DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4158

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO de aprobación de oferta de emprego público 2023.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello 2023-0800, do 18 de decembro de 2023, aprobouse a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2023, co seguinte contido:

«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público de 2023 coa inclusión das seguintes prazas:

– Prazas de acceso libre:

Persoal laboral fixo:

1. Denominación da praza: peón de servizos.

Grupo/categoría: 10/peón.

Sistema de selección: concurso-oposición libre.

Prazas: 1.

Xornada: completa.

2. Denominación da praza: auxiliar administrativa con servizo de secretaría do Xulgado de Paz.

Grupo/categoría: 5/auxiliar.

Sistema de selección: concurso-oposición libre.

Prazas: 1.

Xornada: completa.

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios do Concello de Padrenda, así como na súa sede electrónica https://padrenda.sedelectronica.es/info.0 e no Diario Oficial de Galicia unha vez que se publicase no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos desde a data de publicación».

Este edicto está publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 291, do 21 de decembro de 2023.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para o exercicio 2023 do Concello de Padrenda, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía do Concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis convinte ao seu dereito.

Padrenda, 26 de decembro de 2023

Manuel Pérez Pereira
Alcalde