DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas: LAT 132 kV SET PE Maragouto-SET PE Banzas-LAT 132 kV SET PE Banzas-SET colectora Lousame-SET colectora Lousame e conexión a SET Lousame (REE), nos concellos de Brión, Lousame, Mazaricos, Negreira, Outes e Rois (A Coruña) (expediente 2020/0173).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 21 de decembro de 2023, do proxecto de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas: LAT 132 kV SET PE Maragouto-SET PE Banzas-LAT 132 kV SET PE Banzas-SET colectora Lousame-SET colectora Lousame e conexión a SET Lousame (REE), nos concellos de Brión, Lousame, Mazaricos, Negreira, Outes e Rois (A Coruña), promovido por ICE Lousame, S.L. (antes Green Capital Power, S.L.).

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático