solicitante facturou no último ano produtos amparados pola marca de garantía de leite Galega 100 % por un importe superior a 5.000.000 € ou ao 20 % da súa facturación total.

4

4.4.O solicitante facturou no último ano produtos amparados polo logotipo Raza Autóctona criados en Galicia, por un importe superior a 50.000 € ou ao 10 % da súa facturación total.

4

5. Proxectos de interese estratéxico

5.1. Proxectos cun investimento subvencionable xustificado superior a 3 mill. €, que utilicen ou vaian utilizar maioritariamente (máis do 50 %) materias primas agrarias procedentes de explotacións agrarias de Galicia, e que teñan ou vaian ter como actividade aquelas incluídas con prioridade 1 ou 2 no anexo III desta orde, ou

6

6

5.2 Proxectos cun investimento subvencionable xustificado superior a 1 mill. €, de cooperativas agrarias galegas ou sociedades participadas maioritariamente (máis do 50 %) por cooperativas agrarias galegas ou asociacións e organizacións de produtores de Galicia.

6. Proxectos con obxectivos ambientais

Proxectos cun investimento subvencionable xustificado superior ao 30 % do investimento total subvencionable, destinado ás seguintes finalidades:

– Mellora da eficiencia enerxética con fins principalmente ambientais

– Valorización de residuos e materiais de orixe agrícola

– Adopción de fontes renovables de enerxía

– Redución das emisións de gases de efecto invernadoiro

– Mellora da xestión dos recursos hídricos

3

3

7. Proxectos de pequenas instalacións de uso colectivo

Proxectos cun investimento subvencionable non superior a 500.000 €, de sociedades de produtores agrarios para a creación ou mellora de instalacións de transformación de produtos agrarios, destinadas a dar servizo aos seus socios para a transformación das súas producións agrarias.

7

7

8. Proxectos derivados de causas de forza maior

Proxectos de reacondicionamento e modernización de instalacións deterioradas por desastres naturais, incendios e outras causas de forza maior.

5

5

Total:

97

Puntuación mínima para ser subvencionble: 20 puntos. Puntuación máxima: 97 puntos.

(*) Nesta epígrafe, no caso de puntuar en máis dunha dos tres subepígrafes establecidas, soamente se terá en consideración a subepígrafe de maior puntuación.

(**) No caso de empate na puntuación entre dúas ou máiss solicitudes, utilizarase como criterio de desempate a maior puntuación obtida no criterio de valoración 1º (actividade prioritaria). No caso de persistir o empate, utilizarase como criterios sucesivos de desempate a maior puntuación obtida nos criterios de valoración do 2º ao 7º, por ese orde. Se aínda persistise o empate, utilizarase como criterio de desempate adicional o maior importe de investimento subvencionable.

ANEXO III

Actividades prioritarias

Sector de actividade

Actividade

Prioridade

A ) Lácteo

Transformación e/ou comercialización de leite ou de produtos procedentes do leite

Elaboración e/ou envasado de leite ou soro en po

1

Elaboración e envasado conxunto de leite condensado ou concentrado

1

Elaboración de queixo

1

Elaboración e envasado conxunto de leite pasteurizado

1

Elaboración doutros produtos derivados do leite

1

Manipulación, concentrado e/ou conservación de soro lácteo líquido

2

Elaboración de leite concentrado

3

Elaboración e envasado conxunto de leite UHT ou esterilizado, incluso enriquecido

3

B) Cárnico

Transformación e/ou comercialización de carne ou de produtos derivados da carne 

Sacrificio de gando

2

Despezamento de canais

2

Elaboración de produtos cárnicos (frescos, salgados, curados, cocidos, conservas..)

2

Tratamento de subprodutos cárnicos (triparía, sangue, graxas..)

2

C) Viño

Elaboración e/ou embotellado de viño con DOP, IXP ou ecolóxico

Elaboración e embotellado conxunto de viño con DOP, IXP ou ecolóxico

1

Elaboración ou envasado de viño con DOP, IXP ou ecolóxico

3

D) Alimentación animal

Fabricación e/ou comercialización de produtos de alimentación animal

Fabricación de produtos para alimentación animal a partir de materias primas agrarias procedentes maioritariamente (máis do 50 % en valor) de explotacións agrarias localizadas en Galicia

1

Fabricación de produtos para alimentación animal a partir de materias primas agrarias non procedentes maioritariamente (máis do 50 % en valor) de explotacións agrarias localizadas en Galicia

3

E) Pataca

Manipulación, transformación e/ou comercialización de patacas

Transformación de pataca

1

Manipulación e/ou envasado de pataca

3

F) Ovos

Manipulación,transformación e/ou comercialización de ovos

Elaboración de ovoprodutos

1

Selección, clasificación, e/ou envasado de ovos frescos

2

G) Castañas

Manipulación, transformación e/ou comercialización de castañas

Transformación de castañas

1

Manipulación e/ou envasado de castañas

2

H) Cogomelos

Manipulación,transformación e/ou comercialización de cogomelos

Transformación de cogomelos

1

Manipulación e/ou envasado de cogomelos

2

I) Mel

Elaboración e/ou comercialización de mel

Elaboración e envasado conxunto de mel

1

J) Sidra

Elaboración e/ou comercialización de sidra

Elaboración e/ou envasado de sidra

1

K) Outros sectores diferentes aos indicados anteriormente

Transformación de produtos agrarios con procedencia maioritaria (máis do 50 % en valor) acreditada de explotacións agrarias localizadas en Galicia

1

Selección, clasificación e/ou envasado de produtos agrarios con procedencia maioritaria (máis do 50 % en valor) acreditada de explotacións agrarias localizadas en Galicia

2

* Sector: un proxecto considerarase incluído nalgún dos sectores indicados (salvo no K) cando máis do 50 % en peso das materias primas agrarias que procesa corresponden, ás propias dese sector.

