DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2166

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvencións para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR351A).

Mediante a Orde do 11 de xullo de 2023 establécense as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2023 (código de procedemento MR351A) (DOG núm. 141, do 26 de xullo).

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrución publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A devandita publicación producirá os efectos da notificación e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.

A Comisión avaliou as solicitudes e elaborou unha relación de solicitudes coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 26 destas bases.

O Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario ditou proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas e elevou a proposta de resolución á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, que resolverá a concesión das subvencións por delegación da persoa titular da consellería.

Por outra banca, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 dexuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocadas para o ano 2023 (código de procedemento MR351A), aos solicitantes que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 26 da convocatoria, polas contías que se reflicten no anexo e con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.772.0, código de proxecto 2021 00157.

Esta axuda ten por finalidade:

i. Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

ii. Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

iii. Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II por non acadar a puntuación mínima de 5 puntos necesaria para a concesión da subvención (tal e como se establece no artigo 26 da orde), por non cumprir os requisitos exixidos (como se indica no artigo 4) ou como resultado da aplicación do réxime de concorrencia competitiva establecido no artigo 26.3 da orde ao determinarse o punto de corte en 5 puntos. No caso de empate en puntos, priorizaranse as situacións indicadas no artigo 26.3 da orde de convocatoria. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección.

Terceiro. Informar as beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son con carácter xeral as establecidas na Orde desta consellería do 11 de xullo de 2023 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluídas coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

c) O prazo de xustificación e solicitude de pagamento destas axudas é ata o 30 de setembro de 2024, inclusive.

d) O prazo para solicitar un anticipo será dun mes desde a notificación de concesión da axuda. Para os anticipos concedidos, as persoas beneficiarias deberán comunicar unha declaración dos gastos que xustifique o uso dos anticipos.

e) O período durante o cal deben destinar os bens ao fin concreto é de 5 anos desde o pagamento da axuda.

f) Para realizar o pagamento da subvención, o/a beneficiario/a deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 11 de xullo de 2023 e presentar a documentación indicada no seu artigo 29, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente.

g) Se o/a beneficiario/a da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, cumprindo cos requisitos da resolución de concesión, aboarase a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido no artigo 17 da Orde do 11 de xullo de 2023, relativo a incumprimentos.

h) As obrigas das empresas e das persoas traballadoras autónomas beneficiarias están relacionadas no artigo 18 da orde.

i) Conforme o disposto no artigo 5 da orde, o/a beneficiario/a da axuda deberá manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

j) Estas axudas proceden do seguinte fondo/programa operativo: instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do PDR 2014_2020, do seguinte xeito:

Plan: Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Encaixe estrutural no plan:

Eixe: submedida 4.18. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

Prioridade/prioridade de investimento:

Esta submedida contribúe directamente ás áreas focais:

2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa restruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola).

5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura).

k) Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/ou gastos, con excepción das axudas correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención non reembolsable, aplicaranse os límites seguintes:

a) A suma do importe da subvención non reembolsable máis o importe do equivalente de subvención bruta (ESB) do préstamo, calculado conforme o Regulamento (UE) 964/2014, non poderá superar as porcentaxes de axuda do investimento subvencionable indicadas no anexo II do Regulamento (UE) 1305/2013.

b) A suma do importe do préstamo garantido máis o importe da subvención non reembolsable non poderá superar o importe total do investimento subvencionable.

c) Non se poderá utilizar a subvención para reembolsar o importe do préstamo obtido e o importe do préstamo non se poderá destinar a prefinanciar unha subvención.

No caso de que se superen os límites indicados nas epígrafes a) e/ou b), reducirase a subvención non reembolsable concedida na contía necesaria para manter os requisitos de compatibilidade citados.

l) O beneficiario deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 19 da orde de convocatoria e no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014.

Cuarto. Os solicitantes relacionados nos anexos I e II disporán de información máis detallada da axuda aprobada ou denegada na súa Carpeta cidadá.

Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Aprobacións

Orde

Código de expediente

Beneficiaria

NIF

Puntuación de criterios de prioridade

Subvención concedida

Importe

1

152023000014

Coop. Lácteas Unidas Coop. Galega

F70509096

11

300.000,00 €

2

272023000006

Aira, S. Coop. Galega

F27317593

11

300.000,00 €

3

152023000024

Aranxes, S. Coop. Galega

F15799273

10

230.014,80 €

4

362023000004

Cobideza, Sdad. Coop.

F36211019

10

229.410,00 €

5

362023000002

Coop. O Rodo

F36100782

9

240.000,00 €

6

152023000017

Cusoviame, S.C.G.

F15025810

9

214.050,71 €

7

152023000027

Os de Rois, Sociedade Cooperativa Galega

F70373634

9

207.793,60 €

8

362023000006

Maquideza, Sdade. Coop. Galega

F36398923

9

194.920,00 €

9

272023000003

Coparma, S. Coop. Galega

F27261379

9

110.376,86 €

10

362023000001

Scdade. Cooperativa Gandeiros do Deza

F36393775

9

104.712,00 €

11

362023000007

Campodeza, S. Coop. Ltda.

F36047058

9

56.622,00 €

12

152023000023

Cuma de Xallas e Barcala, S. Coop. Galega

F15844194

8

234.692,80 €

13

152023000026

Central de Frades, Sociedade Coop. Galega

F15018534

8

126.492,00 €

14

272023000004

Leira, S. Coop. Galega

F27339043

8

94.350,41 €

15

152023000001

Brandelos, Sociedade Cooperativa Galega

F15882731

8

59.519,20 €

16

152023000025

Granxamor Integración, S. Coop. Galega

F70591490

7

126.000,00 €

17

152023000022

Cuma Virxe do Pilar, S.C.G.

F70050828

7

114.400,00 €

18

152023000011

Foucellas, Sdade. Coop. Galega

F15847676

7

114.150,25 €

19

152023000015

Cumadeira, Soc. Coop. Galega

F15877970

7

109.800,00 €

20

152023000019

Cuma Xamazas, Sociedade Cooperativa Galega

F70320684

7

100.400,00 €

21

152023000013

Santa María de Alón, Soc. Coop. Galega

F15877988

7

94.500,00 €

22

152023000012

Río Mera, Sociedade Coop. Galega

F15949001

7

74.200,00 €

23

152023000009

Orceto S, Coop. Galega

F70511894

7

23.970,80 €

24

362023000003

Sixto, Sociedade Coop. Galega

F36421659

7

13.200,00 €

25

152023000002

Portaferreiros, Sociedade Coop. Galega

F70040282

7

11.532,00 €

26

362023000008

Novos Gandeiros, S. Coop. Galega

F94185360

6

196.820,00 €

27

152023000018

Cuma Oxival, S.C. Galega

F70363619

6

104.712,00 €

28

272023000001

Friolfe, S. Coop. Galega

F27298504

6

102.160,00 €

29

152023000008

Xallas-Santa Comba, Soc. Coop. Galega

F15020290

6

95.900,00 €

30

152023000020

Coop. Agraria Prov. de La Coruña, S. Coop. Galega

F15000177

6

92.400,00 €

31

272023000002

Penadrada, S. Coop. Galega

F01938257

6

80.445,60 €

32

152023000007

Vitoba, Sdad. Coop. Galega

F70012372

6

60.500,58 €

33

362023000005

Pena de Francia, S. Coop. Galega

F94004140

6

27.596,00 €

34

152023000010

Agroeume, S. Coop. Galega

F15891138

6

15.054,00 €

35

272023000005

Cuma do Asma, S. Coop. Galega

F27291772

6

11.800,00 €

36

152023000021

Granxa A Costa, S.C.G

F70039854

5

63.000,00 €

ANEXO II

Denegacións

Orde

Código de expediente

Beneficiaria

NIF

Motivo de denegación: non cumprimento

1

152023000003

Santaiatordoia, S. Coop. Galega

F15878804

Incumpre o artigo 4.1: requisitos para todas as entidades beneficiarias da axuda

2

152023000005

Tordoia, Soc. Coop. Galega

F70015243

Incumple o artigo 7.2: investimentos subvencionables

3

152023000004

Ganadería Santa Cristina, S.C.

J15989270

Incumpre o artigo 3: beneficiarios

4

152023000006

Ganadería do Campo SAT N 975 Xuga

V15656382

Incumpre o artigo 3: beneficiarios

5

152023000016

SAT Os Agros

V70201397

Incumpre o artigo 3: beneficiarios