DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2024 Páx. 2046

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galicia Calidade, S.A.U.

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo.

Anuncio polo que se nomea persoal laboral fixo da sociedade Galicia Calidade, S.A.U. as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, Galicia Calidade, S.A.U. (Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro).

Mediante a Resolución do 28 de setembro de 2023, da presidenta do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, Galicia Calidade, S.A.U., publícase o acordo do devandito tribunal polo que se propoñen as persoas que superaron o proceso selectivo, así como o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Á vista da anterior resolución, polo Acordo do Consello de Administración de Galicia Calidade, S.A.U., do 11 de decembro de 2023, noméase como persoal laboral fixo da sociedade Galicia Calidade, S.A.U., nas prazas e categorías ofertadas, as persoas que se relacionan a seguir:

I. Praza convocada:

Categoría

Prazas

Titulación

Licenciado/a ou equivalente

1

Licenciado/a en dereito ou equivalente

Nome

DNI

Varela Rodríguez, Marta

***3254**

II. Praza convocada:

Categoría

Prazas

Titulación

Licenciado/a ou equivalente

1

Licenciado/a en ciencias da

comunicación ou equivalente

Nome

DNI

Fernández González, Iván

***3821**

III. Praza convocada:

Categoría

Prazas

Titulación

Licenciado/a ou equivalente

1

Licenciado/a en económicas ou equivalente

Nome

DNI

Alcalde García, Beatriz

***1078**

O acordo do Consello de Administración publicarase no portal web corporativo da sociedade Galicia Calidade, S.A.U. www.galiciacalidade.gal

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Ana Méndez Gil
Directora xerente de Galicia Calidade, S.A.U.