DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5242

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos do Val Miñor

ANUNCIO das bases específicas para a provisión de varias prazas para a estabilización do emprego temporal.

Pola Resolución da Presidencia núm. 2022-0167, do 21 de decembro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo de estabilización de emprego temporal de longa duración prevista nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público na Mancomunidade de Concellos do Val Miñor para a cobertura das prazas de condutores, capataces e peóns do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Val Miñor GES Val Miñor, con corrección de erros mediante a Resolución da Presidencia núm. 2023-0044, do 3 de xullo de 2023.

Pola Resolución da Presidencia núm. 2022-0168, do 21 de decembro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo de estabilización de emprego temporal de longa duración prevista nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público na Mancomunidade de Concellos do Val Miñor para a cobertura da praza de psicólogo, con corrección de erros mediante a Resolución da Presidencia núm. 2023-0045, do 3 de xullo de 2023.

As bases están publicadas no BOP de Pontevedra núm. 248, do 29 de decembro de 2022 (e as correccións de erros no BOP de Pontevedra núm. 197, do 11 de outubro de 2023), e no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor: https://mancomunidaddeconcellosdovalminor.sedelectronica.gal

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Baiona, 16 de outubro de 2023

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor