Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e tentada a notificación dos actos administrativos no último enderezo coñecido das persoas interesadas que se citan no anexo sen que se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, mediante este anuncio emprázanse as referidas persoas interesadas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación. Advírtese que, de non facelo así, se terán por notificadas no vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non atender ao requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, de desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.
Vigo, 5 de decembro de 2023
María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Procedemento BS650G
|
Núm. expediente |
Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto do requirimento |
|
36/00217-X/23 |
54468143A |
Requirimento de documentación |
17.4.2023 |
|
36/00767-X/23 |
X2775222L |
Requirimento de documentación |
2.10.2023 |
|
36/00512-X/23 |
39456172V |
Requirimento de documentación |
24.7.2023 |
|
36/00439-X/23 |
33742209J |
Requirimento de documentación |
19.6.2023 |
