DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2024 Páx. 2355

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral fixo correspondentes ás ofertas de emprego público 2022 e 2023.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 407/2022, do 24 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2022, e no Real decreto 625/2023, do 11 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2023, realiza convocatoria para cubrir as seguintes prazas de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 praza de técnico-técnica de medio ambiente GII BII N8.

– 2 prazas de técnico-técnica de infraestruturas GII BII N6.

– 9 prazas de policía portuaria GIII BII N2.

– 1 praza de administrativo-administrativa GIII BII N4.

– 1 praza de técnico-técnica de recursos humanos e organización GII BII N8.

As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web do O. P. Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), para a presentación de solicitudes.

Vigo, 19 de decembro de 2023

Carlos Botana Lagarón
Presidente