** Actividade: considérase a relativa aos investimentos (maioría dos investimentos) ou ben a realizada maioritariamente nas instalacións onde se realizan os investimentos, a máis favorable das dúas.

ANEXO IV

Concellos en zonas de montaña

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Cedeira

Abadín

Arnoia, A

Arbo

Cariño

Alfoz

Avión

Campo Lameiro

Ortigueira

Baleira

Baltar

Cañiza, A

Mañón

Baralla

Bande

Cerdedo-Cotobade

Cerdido

Becerreá

Barco de Valdeorras

Covelo

Pontes de García Rodríguez, As

Carballedo

Beariz

Crecente

Somozas, As

Cervantes

Blancos, Os

Dozón

San Sadurniño

Chantada

Bolo, O

Forcarei

Capela, A

Folgoso do Courel

Calvos de Randín

Fornelos de Montes

Monfero

Fonsagrada, A

Castrelo do Val

Lama, A

Aranga

Guitiriz

Carballeda de Valdeorras

Mondariz

Coirós

Incio, O

Castro Caldelas

Neves, As

Láncara

Chandrexa de Queixa

Pazos de Borbén

Meira

Cualedro

Ponte Caldelas

Mondoñedo

Entrimo

Muras

Esgos

Navia de Suarna

Gomesende

Negueira de Muñiz

Gudiña, A

Nogais, As

Irixo, O

Ourol

Larouco

Paradela

Laza

Pedrafita do Cebreiro

Lobeira

Pobra do Brollón, A

Lobios

Pontenova, A

Maceda

Quiroga

Manzaneda

Ribas de Sil

Melón

Ribeira de Piquín

Mezquita, A

Riotorto

Montederramo

Samos

Monterrei

Triacastela

Muíños

Valadouro, O

Nogueira de Ramuín

Xermade

Oímbra

Padrenda

Parada de Sil

Peroxa, A

Petín

Piñor

Pobra de Trives, A

Quintela de Leirado

Rairiz de Veiga

Riós

Rúa, A

Rubiá

San Xoán de Río

Teixeira, A

Veiga, A

Verea

Verín

Viana do Bolo

Vilamartín de Valdeorras

Vilar de Barrio

Vilardevós

Vilariño de Conso

Xunqueira de Espadanedo

ANEXO V

Concellos non de montaña con densidade de poboación inferior a 200 hab./km2

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Abegondo

Antas de Ulla

Allariz

Agolada

Arzúa

Barreiros

Amoeiro

Barro

Baña, A

Begonte

Baños de Molgas

Caldas

Boimorto

Bóveda

Beade

Catoira

Boqueixón

Castro de Rei

Boborás

Cuntis

Brión

Castroverde

Bola, A

Estrada, A

Cabana de Bergantiños

Cervo

Carballeda de Avia

Gondomar

Cabanas

Corgo, O

Cartelle

Lalín

Camariñas

Cospeito

Castrelo de Miño

Meaño

Carnota

Foz

Celanova

Meis

Carballo

Friol

Cenlle

Moraña

Carral

Guntín

Coles

Oia

Cee

Lourenzá

Cortegada

Ponteareas

Cerceda

Monforte de Lemos

Leiro

Portas

Coristanco

Monterroso

Maside

Rodeiro

Curtis

Outeiro de Rei

Merca, A

Rosal, O

Dodro

Palas de Rei

Pereiro de Aguiar, O

Salvaterra do Miño

Dumbría

Pantón

Pontedeva

Silleda

Fisterra

Páramo, O

Porqueira

Tomiño

Frades

Pastoriza, A

Punxín

Valga

Irixoa

Pol

Ramirás

Vilaboa

Laracha, A

Portomarín

Ribadavia

Vila de Cruces

Laxe

Ribadeo

San Amaro

Lousame

Sarria

San Cibrao das Viñas

Malpica de Bergantiños

Saviñao, O

San Cristovo de Cea

Mazaricos

Sober

Sandiás

Melide

Taboada

Sarreaus

Mesía

Trabada

Taboadela

Miño

Vicedo, O

Toén

Moeche

Vilalba

Trasmiras

Muros

Viveiro

Vilamarín

Muxía

Xove

Vilar de Santos

Negreira

Xinzo de Limia

Ordes

Xunqueira de Ambía

Oroso

Outes

Oza-Cesuras

Paderne

Padrón

Pino, O

Ponteceso

Porto do Son

Rianxo

Rois

Santa Comba

Santiso

Sobrado

Toques

Tordoia

Touro

Trazo

Val do Dubra

Valdoviño

Vedra

Vilarmaior

Vilasantar

Vimianzo

Zas