DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4087

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 115, do 18 de xuño), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 29 de novembro de 2023 (DOG núm. 232, do 7 de decembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e as demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos segundo o disposto na base V.8 os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

Nº orde de elección

DNI

Apelidos e nome

Posto
elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

1

***5528**

Fraga Martínez, María del Rosario

2

FCC030000315770010

Técnico/a de auditoría

FC

Oficina Galega de Auditoría e Control.
División de Auditoría Pública e Control Financeiro

Intervención Xeral da
Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1-A2

25

2

***8232**

Peitieiros García, Antía

3

FCC040000015770003

Técnico/a financeiro/a

FC

D.X. de Planificación e Orzamentos

Dirección Xeral de Planificación
e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1-A2

25

3

***9004**

Conde Delgado, Leticia

1

FCA291000032001136

Subxefatura da Unidade de Inspección

FC

Delegación de Ourense

Axencia Tributaria de Galicia
(servizos periféricos)

Ourense

A1-A2

25