DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 1885

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 14 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2023.

No Diario Oficial de Galicia núm. 224, do 24 de novembro de 2022, publicouse a Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 14 de novembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2023.

Mediante a Resolución do 17 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se conceden as axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 14 de novembro de 2022, publicada no DOG núm. 41, do 28 de febreiro, modificada pola corrección de erros publicada no DOG núm. 44, do 3 de marzo, estableceuse o importe de axudas concedidas con base as solicitudes presentadas para executar o plan formativo.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, revisada a documentación xustificativa achegada das accións formativas realizadas, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas no ano 2023 para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Artigo 10 da Orde do 14.11.2022, DOG núm. 224, do 24 de novembro)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas ás asociacións profesionais de transportistas
ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte,
ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte
por estrada en Galicia para o 2023 (aplicación orzamentaria: 09.02.512A.481.1)

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.

NIF

Entidade

Importe

G15086358

Federación galega de transporte de mercadorías (Fegatramer)

79.913,34 €

G15640808

Federación galega de asociacións de transportes en autocar (Transgacar)

45.735,03 €

G70209234

Federación galega de transporte de viaxeiros (Fegatravi)

14.444,71 €

G32400293

Federación galega de asociacións empresariais e profesionais de transporte (Fegatrans)

152.804,68 €

G36627719

Asociación de empresarios de transportes discrecionais de mercancías de Pontevedra (Asetranspo)

80.816,47 €

G32345670

Federación empresarial de transporte de mercancías por estrada de Galicia (Fetram)

18.963,06 €

G15248859

Asociación coruñesa de transportes discrecionais e especiais (Acotrades)

46.510,15 €

G70037544

Asociación empresarial de aluguer de vehículos con e sen condutor de Galicia (Galeval)

2.816,00 €

G70231121

Asociación de Transporte Urbano Colectivo de Galicia (Urbanos)

10.453,00 €

Total

452.456,44 €