DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4565

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría do grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 246, do venres 29 de decembro de 2023, páxina 71923, onde di:

«Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse cunha puntuación máxima de 4 puntos».

Debe dicir:

«Os cursos de prevención de riscos, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse cunha puntuación máxima de 4 puntos».