DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5699

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifican diversos anexos da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

Por Resolución do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 21 de decembro), convócase concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

O anexo II da resolución de convocatoria do proceso establece que os programas das probas selectivas serán publicados por resolución desta Dirección Xeral antes da publicación do listado provisional de admitidos/as no proceso selectivo.

O anexo V da resolución de convocatoria inclúe o procedemento de acreditación de méritos, non constando no anexo publicado o modo de acreditación de determinados méritos obxecto de valoración no proceso selectivo, polo que procede a súa modificación.

En execución de dita convocatoria este centro directivo, no uso das competencias que lle atribúen o artigo 18 do Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 31 de outubro) e o artigo 7 da Orde do 22 de abril de 2020, de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 29 de abril),

RESOLVE:

Primeiro. Publicar como anexo II da resolución do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 21 de decembro), de convocatoria do proceso selectivo, os programas das probas selectivas nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa que figuran como anexo I da presente resolución.

Segundo. Publicar como anexo V da resolución do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 21 de decembro) o procedemento de acreditación de méritos que figura como anexo II da presente resolución.

Terceiro. Pola presente resolución substitúense os anexos II e V, da resolución do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 21 de decembro) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, polos anexos I e II da presente resolución.

Cuarto. Dadas as modificacións incluídas na presente resolución, amplíase o prazo de presentación das solicitudes de participación no proceso selectivo ata o 22 de febreiro de 2024.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Parte común (grupo técnico da función administrativa e grupo xestión da función administrativa).

Tema 1. A Constitución española. Principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. Deberes dos cidadáns. Garantía e suspensión dos dereitos e liberdades. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2. A Coroa. As Cortes Xerais. Elaboración, aplicación e interpretación das normas. O Tribunal Constitucional.

Tema 3. O Poder Xudicial. A regulación constitucional da xustiza. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Ministerio Fiscal.

Tema 4. O Goberno no sistema constitucional español. Formación, composición e funcións. Control parlamentario do Goberno. Órganos constitucionais do control do Goberno: Defensor do Pobo e Tribunal de Contas. A función consultiva: O Consello de Estado.

Tema 5. A distribución territorial do poder do Estado. Administración local. Comunidades Autónomas. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

Tema 6. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

Tema 7. O Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia: a Xunta e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control parlamentario da acción de goberno. O Valedor do Pobo.

Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

Parte específica.

Grupo técnico da función administrativa.

I. Organización administrativa e dereito comunitario.

Tema 1. A Administración Xeral do Estado: organización administrativa. Órganos superiores da mesma. Órganos territoriais. Relacións interadministrativas.

Tema 2. Organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Réxime xurídico da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais. Exercicio da potestade regulamentaria por parte da Administración e do Goberno de Galicia.

Tema 3. Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Lei galega 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Obxecto e principios reitores. Transparencia da actividade pública.

Tema 4. A Unión Europea e as súas institucións. As fontes do dereito comunitario. As relacións entre o Dereito Comunitario e o ordenamento xurídico dos Estados membros. A aplicación da normativa comunitaria no Estado español. A participación das Comunidades Autónomas na aplicación do Dereito Comunitario. O sistema de tutela xudicial da U.E.

Tema 5. As liberdades básicas do sistema comunitario. O mercado interior. Libre circulación de mercadorías, de persoas, servizos e capitais. O espazo económico europeo. Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. Obxectivos. As metas do obxectivo de Saúde e Benestar.

II. Dereito Administrativo e contratación pública.

Tema 6. As fontes do Dereito Administrativo. Concepto, clases e xerarquía. A Constitución como norma xurídica. A Lei. Leis orgánicas. Leis ordinarias. O Decreto-Lei e o Decreto Lexislativo. O tempo na norma xurídica. Entrada en vigor e derrogación. Dereito transitorio.

Tema 7. O Regulamento. Concepto, natureza e clases. Límites da potestade regulamentaria. Eficacia normativa do Regulamento: a súa inderrogabilidade singular. Relacións entre a Lei e o Regulamento: principios de primacía e reserva de lei. Principio de irretroactividade das normas.

Tema 8. As potestades administrativas: concepto. Atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade.

Tema 9. Os órganos administrativos: concepto e natureza. Clases de órganos, especial referencia aos colexiados. A competencia: natureza, clases e criterios de delimitación. As relacións interorgánicas: coordinación e xerarquía. Desconcentración. Delegación e avocación. Delegación de sinatura. A encomenda de xestión. Encargos a medios propios.

Tema 10. O acto administrativo. Concepto, elementos e clases. A eficacia do acto administrativo: motivación, notificación e publicación. Comunicacións e notificacións electrónicas. Executividade e invalidez dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión de oficio e a revogación. O silencio administrativo: a súa regulación.

Tema 11. O procedemento administrativo. O procedemento administrativo común. Principios xerais do procedemento administrativo. Abstención e recusación. Os interesados. Dereitos dos cidadáns no procedemento. Fases do procedemento. Formas de terminación. Execución. A participación nas administracións públicas.

Tema 12. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais dos recursos administrativos. Materias recorribles, lexitimación e órgano competente. Tipos de recursos. As reclamacións económico administrativas.

Tema 13. A xurisdición contencioso-administrativa: concepto e natureza. O recurso contencioso administrativo: partes, actos impugnables, procedemento. Recursos contra sentenzas. Execución de sentenzas.

Tema 14. A Administración Electrónica. Punto de acceso xeral e a carpeta cidadá. Soportes da Administración electrónica: A sinatura electrónica. O certificado dixital. Rexistro telemático e notificación: Atención e información ao cidadán e tramitación de procedementos administrativos a través de Internet. Contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia.

Tema 15. Os contratos do sector público. Normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Clases de contratos e regulación. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público. Réxime de invalidez, recursos e órganos de contratación.

Tema 16. Capacidade e solvencia do empresario. Prohibicións para contratar. Clasificación das empresas. Obxecto, prezo e contía do contrato. Garantías exixibles na contratación do sector público.

Tema 17. Preparación dos contratos. Expediente de contratación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Selección do contratista e adxudicación dos contratos. Efectos dos contratos. Centrais de contratación. Procedementos de contratación centralizada no Servizo Galego de Saúde.

Tema 18. As prerrogativas da Administración: Execución e modificación dos contratos. Extinción. Cesión e subcontratación. Órganos de asistencia na contratación e órganos consultivos. Rexistros oficiais. Xestión da publicidade contractual por medios electrónicos, informáticos e telemáticos.

Tema 19. Normas especiais sobre os contratos de obras e concesión de obra pública.

Tema 20. Normas especiais sobre o contrato de concesión de servizos, subministracións e servizos.

Tema 21. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causa de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade. A responsabilidade da administración por actos dos seus concesionarios e contratistas.

Tema 22. A responsabilidade dos/das profesionais sanitarios/as e da Administración. Responsabilidade penal e disciplinaria. Responsabilidade profesional na práctica sanitaria: imprudencia profesional, omisión do deber de socorro, violación do segredo profesional, intrusión, falsidade en certificado médico.

Tema 23. A potestade sancionadora da Administración. Principios xerais. Procedemento sancionador.

Tema 24. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. O dominio público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público. Bens patrimoniais das administracións públicas.

III. Lexislación e xestión sanitaria.

Tema 25. Concepto de saúde: Evolución histórica e actual consideración do mesmo. Perspectiva constitucional da sanidade. Sistemas de saúde comparados. A Organización Mundial de la Salud: estrutura e funcións. Oficinas rexionais.

Tema 26. Normas que desenvolven o dereito á protección da saúde no estado español. Dereitos e deberes dos cidadáns en relación co dereito á saúde. A universalidade da asistencia sanitaria. O aseguramento sanitario.

Tema 27. As competencias do Estado, das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais en materia de sanidade. A alta inspección. Coordinación entre as administracións públicas: O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Tema 28. A estrutura do sistema sanitario público: A organización xeral, a coordinación e a financiamento. Análise das leis vixentes, contido e fins. Sistema Nacional de Saúde Español: Dimensión, estrutura, financiamento, problemas actuais e liñas de reforma.

Tema 29. A Lei 8/2008, do 10 de xullo de saúde de Galicia (I): O sistema público de saúde de Galicia. Competencias do sistema público de saúde de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 30. A Lei 8/2008, do 10 de xullo de saúde de Galicia (II): Dereitos e deberes sanitarios da cidadanía. As relacións do sistema público de saúde de Galicia coa Unión Europea, a Administración Xeral do Estado e outras Comunidades Autónomas. Docencia e investigación e innovación. Lei da Ciencia: características do sector sanitario.

Tema 31. A Consellería de Sanidade: Estrutura orgánica e competencias. O Servizo Galego de Saúde: natureza xurídica, estrutura orgánica e competencias dos seus órganos.

Tema 32. Niveis asistenciais no sistema nacional da saúde. A atención primaria e hospitalaria: A ordenación da atención primaria e hospitalaria na Comunidade Autónoma de Galicia. As áreas sanitarias e os distritos sanitarios do sistema público de saúde de Galicia. Entidades adscritas. Órganos de dirección. A atención sanitaria urxente hospitalaria e extrahospitalaria: principais características.

Tema 33. A formación especializada. Regulación legal das especialidades sanitarias no sistema de saúde Español. Real decreto 589/2022, de 19 de xullo. Decreto 48/2023, do 20 de abril, de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 34. Configuración dos centros hospitalarios. Clasificación dos servizos: médicos, cirúrxicos, centrais e xerais. O servizo de Atención ao Paciente. O Servizo de Admisión e Documentación Clínica hospitalaria. Tarxeta sanitaria. Estratexia galega de seguridade e calidade asistencial 2024-2028. Ordenación da Atención Primaria en Galicia: normativa de aplicación. Carteira de servizos.

Tema 35. Dereitos e deberes dos usuarios dos servizos sanitarios e dos profesionais na lexislación española. O secreto profesional. O dereito de confidencialidade. Normativa europea e española de protección de datos de carácter persoal.

Tema 36. Autonomía do paciente e dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica: Normativa española e autonómica. O dereito de información sanitaria. O consentimento informado. A historia clínica.

Tema 37. Lei galega 5/2015, do 26 de xuño, de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais. Instrucións previas sobre tratamentos e coidados de saúde. Rexistro Galego de Instrucións Previas: organización e funcionamento. Lei 3/2021, do 24 de marzo, de regulación da eutanasia e Decreto 101/2021, do 8 de xullo, polo que se crea a Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 38. A Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias: Clasificación do persoal. Exercicio das profesións sanitarias. A formación dos profesionais sanitarios. O desenvolvemento profesional e o seu recoñecemento. Sistema de carreira profesional no Servizo Galego de Saúde.

Tema 39. As prestacións do Sistema Nacional de Saúde. A Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias. Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantías de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas.

Tema 40. Decreto 54/2015, do 12 de marzo, polo que se regula o procedemento e os efectos da garantía do dereito á segunda opinión médica no Sistema Público de Saúde de Galicia. Decreto 55/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermería en atención primaria e de centro ou complexo hospitalario por un problema de saúde novo, no Sistema Público de Saúde de Galicia.

Tema 41. A asistencia sanitaria con medios propios a persoal alleo á Seguridade Social. A asistencia sanitaria con medios alleos: Principios xerais e réxime xurídico. O transporte sanitario. O reintegro de gastos. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.

Tema 42. A función inspectora no ámbito sanitario. Especial referencia á ordenación de funcións da Inspección de Servizos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 43. Órganos colexiados de participación na administración sanitaria de Galicia. Administración corporativa. Colexios profesionais.

IV. Xestión de persoal.

Tema 44. A planificación de recursos humanos nas administracións públicas. Ofertas de emprego. Tipoloxía do emprego público en España. Acceso ao emprego público. Extinción da relación de servizo. Implicacións orzamentarias da xestión dos recursos humanos.

Tema 45. O Dereito do Traballo: Natureza e caracteres. Fontes do Dereito do Traballo. Os convenios colectivos: concepto, natureza e efectos. Modalidades do contrato de traballo. Período de proba. Relacións laborais especiais: Alta dirección e relación laboral especial do persoal residente en formación.

Tema 46. Normativa básica en materia de persoal no sistema nacional de saúde. Provisión de postos de traballo no sector público e no Servizo Galego de Saúde. Lei 2/2022, de 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde.

Tema 47. A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación. Dereitos e deberes. Carreira profesional. Situacións do persoal estatutario.

Tema 48. A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Réxime disciplinario. Faltas. Procedemento e sancións. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 49. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: Disposicións aplicables ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Xestión do talento nas administracións públicas. Formación dos empregados públicos.

Tema 50. Planificación e ordenación do persoal estatutario. Os cadros orzamentarios de persoal. Categorías estatutarias. Grupos de clasificación. Seguimento e cobertura de persoal. Modificacións de cadros de persoal.

