DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4578

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2024 pola que se convocan probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, prazas de persoal de administración e servizos funcionario e laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

A Lei 20/2021, de 28 de decembro, introduciu unha serie de medidas urxentes coa finalidade de reducir a temporalidade no emprego público, co obxectivo de reforzar o carácter temporal da figura do persoal interino, aclarar os procedementos de acceso á condición de persoal interino, obxectivar as causas de cesamento deste persoal e implementar un réxime de responsabilidades disuasorio de futuros incumprimentos. A raíz da referida lei, a Universidade de Santiago de Compostela convocou o correspondente procedemento selectivo para a cobertura das prazas de persoal de administración e servizos funcionario e laboral no marco de estabilización extraordinaria.

Afondando na redución da temporalidade no emprego público, o Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño, polo que se adoptan e se prorrogan determinadas medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína, de apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade; de transposición de directivas da Unión Europea en materia de modificacións estruturais de sociedades mercantís e conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores; e de execución e cumprimento do dereito da Unión Europea, establece no seu artigo 217 o seguinte:

«Garantía do dereito de acceso aos procesos derivados da disposición adicional oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas para reducir a temporalidade no emprego público. Autorízase unha taxa adicional ás administracións públicas para que convoquen procesos selectivos conforme a disposición adicional oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas para reducir a temporalidade no emprego público, coa finalidade de garantir en todo o territorio o dereito de acceso aos procesos de estabilización en condicións de igualdade. O número de prazas da taxa adicional será o equivalente a aquelas de natureza estrutural ocupadas de forma temporal en 30 de decembro de 2021 por persoal cunha relación desa natureza anterior a 1 de xaneiro de 2016 que non supere o proceso de estabilización convocado cun sistema selectivo distinto ao previsto na disposición adicional oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro. As ofertas de emprego público deberán estar aprobadas antes do 31 de decembro de 2023 e as convocatorias, resoltas antes do 31 de decembro de 2024, axustándose aos principios de igualdade, mérito, capacidade e libre concurrencia».

Con base no anterior, o reitor, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, así como nos estatutos desta universidade, e en execución do previsto no anexo I: oferta complementaria de estabilización extraordinaria de PAS 2023 da Resolución do 11 de decembro de 2023 (DOG do 18 de decembro), pola que se publica a oferta de emprego público complementaria de estabilización extraordinaria do persoal de administración e servizos para o ano 2023, resolve convocar probas selectivas para cubrir as prazas que se relacionan no anexo II, vacantes no seu cadro de persoal de administración e servizos, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

Todos os actos de relación entre as/os aspirantes e a USC derivados desta convocatoria realizaranse exclusivamente por medios electrónicos, ao abeiro do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal fixo as prazas vacantes que figuran no anexo I: oferta complementaria de estabilización extraordinaria de PAS 2023 da Resolución do 11 de decembro de 2023 e que se relacionan no anexo II da presente convocatoria.

1.2. O sistema de selección será o de concurso.

1.3. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo, efectuarase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I.

1.4. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, o Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social; Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, os Estatutos da USC, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia; o Convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), o Regulamento de selección de persoal funcionario de administración e servizos, aprobado no Consello de Goberno da USC do 30 de outubro de 2020, e as bases desta convocatoria.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para ser admitidas na realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes, e mantelos ata o momento de formalización do contrato, os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún Estado membro da Unión Europea ou país estranxeiro, nos termos previstos no artigo 52 da Lei de emprego público de Galicia.

b) Ter feitos os 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación que se recolle no anexo II para cada unha das prazas convocadas. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título.

d) Estar en posesión dos requisitos específicos que, de ser o caso, se indican no anexo II de prazas convocadas.

e) Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por tráfico de seres humanos.

f) Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para o desempeño. Para estes efectos, a persoa aspirante declara ao facer a solicitude de participación no proceso selectivo que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que se pretende incorporar.

g) Non estar separado/a do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública, ou non estar sancionado/a, de acordo coa normativa correspondente, coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas.

h) Aboar as taxas, agás o previsto no número 3.8 desta convocatoria para as persoas con discapacidade, para os membros de familias numerosas e para demandantes de emprego.

3. Solicitudes.

3.1. O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

3.2. As persoas que desexen participar nestas probas selectivas deberán formalizar a súa solicitude, así como aboar a taxa correspondente, unicamente por medios electrónicos. Para iso empregarase exclusivamente o formulario electrónico que figura no Catálogo de procedementos da sede electrónica da USC, segundo as prazas ás que se desexe concorrer:

Prazas de persoal funcionario:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalFuncionario.htm

Prazas de persoal laboral:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalLaboral.htm

No momento de formalizar a súa solicitude as persoas aspirantes deberán xuntar a documentación que proceda segundo as bases da convocatoria.

3.3. Para a presentación de solicitudes, as/os aspirantes deben posuír un destes medios de identificación electrónica válidos:

– No caso de persoal da USC: credenciais corporativas.

– No caso de persoal alleo á USC: certificados persoais clase 2CA, certificados incluídos no DNI electrónico ou claves concertadas do sistema Cl@ve.

3.4. A solicitude presentarase xunto coa seguinte documentación:

– Certificado de coñecemento de lingua galega que corresponda segundo o recollido no anexo II da presente convocatoria. As persoas aspirantes que non o acheguen xunto coa súa solicitude e que sexan propostas para a súa contratación ou nomeamento, disporán dun prazo de dous anos desde a contratación ou nomeamento para acreditalo. Transcorrido o dito prazo, a Universidade convocará aquelas persoas que non achegasen a dita acreditación a unha proba específica de coñecemento da lingua galega.

As/os aspirantes que teñan ou tivesen expediente administrativo como PAS na USC estarán exentas/os de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa probados para obter a súa anterior contratación ou nomeamento, e deberán presentar unicamente a documentación requirida para este procedemento que non estea debidamente acreditada no seu expediente persoal.

As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

– Documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo.

– Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

– As persoas aspirantes que estean exentas de realizar a proba previa de acreditación do coñecemento do castelán xuntarán para tal efecto os diplomas de español como lingua estranxeira de nivel B2, C1 ou C2 ou equivalente. De non achegar esta certificación, non poderán ser declaradas exentas e deberán realizar a proba a que se refire a base 6.2.

3.5. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran será achegada coa solicitude e non serán valorados méritos que non estean suficientemente acreditados documentalmente nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

a) Certificado acreditativo dos servizos prestados, en que conste a categoría e os períodos en que se prestaron, expedido pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

b) Diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

O certificado acreditativo dos aspectos indicados nas alíneas a) e b) anteriores (certificaranse os cursos que constan no expediente persoal) expedirase e engadirase de oficio á solicitude das persoas aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC.

3.6. Os méritos valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

3.7. En calquera momento, a Universidade poderá requirir das persoas aspirantes os orixinais ou copias auténticas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.8. As taxas recóllense no anexo II, prazas ofertadas, da presente convocatoria. Para realizar o seu ingreso, empregarase un dos seguintes medios accesibles desde o formulario de inscrición:

• Aboamento con tarxeta bancaria a través da pasarela de pagamento do formulario.

• Aboamento presencial nunha oficina de Abanca presentando a folla de liquidación, que se deberá imprimir unha vez realizada a inscrición no proceso selectivo, non será precisa comunicación posterior do pagamento por parte da persoa interesada.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

• As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

• As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe da taxa:

• As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

• As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses inmediatamente anteriores á data de publicación da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo a seguinte documentación:

• Persoas con discapacidade: certificado do grao discapacidade.

• Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

• Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante, na data de presentación de solicitudes, figura como demandante de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria.

2º. Certificación expedida polo Servizo Público de Emprego en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen as taxas dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento.

Unicamente procederá a devolución das taxas ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o seu número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución das taxas.

