DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2024 Páx. 4641

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de ampliación da oferta de emprego público ordinaria de 2023.

O 12 de decembro de 2023, por acordo da Xunta de Goberno local, aprobouse a ampliación da oferta pública de emprego ordinaria para o ano 2023, que consta de:

OPE ordinaria 2023: prazas de persoal laboral:

Grupo

Categoría/posto

Quenda

3.1

Técnico/a informática

Libre

2.3

Oficial 1ª oficios (electricista)

Libre

OPE ordinaria 2023: prazas de persoal funcionario:

Grupo

Categoría/posto

Quenda

A2

Técnico xestión

Libre

C1

Oficial administrativo

*Discapacidade

* De non ocuparse pola quenda de discapacidade, convocarase pola quenda ordinaria.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se xulgue máis conveniente en dereito.

Ponteareas, 12 de decembro de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Alcaldesa