DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2024 Páx. 5238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO da oferta de emprego público excepcional 2023.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 26 de decembro de 2023, aprobouse a oferta de emprego público excepcional do artigo 20, punto dous 4º, da Lei 31/2022, de orzamentos xerais do Estado para 2023:

Denominación: arquitecto técnico. Réxime xurídico: funcionario. Corpo, escala ou categoría: escala de Administración especial, subescala técnica. Grupo: A, subgrupo A2. Nº dotacións: 1. Código posto en RPT: PT006.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público excepcional no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma e no Boletín Oficial da provincia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor Vde. calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Alfoz, 26 de decembro de 2023

Efigenia Maseda Paz
Alcaldesa presidenta