De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante o presente anuncio ás persoas interesadas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta notificación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo desta notificación está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta documento.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
|
Proxecto |
Persoas que se notifican |
Data do acto que se notifica |
Nº de expediente |
Predio |
|
01295-Obras de recuperación do bordo litoral das praias de Valcovo. Termo municipal de Arteixo |
Ricardo Ángel García Castro |
29.6.2023 |
2023000245 |
50 |
|
Dolores Bernardina García Castro |
29.6.2023 |
2023000245 |
50 |
|
|
María Jesús García Castro |
29.6.2023 |
2023000245 |
50 |
|
|
01770-Vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Treito A-52-N-525. Clave: OU/08/053.01.1. Termos municipais de San Cibrao das Viñas e Taboadela |
José Francisco Lorenzo González e outra |
26.10.2023 |
2023000426 |
251 |
|
01928-1ª fase do parque Paseo-Preguiza. Termo municipal de Verín |
María Silvia Pérez Barja |
28.9.2023 |
2023000301 |
1 |
|
02189-Modificado número 1 da VAC TUI (incluído enlace autovía a Portugal)-A Guarda. Treito: Tui (enlace A55)-enlace PO-350. Clave PO/03/009.01.1.M1. Termo municipal de Tui |
José Manuel Iglesias Rendón e María Begoña Gómez Solleiro |
23.11.2023 |
2023000437 |
1386, 1386-BIS, 1386-BIS2 |
|
02254-Proxecto básico de execución de ampliación de vía no lugar de Suevos. Termo municipal de Arteixo |
José Antonio Gestal Sánchez |
28.9.2023 |
2023000305 |
2 |
|
Olga Gestal Sánchez |
28.9.2023 |
2023000305 |
2 |
|
|
María del Mar Gestal Sánchez |
28.9.2023 |
2023000305 |
2 |
|
|
02259-Execución proxecto de construción do acondicionamento da LU-710, p.q. 0+000-4+500. Clave LU/17/103/10. Termo municipal de Baralla |
Elena Villares Pérez e outros |
28.9.2023 |
2023000331 |
74 |
|
02263-LAT 66 kV evacuación parque eólico. Paxareiras. Termo municipal de Dumbría (expediente IN408A 2020/179) |
Jesús Lema Santabaya |
26.10.2023 |
2023000347 |
10 |
|
Esperanza Lema Río |
26.10.2023 |
2023000350 |
14 |
|
|
Antonia Priegue Priegue |
26.10.2023 |
2023000352 |
26 |
|
|
Indalecio Casais Quintáns |
26.10.2023 |
2023000368 |
109 |
|
|
José Trillo Antelo |
26.10.2023 |
2023000370 |
115 |
|
|
Marina Fernández Suárez |
26.10.2023 |
2023000371 |
116 |
|
|
Juan Fernández Suárez |
26.10.2023 |
2023000383 |
131 |
|
|
02266-Ampliación de camiño desde a rúa Torrente Ballester ata a rúa República Arxentina. Termo municipal de Arteixo |
Virginia Mariño Fontenla |
26.10.2023 |
2023000400 |
6 |
