DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2024 Páx. 921

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria e bases reguladoras para a provisión, mediante libre designación, do posto de director/a da Área de Infraestruturas, incluído na vixente relación de postos de traballo desta deputación.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, do 23 de decembro de 2023, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras para a provisión, mediante libre designación, do posto de director/a da Área de Infraestruturas, incluído na vixente relación de postos de traballo da Deputación Provincial de Ourense.

O posto que se convoca é o seguinte:

– Un (1) posto de director/a da Área de Infraestruturas da Deputación Provioncial de Ourense (Área de Infraestruturas).

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio da convocatoria, no modelo normalizado que figura como anexo nas bases da convocatoria e que estará dispoñible na páxina web www.depourense.es, na sección de ofertas de emprego. As modalidades de presentación serán as seguintes:

– De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso rógase que se envíe copia da instancia ao correo electrónico persoal@depourense.es

– De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da deputación provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica da deputación provincial, na páxina web www.depourense.es e no Boletín Oficial da provincia de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases do procedemento.

Ourense, 26 de decembro de 2023

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense