DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5125

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos.

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 1, do 2 de xaneiro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 127, tribunal suplente, onde di: «Presidencia: Pablo García Freire, persoal funcionario do corpo de catedráticos de ensino secundario», debe dicir: «Presidencia: Pablo García Freire, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario».