Convocada pola Resolución do 15 de novembro de 2023 (DOG núm. 224, do 24 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de xefe/a de servizo de atención primaria, esta Xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de persoal licenciado sanitario (xefe/a de servizo de atención primaria), anunciado pola Resolución do 15 de novembro de 2023 (DOG núm. 224, do 24 de novembro).
Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.
Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Vigo, 27 de decembro de 2023
Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo
ANEXO
Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Cangas.
Nome e apelidos: José Gestido Santomé.
DNI: ***7926**.
Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Redondela.
Nome e apelidos: Esther López Carbajales.
DNI: ***5409**.