DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2024 Páx. 4068

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2024 pola que se convocan cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e o Consello Consultivo de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos do persoal participante

1. Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia, que se encontren en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

3. Ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 29 de xaneiro inclusive.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ou ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35 e 981 54 62 54 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@ xunta.gal>.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo e DOG núm. 148, do 4 de agosto).

2. Terá preferencia o persoal habilitado nacional e funcionario da Administración local dos subgrupos A1 e A2, que teña responsabilidades en materia de tramitación e instrución relacionados coas materias dos cursos.

3. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e o seguimento das actividades de teleformación

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

3. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá en primeiro lugar, realizar todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar na proba de avaliación final. En segundo lugar, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará en liña ao final dela.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP e do Consello Consultivo de Galicia

1. A EGAP e o Consello Consultivo de Galicia poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos/as a algunha actividade sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e o Consello Consultivo de Galicia resérvanse o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e o Consello Consultivo de Galicia garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO

Código

Denominación

Persoal destinatario

Prazas

Horas

Modalidade

Data de inicio

Data de remate

Data e hora do exame final
(en liña)

Área de formación: Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

CV24001

A función consultiva do Consello Consultivo de Galicia

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico, e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). Preferentemente, habilitados nacionais e funcionarios da Administración local galega, dos grupos A1 e A2, que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes

50

30

Teleformación

19.2.2024

19.3.2024

22.3.2024 16.30 h

17.9.2024

16.10.2024

21.10.2024 16.30 h

CV24002

A intervención do Consello Consultivo de Galicia na contratación pública

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico, e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). Preferentemente, habilitados nacionais e funcionarios da Administración local galega, técnicos da Administración xeral galega, dos grupos A1 e A2

50

30

Teleformación

17.4.2024

20.5.2024

23.5.2024 16.30 h

10.9.2024

10.10.2024

15.10.2024 16.30 h

CV24003

A responsabilidade patrimonial por razóns de carácter urbanístico. Os supostos indemnizatorios

Habilitados nacionais e funcionarios da Administración local galega, dos grupos A1 e A2, que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes. Persoal técnico (arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros) que preste servizos en departamentos de Urbanismo, Obras Públicas, Infraestruturas

50

24

Teleformación

20.2.2024

14.03.2024

20.3.2024 16.30 h

23.9.2024

17.10.2024

21.10.2024 17.30 h

CV24004

A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico. Preferentemente, habilitados nacionais e funcionarios da Administración local galega, dos grupos A1 e A2, que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes. Tamén pode ser de interese para o persoal técnico (arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros) que preste servizos en departamentos de Urbanismo

50

24

Teleformación

29.4.2024

23.5.2024

28.5.2024 16.30 h

21.10.2024

15.11.2024

20.11.2024 16.30 h

CV24005

Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico. Preferentemente, habilitados nacionais e funcionarios da Administración local galega, dos grupos A1 e A2, que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes

50

30

Teleformación

2.4.2024

2.5.2024

7.5.2024
16.30 h

30.9.2024

30.10.2024

4.11.2024 16.30 h

CV24006

Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico. Preferentemente, habilitados nacionais e funcionarios da Administración local dos grupos A1 e A2 que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes

50

21

Teleformación

26.2.2024

18.3.2024

21.3.2024 16.30 h

14.10.2024

5.11.2024

8.11.2024 16.30 h

CV24007

O procedemento de responsabilidade patrimonial: irregularidades, defectos e cuestións prácticas

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico, e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). Preferentemente, técnicos dos grupos A1 e A2, e habilitados nacionais, que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes

50

24

Teleformación

31.5.2024

24.6.2024

27.6.2024 16.30 h

28.10.2024

21.11.2024

25.11.2024 16.30 h

CV24008

Os recursos administrativos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico, e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). Preferentemente, habilitados nacionais e funcionarios da Administración local galega, dos grupos A1 e A2, que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución deste tipo de expedientes

50

21

Teleformación

6.5.2024

28.5.2024

31.5.2024 16.30 h

6.11.2024

28.11.2024

3.12.2024 17.30 h