DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2024 Páx. 1352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete ao trámite de información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cerceda (expediente DH.A15.92677).

H2Meirama, S.L. solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: H2Meirama, S.L.

Expediente: DH.A15.92677.

Volume total anual: 729.795,6 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 23,14 l/s.

Destino: uso industrial.

Orixe: encoro de San Cosmade.

Lugar: central térmica de Meirama.

Parroquia: As Encrobas.

Concello: Cerceda (A Coruña).

O aproveitamento consiste na captación dun caudal de auga desde o encoro de San Cosmade, aproveitando as instalacións da antiga captación da central térmica, que se renovarán en parte dos seus elementos, e que contan con dúas canles de entrada con comportas. O caudal captado impulsarase mediante tres bombas verticais de 13 kW, dotadas da súa correspondente válvula de bolboreta, e unha condución existente de 600 mm de diámetro, ao longo duns 3 km aproximadamente, ata a localización da planta de produción de hidróxeno renovable mediante electrólise, situada nos terreos da antiga central. Na planta localizarase un tanque de almacenamento de auga bruta, cun tratamento previo con sistema de abrandamento e de filtración.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

O proxecto estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro