DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2024 Páx. 3794

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal.

Prazas: (2) técnicos/as superiores de proxecto (referencias SINFONIA-23-TSP1; SINFONIA-23-TSP2).

Proxecto que se vai desenvolver: Radiation risk appraisal for detrimental effects from medical exposure during management of patients with lymphoma or brain tumour (SINFONIA), financiado pola Comisión Europea.

O prazo de presentación de solicitudes para estes postos será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Modalidade contractual: contratos temporais de duración determinada, a xornada completa, para execución de proxecto financiado con fondos europeos, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021.

As bases do proceso selectivo para estas prazas están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia