De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: fábrica de produción de pensos no P.I. |
Procedemento: revisión da autorización |
|
Titular: De Heus Nutrición Animal, S.A. |
Nº rexistro: 2006/0275_NAA/IPPC_031 |
|
Localización: concello do Porriño (Pontevedra) |
Expediente: 2020-IPPC-M-29 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
