DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2024 Páx. 3563

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, mediante o sistema de oposición, pola quenda libre, dunha praza de persoal funcionario/a de carreira, técnico da Administración xeral.

Mediante o Decreto 2704/2023, do 12 de decembro, do concelleiro delegado da Área de Xestión Económica, Planificación Urbana, Servizos á Veciñanza e Recursos Humanos, convocouse o proceso selectivo para a cobertura da seguinte praza vacante no cadro de persoal do Concello das Pontes: unha (1) praza de técnico/a da Administración xeral, da escala da Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1. A través do citado decreto, tamén se aprobaron as bases da convocatoria.

As bases da convocatoria publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 238, do 15.12.2023.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse de acordo co previsto nas bases da convocatoria.

As Pontes de García Rodríguez, 19 de decembro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 1529/2023, do 5 de xullo;
BOP núm. 133, do 13 de xullo)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Xestión Económica,
Planificación Urbana, Servizos á Veciñanza e Recursos Humanos