3.9. No formulario de solicitude as/os aspirantes deberán asinar a declaración responsable que figura no documento pola cal manifestan estar en posesión dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e comprométense a achegar a documentación que nela se indica.

3.10. Este procedemento desenvolverase de forma electrónica, polo que, se a persoa aspirante desexa recibir avisos das notificacións que a USC poña á súa disposición, é imprescindible que indique un teléfono e enderezo electrónico válidos. As notificacións realizaranse por comparecencia en sede electrónica, á cal se accederá cos medios de identificación indicados na base 3.3.

4. Admisión de persoas aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor ditará resolución en que declare aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar onde está exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as causas que motivasen a exclusión e o prazo para emendalas.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión.

Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas nas seguintes ligazóns:

Persoal funcionario:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Persoal laboral:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

O/a aspirante deberá empregar os medios de identificación e sinatura que se indican no número 3.3 desta convocatoria.

4.3. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, serán definitivamente excluídas da realización das probas mediante unha resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Esta resolución esgotará a vía administrativa e poderase interpor contra ela recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición ante o reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4.4. O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión de todos os requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 7.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas terá a categoría primeira de conformidade cos grupos de clasificación para asistencias establecidos no Regulamento de indemnizacións por razón de servizo, aprobado no Consello de Goberno do 29 de decembro de 2020, e será nomeado mediante resolución reitoral que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

5.2. O procedemento de actuación axustarase en todo momento ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5.3. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC.

5.4. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, e notificaránllo ao reitor da Universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizaron tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a solicitará dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.5. Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que teñan perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.4.

5.6. Logo da convocatoria da Presidencia, constituirase o tribunal coa presenza de todos os seus membros, tal e como prescribe o Regulamento de selección da USC no seu artigo 6. Os titulares que non asistan serán substituídos polos suplentes. Nesa sesión acordaranse todas as decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.7. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a asistencia presencial ou a distancia do presidente/a e secretario/a e da metade polo menos dos seus membros.

5.8. O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas naqueles casos en que se deban valorar coñecementos ou méritos que, pola súa singularidade, requiran dunha valoración específica. Estes asesores emitirán un informe sobre a adecuación dos méritos das persoas aspirantes ás prazas obxecto de convocatoria. Os ditos asesores deberán posuír titulación de igual ou superior nivel cá exixida nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, ao igual que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispor a incorporación con carácter temporal doutros/as funcionarios/as para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

5.9. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de persoas aspirantes que prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

Malia o anterior, e co fin de asegurar a cobertura da/s praza/s convocada/s, de se producir a renuncia dunha persoa seleccionada antes da toma de posesión ou contratación, ou cando non acredite os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano convocante poderá requirir do tribunal de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan por puntuación a persoa proposta, para o seu posible nomeamento como funcionario/a de carreira ou contratación como persoal laboral fixo.

6. Desenvolvemento do proceso selectivo.

6.1. Para os efectos do cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declárase inhábil.

6.2. Persoas aspirantes con nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á fase de concurso, as persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

A orde de actuación das ditas persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra «V» de conformidade co establecido na Resolución do 23 de xaneiro de 2023 da Consellería de Facenda e Administración Pública.

O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto ou non apto e será necesario obter a valoración de apto para que os méritos sexan valorados na fase de concurso.

Quedan eximidas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten, conforme se indica na base 3, que están en posesión do diploma de español como lingua estranxeira nalgún dos niveis seguintes: nivel B2, C1 ou C2, ou equivalente, e as/os nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español.

6.3. As persoas aspirantes serán convocadas para esta proba en chamamento único e serán excluídas do proceso selectivo aquelas que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal.

As mulleres embarazadas que teñan unha previsión de parto coincidente coas datas de realización de calquera dos exercicios derivada do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal achegando coa comunicación o correspondente informe médico oficial.

