DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1281

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 7 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

BDNS (Identif.): 735735.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias e requisitos

1. Poderán ser beneficiarias das axudas descritas nesta orde as entidades oficialmente recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia como terceiros para a realización do control leiteiro oficial ao abeiro do Real decreto 663/2023, do 18 de xullo, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser unha entidade de control leiteiro segundo o establecido no artigo 2.d) ou ser unha asociación ou organización das definidas no artigo 2.a) e que realice actividades incluídas na definición de control de rendemento leiteiro do artigo 2.b) desta orde.

b) Cumprir os requisitos exixidos polos artigos 13.2, 13.3 e 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter a condición de peme de acordo co establecido no artigo 2.52 e anexo I do Regulamento (UE) número 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.

d) Non ter a consideración de empresa en crise, de acordo co artigo 2.59 do Regulamento (UE) número 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.

e) Non estar suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

f) Empregar unha base de datos única e común para toda Galicia, onde se integrará, procesará e analizará toda a información cuantitativa e cualitativa procedente dos controis realizados.

2. As persoas beneficiarias últimas das actuacións financiadas con esta axuda son os/as gandeiros/as que participan no control oficial de rendemento leiteiro, que reciben a axuda baixo a forma de servizos subvencionados prestados por terceiros, e nunca como pagamentos directos en efectivo ás persoas produtoras, de acordo co previsto no artigo 27.2.b) do Regulamento (UE) núm. 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022 polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

3. Así mesmo, os requisitos previstos nas letras b), c) d) e e) do punto 1 tamén deberán ser cumpridos polas explotacións gandeiras en que se realicen as actividades subvencionables.

Segundo. Obxecto

Esta Orde ten por obxecto desenvolver, en réxime de concorrencia competitiva, as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería do Medio Rural, destinadas ás entidades oficialmente recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia para o control de rendemento leiteiro, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Terceiro. Bases reguladoras

Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto na Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, e se convocan para o ano 2024.

Cuarto. Importe

A contía global destas axudas será, para o ano 2024, de setecentos cincuenta mil euros (750.000 €), con cargo aos orzamentos xerais do Estado (441.995 euros) e dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (308.005 euros).

Así mesmo, os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos estatais ou autonómicos achegados para o efecto, na mesma ou noutras aplicacións orzamentarias, de acordo con artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2009), sempre que non se superen os límites establecidos no artigo 27.5.a) do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, sen prexuízo de límites máis estritos previstos para cada ano na respectiva convocatoria.

Quinto. Solicitudes e prazo de presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural