DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras do proceso selectivo de funcionarios de carreira.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 1784/2023, do 27.12.2023, aprobouse a convocatoria de proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal funcionario de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Ordes do ano 2023, incluída na oferta de emprego público do ano 2021, seguinte:

• Grupo, segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 2. Para cubrir mediante promoción interna.

O sistema de selección do aspirante será o de concurso-oposición, reserva para promoción interna.

As bases que regulan a convocatoria deste proceso selectivo publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia núm. 3, do 3 de xaneiro de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio non Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ordes e na web municipal.

Ordes, 8 de xaneiro de 2024

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente