DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4094

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de fisioterapia, convocado pola Resolución do 22 decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición, eliminatorio e obrigatorio.

En sesión que tivo lugar o 10 de xaneiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de fisioterapia (DOG núm. 230, do 4 de decembro),

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, anunciar que o primeiro exercicio da fase de oposición, eliminatorio e obrigatorio, terá lugar o día 28 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas do NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade; así como de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

María Conde Abalo
Presidenta do tribunal