A comunicación suporá o consentimento da interesada para permitir o acceso aos datos médicos necesarios relacionados coa situación. O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra este acordo non cabe recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan noutro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.4. O tribunal poderá requirir, en calquera momento do proceso selectivo, a acreditación da identidade das persoas admitidas. Así mesmo, se tivese coñecemento de que algunha das persoas aspirantes non cumpre algún dos requisitos exixidos por esta convocatoria, deberá proporlle a súa exclusión ao reitor da USC, logo de audiencia da persoa interesada.

Contra esta exclusión poderase interpor recurso ante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión.

7. Finalización do proceso.

Finalizada a valoración dos méritos, o tribunal cualificador fará pública, no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado, e naqueloutros lugares que coide oportunos, a relación de persoas aspirantes, coa indicación da puntuación obtida desagregada segundo as epígrafes establecidas no anexo I.

7.2. Coa publicación anterior xuntarase a proposta de relación provisional de persoas seleccionadas, segundo a orde de puntuación acadada por cada unha delas, con base no previsto no anexo I.

Os empates nas puntuacións resolveranse a favor da persoa aspirante que obteña a maior antigüidade de servizos prestados na escala ou categoría profesional obxecto da convocatoria e, de persistir, pola maior idade da persoa aspirante.

7.3. Contra esta publicación as/os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico, a través do rexistro de entrada electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm, para o que a/o aspirante debe empregar os medios de identificación e sinatura que se indicaron no número 3.3.

7.4. Rematado o prazo de reclamacións, o tribunal publicará a proposta de contratación ou nomeamento a favor da/s persoa/s aspirante/s seleccionada/s, tendo en conta o previsto no número 5.9 desta convocatoria. Esta proposta será elevada ao reitor e publicarase no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

7.5. No prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se faga pública a proposta definitiva, a/s persoa/s aspirante/s que figure/n nela deberá/n presentar na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros da USC orixinais da seguinte documentación para realizar a contratación como persoal laboral fixo ou nomeamento como persoal funcionario de carreira:

a) DNI ou documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Documento que acredite, de ser o caso, a residencia legal en España.

c) Titulación exixida na base 2.1.c).

d) Acreditación, de ser o caso, dos requisitos específicos exixidos.

e) Certificado acreditativo da lingua galega, de ser o caso, indicado na base 3.4.

f) Diploma de español como lingua estranxeira, de ser o caso, indicado na base 3.4.

g) Certificado negativo de delitos sexuais para aquelas categorías en que se exixa.

h) A acreditación do requisito exixido na base 2.1.f) farase mediante a presentación de certificado médico oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

7.6. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

7.7. Quen dentro do prazo fixado, salvo caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deduza que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2 non poderá ser contratado/a como persoal laboral fixo ou ser nomeado/a como persoal funcionario de carreira, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorra por falsidade na solicitude inicial.

7.8. As persoas seleccionadas deberán solicitar, de ser o caso, por orde de preferencia as prazas vacantes que previamente se lles oferten.

7.9. A adxudicación de destinos efectuarase de acordo coas peticións das persoas interesadas, seguindo a orde de puntuación final obtida.

7.10. O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. Coa solicitude deberá xuntarse un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

7.11. Concluído o proceso selectivo, realizarase, segundo corresponda, o nomeamento como funcionario/a de carreira ou a contratación como persoal laboral fixo das persoas aspirantes que o superasen. A toma de posesión como funcionarios/as ou a formalización da contratación efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ou do día que estableza a propia resolución, en aplicación do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

7.12. O período de proba para o persoal laboral de novo ingreso será de dous meses. Durante este período o/a traballador/a terá os dereitos e obrigas correspondentes ao posto de traballo que desempeñe, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable a quen estivese xa con anterioridade desenvolvendo as mesmas funcións na USC.

8. Norma derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

O sistema selectivo será o de concurso, que constará das seguintes epígrafes:

A puntuación máxima do proceso selectivo será de 100 puntos, coa distribución que se indica a continuación:

Experiencia: ata un máximo de 70 puntos. Valorarase unicamente a experiencia profesional dos 10 anos inmediatamente anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, do seguinte xeito:

• Servizos prestados na propia praza obxecto de convocatoria ou escala, categoría ou, de ser o caso, especialidade, na Universidade de Santiago de Compostela. A puntuación será de 0,60 puntos por mes traballado con vinculación temporal. No suposto de categorías profesionais ou prazas que fosen obxecto de modificación ou integración noutras novas, por motivos organizacionais ou derivados de sentenza xudicial firme, valorarase o tempo traballado na categoría de orixe.

• Servizos prestados noutras escalas ou categorías ou, de ser o caso, especialidade na Universidade de Santiago de Compostela: 0,20 puntos por mes traballado con vinculación temporal.

• Experiencia profesional acreditada en calquera outra Administración pública diferente da Universidade de Santiago de Compostela na propia escala ou categoría profesional ou en escala ou categoría profesional equivalente: 0,20 puntos por mes traballado con vinculación temporal.

Formación: ata un máximo de 30 puntos. Valorarase a formación relacionada coas funcións da praza ou escala ou categoría e, de ser o caso, especialidade obxecto da convocatoria, do seguinte xeito:

Cursos de formación:

• Cursos impartidos: 0,18 puntos/hora.

• Cursos de aptitude recibidos: 0,12 puntos/hora.

• Cursos de asistencia recibidos: 0,06 puntos/hora.

Coñecemento de idiomas comunitarios:

O coñecemento de cada lingua oficial da Unión Europea distinta do galego e do castelán valorarase do seguinte xeito:

• C2: 5 puntos.

• C1: 4 puntos.

• B2: 3 puntos.

• B1: 2 puntos.

• A2: 1,5 puntos.

• A1: 0,5 puntos.

Cando existan distintos niveis do mesmo curso, só se valorará o de maior nivel.

O Celga valorarase a partir do nivel superior ao exixido nesta convocatoria para o acceso á categoría ou escala correspondente.

Nos cursos en que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

A cualificación final do concurso virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes ás dúas epígrafes, na forma establecida neste anexo.

ANEXO II

Prazas de PAS funcionario

Subgrupo

Escala

Prazas OEP

Unidade

Titulación requirida

Requisitos específicos

Taxas

Nivel de galego

A2

Escala de xestión

PF000113

PF000969

Responsable de unidade. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Veterinaria

Técnico/a de xestión. Área de Xestión de Investigación

Grao, diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalente

38,02

Celga 4 ou equivalente

C2

Escala auxiliar

PF000362

PF000839

PF000549

PF000587

PF000606

PF000629

PF000634

PF000694

PF000768

PF000811

PF000887

PF000888

Responsable administrativo. Facultade de Xeografía e Historia (Dpto. de Xeografía)

Responsable administrativo. Facultade de Filoloxía (Dpto. de Filoloxía Inglesa e Alemá)

Posto base. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS)

Posto base. Área de Xestión da Investigación

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos. Facultade de Ciencias da Educación

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos. Facultade de Medicina e Odontoloxía

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos. Facultade de Química

Posto base. Xerencia

Posto base. Servizo de Xestión Académica

Posto base. Centro de Estudos Propios

Posto base. Negociado do Centro de Linguas Modernas

Posto base. Negociado CIQUS (comparte co CITIUS)

Graduado/a en educación secundaria obrigatoria

Certificado negativo de delitos sexuais

26,99

Celga 4 ou equivalente

Prazas de PAS laboral

Grupo

Categoría

Prazas OEP

Unidade

Titulación requirida

Requisitos específicos

Taxas

Nivel galego

IV.1

Especialista de oficios (xardineiro)

PL000706

Leira de prácticas

Graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulacións equivalentes

Permiso de conducir B/curso básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios

26,99

Celga 2 ou equivalente