DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1511

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Bosa, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

De acordo co disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal de Bosa, S. Coop. Galega, que tivo lugar o 13 de novembro de 2023, acordouse por unanimidade de votos iniciar o proceso de disolución e liquidación de Bosa, S. Coop. Galega. Queda como liquidadora Sara Pampillón Pampillón.

O Porriño, 14 de novembro de 2023

Sara Pampillón Pampillón
Administradora