DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4163

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco)

ANUNCIO polo que se nomean persoal laboral fixo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías do grupo III, asistente de dirección e técnico de mantemento, convocado polo Acordo do 23 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

Mediante dúas resolucións do 19 de setembro de 2023, da presidencia dos tribunais cualificadores dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, propóñense as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas categorías do grupo III, asistente de dirección e técnico de mantemento da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco).

Vistas as anteditas resolucións, por Acordo do Padroado da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco), do 12 de decembro de 2023, noméase persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco), nas categorías indicadas, as persoas que se relacionan a seguir:

– Pilar López Cordal, con DNI ***5710**, na categoría grupo III asistente de dirección.

– Raúl Rey Figueira, con DNI ***8900**, na categoría grupo III técnico de mantemento.

O acordo do Padroado publicarase no portal web corporativo da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco), www.expocoruna.com.

A Coruña, 26 de decembro de 2023

Andrés Fernández Calderón
Director xerente da Fundación Pública Galega
Instituto Feiral da Coruña (Ifeco)