DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 4808

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR342C).

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación e, a través do Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 123/2022, do 23 de xuño de 2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, esta Consellería asume o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego.

A disposición adicional do Real decreto 818/2021, do 28 de setembro, que regula os programas comúns das políticas activas de emprego, as comunidades autónomas poderán desenvolver programas propios adaptados a realidade do seu ámbito territorial, que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén desenvolver, neste caso, para incentivar e favorecer a contratación de persoas desempregadas, especialmente das que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

Corresponde, pois, á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para o exercicio orzamentario 2024, a xestión das subvencións e axudas públicas das políticas activas de emprego, entre as que están as medidas dirixidas por unha banda, a fomentar a creación de emprego de calidade e, por outra, a incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo, no marco da Estratexia europea para o emprego, do Programa nacional de reformas, do respectivo Plan anual de política de emprego (PAPE), e no eido da colaboración institucional e o diálogo social entre o Goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia.

As circunstancias excepcionais de crise económica resultantes da pandemia provocada polo coronavirus COVID-19 agraváronse polos importantes efectos económicos derivados da invasión de Ucraína por parte de Rusia, que está ocasionado graves consecuencias desde o punto de vista económico a nivel europeo, producíndose un gran incremento dos custos enerxéticos, xunto co encarecemento das materias primas agrícolas e minerais, o que leva a necesidade de adoptar medidas que contribuían a paliar os efectos desta crise tamén sobre o mercado do traballo na nosa comunidade autónoma. Neste sentido a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade segue apostando polo mantemento do emprego e da actividade económica das empresas, impulsando á contratación indefinida dos colectivos máis vulnerables.

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L do 15 de decembro); ao Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L190, do 28 de xuño) e ao Regulamento (UE) núm. 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L352, do 24 de decembro).

En canto ao procedemento de concesión, establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que de acordo coa finalidade e obxecto do programa non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

A presente orde tramítase ao abeiro do disposto no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expediente de gasto, na redacción dada pola Orde do 27 de novembro de 2000, modificada pola Orde do 25 de outubro de 2001, e o artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que queda a concesión das subvencións sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

Neste marco de actuación, as bases reguladoras axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en especial no relativo aos principios de transparencia, eficacia e eficiencia na xestión, no Decreto 11/2009, do 9 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu Regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xuño.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Secretaría Xeral de igualdade, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa, da Asesoría Xurídica e a Intervención Delegada, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Ámbito e réxime das axudas e disposicións comúns de procedemento

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2024 as axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.

A orde regula o Plan Galicia emprega (código de procedemento TR342C) de incentivos á contratación por conta allea e á formación dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 25.1.a), a través de dúas liñas de axudas:

1. A liña de incentivos á contratación por conta allea cuxas particularidades se recollen no capítulo II desta orde, e que inclúe catro modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

2. A liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional, cuxas particularidades se recollen no capítulo III desta orde, vai dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Artigo 2. Marco normativo

As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aprobado polo Consello da Xunta o día 18 de outubro de 2022 no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e o seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e ao disposto nesta orde.

Artigo 3. Principios de xestión

A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Artigo 4. Orzamentos

1. A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás seguintes aplicacións da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social recollidas no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aprobado polo Consello da Xunta o día 18 de outubro de 2023, por un importe total de 17.500.000 € coa seguinte repartición:

Colectivo ao que se dirixe
a axuda

Dotación de crédito

Tipo de fondo

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

A. Persoas mozas

2.000.000 €

Fondo propio

2016 00308

13.30.322C 470.3

1.000.000 €

Fondo finalista

2023 00120

13.30.322C 470.3

B. Persoas paradas de longa duración

2.000.000 €

Fondo finalista

2016 00316

13.30.322C.470.4

C. Persoas de 52 anos ou mais

D. Persoas emigrantes retornadas e estranxeiras

2.000.000 €

Fondo propio

2023 00126

13.30.322C 470.3

E. Mulleres

7.000.000 €

Fondo finalista

2016 00313

13.30.322C 470.3

F. Persoas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social

3.000.000,00 €

Fondo finalista

2016 00309

13.30.322C 470.9

Ademais, no caso de que a entidade beneficiaria sexa unha entidade sen ánimo de lucro:

Colectivo ao que se dirixe a axuda

Dotación de crédito

Tipo de fondo

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

A. Peroas mozas

B. Persoas paradas de longa duración

C. Persoas de 52 anos ou mais

D. Persoas emigrantes retornadas e estranxeiras

E. Mulleres

F. Persoas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social

500.000 €

Fondo finalista

2023 00101

13.30.322C.481.9

Os incentivos do bono formación financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria que corresponda, atendendo ao colectivo ao que pertenza a persoa que vai recibir a dita formación.

2. A presente orde tramítase ao abeiro do disposto no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expediente de gasto, na redacción dada pola Orde do 27 de novembro de 2000, modificada pola Orde do 25 de outubro de 2001, e o artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que queda a concesión das subvencións sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución e, así mesmo todos os actos ditados no expediente enténdense condicionados a que, unha vez aprobado o orzamento, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron.

3. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

4. Os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

5. Poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, de acordo co establecido no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 30.2 do seu regulamento de desenvolvemento.

6. A distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas nesta orde será, con carácter xeral, directamente proporcional ao número de persoas paradas e á evolución do paro rexistrado no período 2017-2021, e inversamente proporcional á evolución da poboación no citado período, e terá en conta o necesario equilibrio e solidariedade con aqueles territorios máis desfavorecidos; ao abeiro disto, en cada unha das provincias galegas a repartición dos anteditos importes por aplicación orzamentaria realizarase en atención ás seguintes porcentaxes: A Coruña, 33 %; Lugo, 17 %: Ourense, 17 % e Pontevedra, 33 %.

Dentro de cada provincia, os créditos sobrantes dun código de proxecto poderán ser empregados noutro, logo das modificacións orzamentarias que procedan e unha vez publicada a reasignación de créditos no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, de existir remanentes nunha xefatura territorial, unha vez atendidas todas as solicitudes que cumpran os requisitos, poderán redistribuirse nas restantes xefaturas territoriais, respectando a prelación de solicitudes.

Artigo 5. Definicións

Para os efectos de esta orde considérase:

1. Persoa desempregada: aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que, pola súa vez, careza de ocupación.

Considérase persoa inscrita aquela que figure como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia con anterioridade ou no mesmo día da contratación que se subvenciona.

Considérase persoa que carece de ocupación aquela que non estea en situación de alta no día anterior á contratación que se subvenciona, segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional. Se o día anterior á contratación que se subvenciona coincide coa data de baixa da persoa traballadora que se contrata, considerase que non carece de ocupación.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego e da vida laboral realizaraa directamente o órgano xestor das axudas.

No obstante, non se requirirá a inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia no caso de persoas que se atopen nalgún dos casos contemplados no artigo 4.1a) do Real decreto-ley 1/2023, de 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas.

2. Persoa desempregada de longa duración: aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que na data da súa contratación por conta allea estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación. Este período de doce meses non ten que ser ininterrompido.

3. Persoa con discapacidade: aquela que teña recoñecida, pola Administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %.

Segundo o artigo 4.2 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, modificado pola Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de Emprego, tamén se considera que presentan unha discapacidade de grao igual ou superior ao 33 por cento as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao total, absoluta ou grande invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubiliación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

A comprobación da condición de persoa con discapacidade ou dependencia realizaraa directamente o órgano xestor das axudas; no caso de oposición da persoa interesada ou de que a discapacidade ou a dependencia fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá presentar a documentación acreditativa da discapacidade ou da dependencia.

4. Persoa en situación ou risco de exclusión social: para os efectos desta orde, teñen esta consideración as persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou as persoas membros da súa unidade de convivencia e tamén as persoas que teñan o certificado emitido polos servizos sociais acreditativo da dita situación social, tras a verificación da ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

Equiparanse ás persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia as persoas perceptoras do ingreso mínimo vital.

5. Persoa emigrante retornada: de acordo co establecido nos artigos 53 e 54 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, terán a condición de galego retornado as persoas galegas e nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, retornen á Comunidade Autónoma galega. Para os efectos previstos nesa lei asimílanse a persoas galegas retornadas os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os fillos e fillas das persoas galegas e nacidas en Galicia con residencia no estranxeiro que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os requisitos, con carácter xeral, para adquirir a condición de persoa galega retornada son os seguintes:

a) Ser persoa galega e nacida en Galicia.

b) Acreditar ou ter relación filial, conxugal ou análoga á conxugal.

c) Estar en posesión da nacionalidade española e estar vinculado a un concello galego no padrón de residentes no exterior antes do retorno.

d) Estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para adquirir esta condición de persoa emigrante retornada non deben transcorrer máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude.

6. Persoa estranxeira: Aquela que careza de nacionalidade española e estea en pose-sión de autorización ou permiso de residencia e traballo en España.

7. Persoa trans: toda aquela persoa que se identifique cun xénero diferente ao que lle foi asignado ao nacer.

8. Persoa moza: aquela que teña menos de 30 anos. Terá a consideración de persoa moza aquela que teña menos de 30 anos, no momento do inicio da súa relación laboral.

9. Acción formativa: formación para impartir, ben con medios propios da entidade beneficiaria ou ben a través dunha entidade externa ou expertos, co obxecto de que a persoa traballadora participante adquira coñecementos e habilidades en relación ao posto de traballo a desenvolver na empresa participante no marco do programa.

10. Concello rural: aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZPD) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

11. Ocupacións con subrepresentación feminina na contratación: tomando como referencia as persoas contratadas por xénero no período 2016-2020 nos grupos ocupacionais segundo a nova Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO-11) aprobada no Real decreto 1591/2010, de 26 de novembro, téñense en conta os grupos ocupacionais que en 2020 reflicten valores de contratación inferiores o 40 % de representación feminina e segundo o cal se elabora unha lista de ocupacións con subrepresentación feminina por ocupacións.

Artigo 6. Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e coas condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de conce-sión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, no seu defecto, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril). Para o cómputo do número de persoas traballadoras da empresa teranse en conta as regras previstas na disposición adicional primeira do devandito real decreto.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, e as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en cuxa virtude poida efectuarse a inscrición no correspondente rexistro.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao establecido no artigo 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. No caso de que a entidade solicitante sexa unha institución sen ánimo de lucro, a xustificación de non estar incursas na prohibición contida no número 3.e) anterior poderá ser substituída por unha declaración responsable á que se refire o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

Artigo 7. Incompatibilidades e concorrencia

1. As axudas establecidas nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar o custo da actividade subvencionada, os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Respecto das axudas da liña de incentivos á contratación por conta allea sinaladas no artigo 1.1 establécese o seguinte réxime de incompatibilidades:

a) Son compatibles entre si cada unha das liñas de axudas sempre que a persoa traballadora pola que se solicitan os incentivos non sexa a mesma coa excepción das axudas da letra d) de «adaptación de postos de traballo» para o caso de persoas con discapacidade, caso no que será compatible coas demais axudas indicadas no dito artigo 1.1 para a mesma persoa.

b) Son incompatibles con con calquera outra axuda que, pola contratación das mesmas persoas traballadoras, poida outorgar calquera Administración pública como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

c) Os beneficios establecidos á contratación non poderán, illadamente ou en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 80 % do custo salarial de dúas anualidades correspondente ao contrato que se subvenciona, no caso das contratacións indefinidas.

d) Os incentivos establecidos para cada un dos diferentes colectivos previstos no artigo 25.1.a) son incompatibles entre si. Para o caso de que unha mesma contratación puidese dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os que están previstas estas axudas, correspóndelle elixir unha única opción á persoa solicitante no anexo de solicitude.

3. As subvencións previstas para a formación sinaladas no artigo 1.2 son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o financiamento das horas de formación procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Artigo 8. Solicitudes: forma, lugar e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Deberán cumprimentarse, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, sendo unicamente válidas as solicitudes que se presenten no modelo establecido.

As solicitudes deberán presentarse ante a Xefatura Territorial onde teña o centro de traballo a persoa contratada. No caso de que nunha única solicitude se soliciten contratos con contas de cotización en distintas provincias da comunidade autónoma, a solicitude poderá presentarse ante a Xefatura Territorial que elixa a persoa ou entidade solicitante, sempre que algunha das contas de cotización corresponda á provincia da dita xefatura territorial.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365z (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 26 de xaneiro de 2024 e rematará o 29 de setembro de 2024.

5. A presentación da solicitudes supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser persoa ou entidade beneficiaria dela.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas ou entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación.

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, só no caso que non estea inscrito no Rexistro xeral de apoderamentos de Galicia.

b) No caso de solicitar a axuda polo colectivo de persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social, documentación acreditativa da exclusión social ou discapacidade recoñecida fóra de Galicia, se fora o caso, da persoa traballadora contratada.

c) No caso de solicitar a axuda polo colectivo de persoa emigrante retornada, documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada e ademais no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vinculo con esta.

d) No caso de solicitar a axuda polo colectivo de persoa emigrante retornada, certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.

e) No caso de solicitar a axuda por persoa trans, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

f) No caso de axuda para a adaptación de postos, a memoria explicativa segundo o disposto na letra d) do artigo 24.2, e conforme ao modelo publicado na Sede electrónica da Xunta de Galicia

g) No caso de que as persoas traballadoras se opuxeran á comprobación dos datos, documentos acreditativos das condicións necesarias para que o contrato sexa subvencionable.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa ou entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán acadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa ou entidade interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

As persoas ou entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa ou entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código de procedemento (TR342C) e o órgano responsable, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento o órgano xestor da axuda consultará automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa ou entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Inscrición de apoderamentos no Rexistro Xeral de Apoderamentos da Xunta de Galicia (REAG).

d) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

f) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Consulta de código conta de cotización.

h) Consulta concesións pola regra de minimis.

i) Consulta concesións de subvencións e axudas.

j) Consulta inhabilitación para obter subvencións.

k) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.

l) Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia da persoa traballadora contratada.

m) Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social dos últimos 12 meses da persoa traballadora contratada.

ñ) Contrato laboral da persoa traballadora pola que se solicita a subvención.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia da persoa traballadora contratada.

b) Consulta de datos de residencia con data de última variación padroal da persoa traballadora contratada.

2. No caso de que as persoas ou entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa ou entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas ou entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A persoa solicitante asinará na declaración responsable que forma parte a solicitude que dispón dos documentos asinados pola persoa ou persoas contratadas, no que autorizan ou se opoñen á comprobación dos seus datos, conforme ao modelo do anexo IV. O/a devandito documento poderá ser requirido pola administración pública en calquera intre.

Así mesmo, no caso de que algunha persoa contratada pola que se solicita subvención se opoña á comprobación de datos, o fará constar na dita declaración responsable e consecuentemente presentará os documentos que os acrediten.

Artigo 11. Emenda das solicitudes

A sede electrónica remitirá as solicitudes recibidas á unidade administrativa encargada da instrución do expediente para que comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requirirán a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez días, indicándolle que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar trala presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa ou entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Competencia para instruír e resolver

1. A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións previstas nesta orde corresponderalle, por delegación da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, á persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade competente por razón do territorio.

2. O órgano competente para a instrución dos expedientes será o Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade competente por razón do territorio, polas contratacións que se realicen para prestar servizos en centros de traballo radicados na respectiva provincia, e que instruirán os procedementos de acordo cos criterios establecidos para os ditos programas.

3. No caso de que nunha xefatura territorial se presenten solicitudes con varios traballadores dados de alta en contas de cotización de distintas provincias, serán competentes para instruír e resolver a solicitude na súa totalidade os órganos da Xefatura Territorial onde foi presentada a solicitude, sempre que algunha das contas de cotización da solicitude corresponda á dita provincia.

Artigo 14. Procedemento de concesión, instrución e tramitación

1. O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao abeiro desta orde é de concorrencia non competitiva e polo tanto axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

2. Entenderase que a empresa desiste da súa solicitude cando a persoa traballadora pola que se solicita subvención cause baixa na empresa solicitante en data anterior á resolución da concesión da axuda, salvo que a causa da baixa do contrato sexa a finalización da duración do mesmo. A empresa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o que solicitou a axuda.

3. En aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e sendo unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinado pola data na que se tivese presentado a documentación completa requirida nestas bases reguladoras.

Artigo 15. Resolución e recursos

1. A resolución de outorgamento da subvención comprenderá a identificación da persoa ou entidade beneficiaria e a contía da subvención. A resolución de concesión emitirase atendendo ás manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, subscritas pola persoa que as realiza, baixo a súa responsabilidade e coas repercusións que ten a súa falsidade reguladas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Na resolución de concesión informarase ás persoas beneficiarias que estas axudas se someten ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e aos regulamentos (UE) núm. 717/2014, do 27 de xuño de 2014 (sector pesca e acuicultura) e núm. 1408/2013, do 18 de decembro (sector agrícola).

2. Toda vez que os requisitos para ser persoa ou entidade beneficiaria desta axuda se deben cumprir con anterioridade á presentación da solicitude e que as obrigas asumidas pola persoa ou entidade beneficiaria se recollen na presente orde nos artigos 20, 27 e 32, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, e enténdese aceptada coa presentación da solicitude.

3. No caso de que unha solicitude de axudas comprenda varias contratacións de e non exista crédito suficiente para atendelas a todas, poderase estimar parcialmente a solicitude e conceder a axuda para aquelas contratacións nas que exista crédito tendo en conta a orde de prelación das persoas traballadoras indicada no anexo I. Así mesmo, no caso de que o remanente de crédito existente nun proxecto sexa inferior ao importe que correspondería conceder segundo as contías establecidas nos artigos 25 e 30, poderase conceder a axuda polo importe do remanente existente, logo da aceptación pola da persoa ou entidade solicitante.

De se producir perdas do dereito ao cobramento noutras solicitudes ou de levarse a cabo as ampliacións ou redistribucións de créditos a que se refiren os parágrafos 5 e 6 do artigo 4, poderanse atender na súa totalidade as solicitudes concedidas segundo o exposto na aliña anterior, por orde de prelación.

4. O prazo para resolver e notificar é de tres meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada. Todo o anterior de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 16. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través so Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión segundo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 18. Forma de pagamento

1. O cumprimento dos requisitos acreditarase na solicitude mediante a declaración responsable da persoa beneficiaria, emitida baixo a súa responsabilidade e sen prexuízo da comprobación do seu cumprimento con posterioridade á resolución de concesión; en función desa declaración responsable resolverase a concesión da axuda e procederase ao seu pagamento, unha vez comprobado o cumprimento pola persoa ou entidade das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendentes de pago débedas coa Administración da Comunidade Autónoma, no número de conta, con inclusión do IBAN, indicado na solicitude.

2. Nos casos nos que se solicite unicamente a liña de incentivos á contratación, o pagamento será único no momento da concesión da axuda.

3. Nos casos en que se solicite ademais a liña de actividade formativa, o pagamento terá lugar unha vez xustificada a formación realizada segundo o indicado no artigo 32. A falta de presentación da xustificación en prazo levará consigo a perda do dereito ao cobramento dos incentivos para a actividade formativa.

Artigo 19. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas ou entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta de Abanca ES82 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 20. Obrigas xerais das persoas e entidades beneficiarias e supostos de reintegro

Sen prexuízo das obrigas establecidas con carácter específico para cada liña de axudas nos artigos 27 e 32, son obrigas das persoas e entidades beneficiarias das subvencións as seguintes:

a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

c) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

d) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con fondos recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), e colocar e manter durante un mínimo de 12 meses, un cartel nun lugar visible do lugar do traballo segundo o modelo que consta na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

e) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos casos previstos nesta orde.

f) Notificar a totalidade das axudas obtidas, dentro do réxime de minimis no que se encadra esta orde, debendo sinalar ademais cales destas foron obtidas para a mesma finalidade.

g) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

h) Manter no seu poder o anexo IV de comprobación de datos de terceiras persoas. Estes documentos poderán ser requiridos pola Administración pública en calquera momento.

Así mesmo, deberá informar ás persoas cuxos contratos laborais se subvencionan ao abeiro desta orde dos seguintes aspectos:

– Da comunicación dos datos á Administración para o seu tratamento no ámbito das competencias e de acordo cos fins do procedemento administrativo.

– Da posibilidade de que a Administración realice as consultas precisas para comprobar entre outros extremos, a súa veracidade.

– Do dereito de oposición que lles asiste a que a Administración trate os seu datos, suposto no que deberá comunicar á súa oposición á administración aos efectos oportunos.

i) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos casos establecidos nos artigos 28 e 33 para cada liña de axudas.

No caso de incumprimento da obriga indicada no punto 1.d) deste artigo e non enviar a fotografía co cartel identificativo dos fondos recibidos en prazo, procederá o 2 % de reintegro da axuda total percibida ao abeiro desta convocatoria.

Artigo 21. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da referida Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no seu artigo 3.1 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no titulo I da citada lei. O incumprimento desta obriga determinará, de ser o caso, a imposición das multas coercitivas previstas no punto 4 do citado artigo.

3. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento da Xunta de Galicia, a través da Canle de denuncias da Xunta de Galicia, de comunicación de información en materia de integridade institucional, dispoñible na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

Artigo 22. Axudas concedidas baixo as condicións do réxime de minimis

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L do 15 de decembro); ao Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L190, do 28 de xuño) e ao Regulamento (UE) núm. 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L352, do 24 de decembro). Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 euros nun período dos tres anos previos. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 40.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios. Para o cómputo dos límites deste réxime de axudas terase en conta o concepto de «única empresa» establecida no artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 2023/2831.

Artigo 23. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñen atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

2. As xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, a persoa beneficiaria deberá cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

3. Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios propios como alleos estean ao dispor da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

CAPÍTULO II

Liña de incentivos á contratación por conta allea

Artigo 24. Accións subvencionables

1. Para que as contratacións, os incrementos de xornada, ou os incrementos na duración anual dos contratos fixos descontinuos sexan subvencionables, deberán axustarse aos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se realice cunha persoa que se encadre nalgún dos colectivos sinalados no artigo 25.1.a).

b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 30 de setembro de 2023 e ata o 29 de setembro de 2024, ambas as dúas datas incluídas. No caso de incremento de xornada ou de incremento na duración anual do contrato fixo, o dito incremento deberá realizarse igualmente no período subvencionable, de 30 de setembro de 2023 ata 29 de setembro de 2024, ambas as dúas datas incluídas.

c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.

d) No caso de axudas para a adaptación de postos de traballo que o gasto estea realizado na data de presentación da solicitude.

2. Modalidades e requisitos aplicables a cada tipo de axudas.

a) Incentivos á contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas.

Os contratos subvencionables deberán ser de duración indefinido e a xornada a tempo completo; exclúense os contratos fixos-descontinuos.

Excepciónanse da xornada a tempo completo as contratacións de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, que poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial; a xornada a tempo parcial será como mínimo do 50 %.

Para ser subvencionable a contratación deberá realizarse cunha persoa desempregada, entendendo como desempregada a definición do artigo 5.1 desta orde.

As contratacións deberán estar comunicadas a través da aplicación contrat@ no prazo de 10 días hábiles desde o seu inicio.

b) Incrementos de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

Os incrementos de xornada, das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con calquera dos colectivos sinalados no artigo 25.1.a), serán subvencionables cando acaden o 100 % da xornada ordinaria ou da establecida no convenio colectivo de aplicación e deben producise no período subvencionable e con anterioridade ou na mesma data da solicitude da axuda.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa; o incremento deberá ser de, polo menos, o 50 % sobre a duración inicial do contrato que se incrementa e debe producise no período subvencionable e con anterioridade ou na mesma data da solicitude da axuda. Os contratos realizados con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade cuxo contrato se subvenciona ao abeiro desta orde. A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar cunha memoria da empresa na que se acredite a necesidade da adaptación ou dotación de equipamentos antes citada, así como os gastos realizados, conforme o modelo que consta na Sede electrónica da Xunta.

Artigo 25. Contía dos incentivos

1. As axudas definidas no artigo anterior terán os seguintes incentivos:

a) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas incentivaranse con distintas contías base, segundo o colectivo ao que pertenza a persoa contratada, conforme as definicións establecidas no artigo 5 desta orde:

A. Persoa moza: 6.000 €.

B. Persoa parada de longa duración: 9.000 €.

C. Persoa de 52 anos ou máis: 9.000 €.

D. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 9.000 €.

E. Muller: 10.000 €.

F. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 14.000 euros. Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

As contías indicadas anteriormente incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

I. No suposto de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

II. Se a persoa contratada é maior de 45 anos (incremento non aplicable na letra C do punto anterior).

III. Se a persoa contratada é unha muller (incremento non aplicable na letra E do punto anterior).

IV. Persoas trans.

V. Se a contratación se realiza con mulleres en profesións e oficios nos que as mulleres esteas subrepresentadas, segundo o informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo II dispoñible para a súa consulta na Sede electrónica da Xunta.

A contía máxima posible que se subvencionará por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 24.500 €.

b) Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais (de xornada parcial a xornada completa): incentivo de 2.000 €: se o incremento de xornada se realiza en persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 €.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 4.000 €.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal: axuda de 1.000 €.

Artigo 26. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta liña de incentivos á contratación por conta allea:

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

b) Os contratos de traballo realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea aos fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas, e contrate a un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

c) Os contratos de traballo realizados coas persoas socias ou administradoras da entidade solicitante da axuda.

d) As contratacións indefinidas iniciais que se realicen con persoas traballadoras que nos 6 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación nos casos de sucesión de empresas previsto no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

e) As contratacións que se realicen con persoas traballadoras polas que a mesma empresa ou grupo de empresas tivera obtido axudas ao abeiro deste procedemento: TR342C. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación nos casos de sucesión de empresas previsto no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

Artigo 27. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias de incentivos á contratación

Son obrigas das beneficiarias destas axudas:

1. Manter no seu cadro de persoal á persoa traballadora obxecto de subvención durante un período mínimo de trinta e seis meses contados desde a data de realización da contratación, do incremento de xornada, da duración anual do contrato fixo-descontinuo ou da adaptación de postos.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, ou no caso de excedencias, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación pola que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que cause baixa. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

No caso de que se produzan substitucións, a persoa beneficiaria deberá dispor dos documentos asinados pola persoa ou persoas contratadas, no que autorizan ou se opoñen á comprobación dos seus datos, conforme ao modelo do anexo IV. No caso de que se opoñan á consulta deberá comunicalo e presentar a correspondente documentación.

2. As persoas ou entidades beneficiarias da subvención pola adaptación de postos de traballo deberán manter o destino dos bens subvencionados polo mesmo tempo que estean obrigados a manter o posto de traballo a cuxa adaptación aqueles bens serven, que non será inferior ao período mínimo do ben subvencionado.

3. Enviar no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á recepción da notificación de resolución de concesión, o cartel indicado no artigo 20.1.d).

Artigo 28. Incumprimento de obrigas e reintegro

1. Procederá o reintegro das axudas cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 27.1 desta orde. Por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido no antedito artigo procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Neste suposto hai que diferenciar entre o reintegro total, cando non se leve a cabo a substitución da persoa traballadora que causou baixa, e o reintegro parcial, que procederá nos seguintes casos:

a) Cando se efectuou a substitución, pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado, a contía que se reintegrará será a correspondente aos meses en que o posto estivese vacante.

O cálculo da contía para reintegrar parcialmente farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre 36 meses o importe da subvención concedida.

ii. Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante. Computarase para estes efectos o prazo que se concede para proceder a substitución. Así mesmo, o mes en que se leve a cabo a substitución considérase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

iii. Multiplícase o importe obtido na primeira operación (i) polo número de meses en que o posto de traballo estivese vacante.

b) Cando se efectuou a substitución, pero esta foi feita cunha nova persoa traballadora pertencente a algún dos colectivos recollidos neste programa polo que se poida conceder unha subvención por importe inferior ao da persoa que causou baixa, procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería á nova contratación e o cálculo da contía que se vai reintegrar farase do seguinte xeito:

Se a substitución ten lugar no prazo establecido nas bases reguladoras, descontarase ao importe concedido pola persoa que extinguiu a relación laboral, a contía correspondente ao incremento ou incrementos acumulables do 15 % sobre a contía base que non cumpre a persoa substituída.

Cando non se substitúa no prazo establecido, ao importe resultante no parágrafo anterior aplicáraselle o cálculo establecido na letra a).

CAPÍTULO III

Liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo

Artigo 29. Accións subvencionables e requisitos

1. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun incentivo para a formación, tanto na modalidade presencial como na modalidade de teleformación, ou en ambas modalidades, das persoas traballadoras subvencionadas por medio dos incentivos á contratación indefinida inicial previstos nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa ou persoas traballadoras que reciben a formación e titorización deben ser as persoas contratadas indefinidas iniciais con cargo a esta axuda, segundo o disposto nas epígrafes 1.a) e 2.a) do artigo 24.

b) En canto á duración da acción formativa, será dun mínimo de 70 horas. Será unha formación teórica con contidos relacionados co posto de traballo que desenvolve a persoa traballadora que participa neste programa.

c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá de estar finalizada o 30 de outubro de 2024.

2. Queda excluída deste incentivo aquela formación que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 30. Contías dos incentivos e condicións da percepción

Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 € por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial, sempre que a persoa traballadora cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

Artigo 31. Lugar de impartición das accións formativas

1. As persoas ou entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas a tra-vés de medios propios ou por medio da súa contratación e poderán realizalas tanto nas súas instalacións como nas da entidade encargada da súa impartición.

2. Para o caso da impartición na modalidade de teleformación, esta deberá realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade que posibilite a interactividade entre a persoa traballadora que recibe a formación e a que imparte a titoría e que asegure a xestión dos contidos, cun proceso de aprendizaxe sistematizado, así como a avaliación de todo o proceso.

3. Programaranse controis periódicos de aprendizaxe cun número de horas para cada módulo en función dos contidos relacionados co posto de traballo, ata acadar o mínimo de horas teóricas exixidas nesta convocatoria.

Artigo 32. Obrigas das persoas e entidades beneficiarias

1. As persoas e entidades beneficiarias deberán presentar a seguinte documentación, no prazo máximo de 10 días, contados desde o seguinte ao remate da acción formativa:

a) Declaración expresa da aplicación da axuda aos gastos subvencionables e declaración doutras axudas solicitadas e/ou concedidas segundo modelo do anexo III.

b) Documento acreditativo de que a entidade solicitante comunicou ás persoas representantes legais das persoas traballadoras a acción formativa xustificativa do incentivo de formación que se realizou coa solicitude desta axuda. No suposto de que non haxa representantes legais a comunicación debe realizarse a todas as persoas traballadoras da empresa, segundo o modelo que figura na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

c) Declaración da persoa representante da entidade beneficiaria da axuda, que deberá axustarse ao modelo publicado na Sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se realizou a formación subvencionada coa relación das persoas traballadoras que a recibiron, os contidos das accións formativas, o calendario de actividades e o número de horas impartidas. A dita declaración conterá un informe individualizado de aproveitamento e avaliación de resultados, asinado pola persoa titora da formación.

2. Exceptúanse do prazo máximo de 10 días para a presentación da documentación xustificativa prevista no número 1 anterior aquelas accións formativas que se axusten ao disposto nesta orde e xa se tiveran realizado; neste caso, a dita documentación xustificativa achegarase xunto coa solicitude.

3. A xustificación na modalidade de teleformación realizarase mediante a presentación dos resultados obtidos nos controis de aprendizaxe programados por cada un dos módulos polos que a persoa recibiu a formación e que permitan identificar se realizaron as probas, a data e hora en que se desenvolveu o control e o tempo empregado para o seu desenvolvemento, con indicación da súa cualificación.

Estes datos deben ser almacenados polo sistema de teleformación empregado para a execución da formación.

Artigo 33. Incumprimento de obrigas e reintegro

No caso de que a persoa traballadora pola que se solicita a axuda establecida para a formación, cause baixa na empresa, se esta non recibiu as horas de formación establecidas no artigo 29 na súa totalidade, a entidade beneficiaria non terá dereito a percibir esta axuda.

No caso de que a persoa traballadora que causou baixa fose substituída por outra persoa traballadora que cumprise as mesmas condicións que a anterior, a entidade beneficiaria poderá percibir a axuda establecida para a formación sempre que esta nova persoa traballadora reciba a formación na súa totalidade segundo o artigo 29.

Esta axuda percibirase por unha soa persoa traballadora formada.

En todo caso, as accións formativas deberán executarse nos prazos establecidos no artigo 29 desta orde de convocatoria.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade nos xefes e xefas territoriais, no ámbito das súas respectivas provincias, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas ou entidades beneficiarias, respecto das resolucións de concesión de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade na persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para a tramitación e resolución dos expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde.

Disposición adicional segunda. Comunicación á Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase a información necesaria á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase á persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións, instrucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Ocupacións con subrepresentación feminina na contratación

Código

Ocupacións

2411

Físicas e astrónomas

24111010

Astrónomas

24111029

Físicas

24111038

Técnicas medias en ciencias físicas

2719

Analistas e deseñadoras de software e multimedia non clasificadas baixo outras epígrafes

27191013

Auditoras- asesoras informáticas

27191022

Enxeñeiras técnicas en informática, en xeral

2729

Especialistas en bases de datos e en redes informáticas non clasificadas baixo outras epígrafes

27291012

Especialistas en bases de datos e en redes informáticas non clasificadas baixo outras epígrafes

2939

Artistas creativas e interpretativas non clasificadas baixo outras epígrafes

3721

Atletas e deportistas

37211017

Atletas profesionais

37211026

Boxeadoras profesionais

37211035

Ciclistas profesionais

37211044

Deportistas profesionais

37211053

Futbolistas profesionais

37211062

Jockeys profesionais

37211071

Xogadoras de baloncesto profesionais

37211080

Xogadoras de balonmano profesionais

37211099

Patroas de embarcacións deportivas a motor

37211101

Patroas de embarcacións deportivas a vela

37211110

Pilotas automobilistas profesionais

37211129

Tenistas profesionais

5923

Policías locais

59231017

Policías ou gardas municipais

6203

Traballadoras cualificadas en actividades gandeiras de porcino

62031017

Traballadoras de gando porcino en extensivo

62031026

Traballadoras de gando porcino en intensivo

6205

Traballadoras cualificadas na avicultura e na cunicultura

62051013

Encargadas ou capatazas de explotación avícola

62051022

Sexadoras de polos

62051031

Traballadoras da cría de aves

62051040

Traballadoras da cría de coellos

6209

Traballadoras cualificadas en actividades gandeiras non clasificadas baixo outras epígrafes

62091015

Encargadas ou capatazas de gandaría en xeral

62091024

Traballadoras de granxa cinexética

62091033

Traballadoras da cría canina

62091042

Traballadoras da cría de animais para peletería

62091051

Traballadoras da cría de cabalos

62091060

Traballadoras da gandaría, en xeral

6422

Pescadoras de augas costeiras e augas doces

64221018

Mariscadoras recolectoras

64221027

Patroas de buques de pesca en augas costeiras

64221036

Recolectoras submarinas de marisco e outros recursos

7294

Montadoras- instaladoras de placas de enerxía solar

72941010

Instaladoras de enerxía solar por tubos

72941021

Instaladoras de sistemas de enerxía solar térmica

72941032

Montadoras de placas de enerxía solar

7322

Traballadoras da fabricación de ferramentas, mecánicas-axustadoras, modelistas, matriceiras e afíns

73221014

Armeiras- axustadoras, en xeral

73221023

Cerralleiras

73221032

Coiteleiras

73221041

Matriceiras- moldistas de metais

73221050

Mecánicas-axustadoras de calibradores

73221061

Mecánicas-axustadoras de modelos de fundición

73221072

Verificadoras-trazadoras de metais

7405

Reparadoras de bicicletas e afíns

74051018

Mecánicas reparadoras de bicicletas

7704

Traballadoras do tratamento do leite e elaboración de produtos lácteos (incluídos xeados)

77041014

Fabricante-elaboradora de xeados

77041023

Queixeiras

77041032

Traballadoras da elaboración de produtos lácteos

77041041

Traballadoras do tratamento do leite

7706

Traballadoras da elaboración de bebidas alcohólicas distintas do viño

77061010

Adegueiro de cervexa

77061029

Traballadoras da elaboración de bebidas alcohólicas

7894

Fumigadoras e outras controladoras de pragas e malas herbas

78941018

Aplicadora de praguicidas

78941027

Desinfectadoras-desinsectadoras de edificios

78941036

Técnicas en tratamentos con praguicidas e/ou herbicidas

78941045

Técnicas medios de tratamento con praguicidas e/ou herbicidas

7899

Oficiais, operarias e artesás doutros oficios non clasificadas baixo outras epígrafes

78991013

Artesás doutros oficios non clasificadas baixo outras epígrafes

78991022

Laminadoras manuais de composite

8114

Operadoras de maquinaria para fabricar produtos derivados de minerais non metálicos

81141014

Operadoras de industrias do cemento

81141023

Operadoras de máquinas en planta de aglomerados asfálticos

81141032

Operadoras de máquinas en planta de áridos

81141041

Operadoras de máquinas en planta de formigóns

81141050

Operadoras de máquinas en planta de machaqueo de minerais non metálicos

81141061

Operadoras de máquinas para elaborar cal, xeso e/ou escaiola

81141072

Operadoras de máquinas para elaborar prefabricados de formigón e/ou fibrocemento

81141083

Operadoras de máquinas para fabricar pedra artificial

8143

Operadoras de máquinas para fabricar produtos de papel e cartón

81431012

Operadoras de máquina contracoladora-engomadora de papel e cartón

81431023

Operadoras de máquina cortadora-pregadora de papel e cartón

81431034

Operadoras de máquina extrusionadora de papel e cartón

81431045

Operadoras de máquina slotter (confección de produtos de cartón)

81431056

Operadoras de máquina troqueladora de papel, cartón e materiais afíns

81431067

Operadoras de máquinas para confeccionar artigos de cartón, en xeral

81431078

Operadoras de máquinas para confeccionar artigos de papel, en xeral

81431089

Operadoras de máquinas para confeccionar panos de papel, manteis, toalliñas e compresas

81431090

Verificadoras de produtos acabados de papel e cartón

8145

Operadoras en instalacións para a preparación de pasta de papel e fabricación de papel

81451014

Operadoras de máquina branqueadora (pasta de papel)

81451023

Operadoras de máquina cortadora (fabricación de papel)

81451032

Operadoras de máquina descortizadora-troceadora (pasta de papel)

81451041

Operadoras de máquina lixiviadora ou dixestor (pasta de papel)

81451050

Operadoras de máquinas para fabricar papel ou cartón (fase húmida)

81451061

Operadoras de máquinas para fabricar pepel ou cartón (fase seca)

81451072

Operadoras de máquinas para fabricar papel ou cartón, en xeral

81451083

Operadoras de máquinas para fabricar pasta de papel, en xeral

8199

Operadoras de instalacións e maquinarias fixas non clasificadas baixo outras epígrafes

81991011

Operadoras de equipos compresores de aire

81991020

Operadoras de equipos compresores de frío

81991039

Operadoras de equipos compresores de gas

81991048

Operadoras de planta de aire acondicionado

81991057

Operadoras de planta de refrixeración

81991066

Operadoras de planta de ventilación e calefacción

8209

Montadoras e ensambladoras non clasificadas noutras epígrafes

82091013

Ensambladoras de produtos metálicos, de caucho ou plástico en cadea de montaxe

82091022

Ensambladoras de produtos metálicos, en xeral

82091031

Montadoras de adornos con e para produtos téxtiles

82091040

Montadoras de envases e embalaxes de madeira e similares

82091059

Montadoras de material rodado ferroviario

82091068

Montadoras de mobles de cociña

82091077

Montadoras de mobles de madeira ou similares

82091086

Montadoras de produtos con elementos de diferentes materiais

82091095

Montadoras de produtos de madeira e/ou ebanistaría, en xeral

82091107

Montadoras de produtos de cartón/papel

82091116

Montadoras en liñas de ensamblaxe de automoción

8321

Operadoras de maquinaria agrícola móbil

83211010

Condutoras. Operadoras de maquinaria agrícola con motor, en xeral

83211021

Manipuladoras de colleitadoras, en xeral

83211032

Tractoristas-manipuladoras agrícolas

8411

Condutoras propietarias de automóbiles, taxis e furgonetas

84111014

Condutoras propietarias de automóbiles, taxis e furgonetas

8431

Condutoras propietarias de camións

84311012

Transportistas

9433

Repartidoras, recadeiras e mensaxeiras a pé

94331017

Botóns

94331026

Repartidoras a domicilio, a pé ou en vehículo non motorizado

9511

Peoas agrícolas (agás en hortas, invernadoiros, viveiros e xardíns

95111016

Peoas agrícolas, en xeral

9512

Peoas agrícolas en hortas, invernadoiros, viveiros e xardíns

95121019

Peoas de horticultura, xardinaría

missing image file
missing image file
missing image file