DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2024 Páx. 2844

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2023.

Pola Resolución da Alcaldía do 19.12.2023 aprobouse a oferta de emprego público para 2023 do Concello de Chantada, de acordo coa normativa para o efecto.

Segundo o disposto no artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase a oferta de emprego público do ano 2023 seguinte:

Funcionarios de carreira:

Grupo

Nivel

Núm. vacantes

Denominación

Sistema de acceso

C2

18

1

Auxiliar administrativo 

Promoción interna

C1

20

1

Oficial policía

Promoción interna

C1

21

1

Administrativo

Promoción interna

A1

26

1

Arquitecto

Libre

Chantada, 20 de decembro de 2023

Manuel L. Varela Rodríguez
Alcalde