DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4025

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2023 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2024

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2023

Convenio

Importe (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)-Fórum Metropolitano para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023

13.796,00

5.9.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello da Estrada para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023

2.396,26

11.9.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello de Pontevedra para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023

12.660,75

13.9.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello de Burela para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023

3.051,12

15.9.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023

12.752,30

19.9.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello de Ferrol para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023

7.243,61

20.9.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais e a entidade Concello de Tomiño para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2023

4.846,00

20.10.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Carlos Velo para o desenvolvemento da XXVIII edición do Festival Internacional de cine de Ourense-OUFF en 2023

60.000

23.10.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Empresas Musicais-AGEM para o desenvolvemento de accións de promoción e de análise da industria musical en 2023

34.000

2.11.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Culturgal para o desenvolvemento da décimo sexta edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia-Culturgal 2023

85.000

27.11.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para o desenvolvemento de concertos dentro da programación da Feira Internacional Womex 2023 encomendados polo Concello da Coruña

80.000

29.11.2023

Convenio de colaboración entre a sucursal en España da Fundación Japón e a Axencia Galega das Industrias Culturais, a través da Filmoteca de Galicia

Sen achega económica

26.12.2023