DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 857

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 14 de decembro de 2023, do tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar os días 23, 27 e 30 de novembro e 4 e 14 de decembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro, con corrección de erros publicada no DOG núm. 193, do 10 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria e en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo realizado o día 6 de novembro de 2023, unha vez revisadas as reclamacións presentadas, aproba a anulación das preguntas número 11, 20, 53 e 58 do cuestionario. En consecuencia, pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 81, 82, 83 e 84.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de trinta (30) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 24 de outubro de 2023, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarán este primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións ata completar un número de 224 persoas, sempre e cando acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación.

En caso de empate, todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte, consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado.

Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de trinta (30) puntos no exercicio. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os trinta (30) e os sesenta (60) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Unha vez realizada a corrección na sesión que tivo lugar o 14 de decembro, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 224 persoas aspirantes no seu conxunto, e fixouxe en 51,75 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base III.1.1 da convocatoria, e que os aspirantes superasen, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50 % das respostas correctas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o 6 de novembro de 2023, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro, con publicación de corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo), no portal web da Xunta de Galicia www.funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal).

Sexto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023

Carlos Calzadilla Bouzón
Presidente do tribunal