Tema 51. O Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: Selección de persoal fixo. Mobilidade. Concurso de traslados aberto e permanente.

Tema 52. O Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: Provisión de postos de xefatura e de carácter directivo. Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Tema 53. A selección de persoal temporal no Servizo Galego de Saúde. Modalidades de vínculos temporais. Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema Público de Saúde de Galicia. Normativa básica sobre emprego temporal nas administracións públicas.

Tema 54. Sistema retributivo do persoal estatutario: Estrutura e conceptos retributivos. Especial referencia ás retribucións do persoal do Servizo Galego de Saúde nos diferentes niveis asistenciais.

Tema 55. Acordos en materia retributiva e condicións de traballo no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

Tema 56. Xestión de nóminas. Liquidacións á Seguridade Social e IRPF. Indemnizacións por razón de servizo.

Tema 57. A liberdade sindical. Réxime xurídico, representatividade e acción sindical. Tutela da liberdade sindical. Órganos de representación do persoal ao servizo das administracións públicas vinculado a elas cunha relación de carácter administrativa ou estatutaria. Características no Servizo Galego de Saúde. Participación na determinación das condicións de traballo. O dereito de reunión.

Tema 58. A elección dos órganos de representación dos traballadores. Comités de empresa e delegados de persoal. Os órganos de representación do persoal funcionario e estatutario: Normativa aplicables. Procedemento de elección. Garantías e dereitos.

Tema 59. A negociación colectiva no sector público. Competencias negociadoras: Pactos e Acordos. Peculiaridades na administración pública.

Tema 60. Dereito de folga e o seu exercicio. A folga nos servizos públicos. Determinación do mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos servizos esenciais e o persoal preciso para prestalo: Normativa aplicable e procedemento para a súa fixación.

Tema 61. O sistema español de seguridade social. Campo de aplicación e estrutura do sistema de Seguridade Social. Réxime xeral e réximes especiais. O modelo de Seguridade Social na Constitución. A constitución da relación xurídica de aseguramento. Inscrición de empresas. Afiliación, altas e baixas. Procedemento. Cotización. Bases e tipos de cotización. Suxeitos obrigados e responsables da cotización.

Tema 62. Acción protectora da Seguridade Social. Prestacións. Incapacidade temporal. Nacemento e coidado de menor. Risco durante o embarazo. Risco durante a lactación natural. Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave. Incapacidade permanente contributiva. Lesións permanentes non incapacitantes. Xubilación na súa modalidade contributiva. Accidente de traballo e enfermidade profesional. Concepto e características. Prestacións derivadas do accidente laboral. Prestación por falecemento e supervivencia. Situación durante a lactación natural.

Tema 63. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Delitos relacionados co exercicio de funcións públicas. As incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Análise específica das incompatibilidades no sector sanitario e a súa problemática. Responsabilidade derivada da incompatibilidade.

Tema 64. A prevención de riscos. Clima laboral. Riscos psicosociais. Marco normativo e organización da prevención de riscos e saúde laboral. Adaptación da lexislación á administración pública. Órganos de participación no Servizo Galego de Saúde. Responsabilidade disciplinaria do persoal estatutario en materia de prevención de riscos.

Tema 65. Plan de igualdade no Servizo Galego de Saúde. Dereitos das mulleres embarazadas no Servizo Galego de Saúde.

Tema 66. Violencia no traballo de orixe externa no Servizo Galego de Saúde: Decreto 163/2010, do 16 de setembro, polo que se crea o Observatorio de violencia na contorna laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de saúde. Procedemento de actuación e apoio ao profesional en episodios de violencia de orixe externa (P-PRL 20).

Tema 67. Lexislación española e galega sobre igualdade de mulleres e homes e sobre conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Principios e dereitos. Prevención e tratamento da violencia de xénero: lexislación estatal e autonómica.

Tema 68. A función directiva: concepto de dirección. Funcións directivas. Modalidade de dirección. Técnicas de dirección. A dirección participativa por obxectivos. Concepto. Fases de desenvolvemento. Análise de resultados. A dirección estratéxica. Concepto de estratexia: Elementos esenciais. Análise estratéxica externa e interna. Xestión de persoas: principios xerais.

Tema 69. Dirección, xestión e organización de proxectos. Conceptos básicos da dirección e xestión de proxectos. Actores, habilidades e ferramentas informáticas. Dirección de recursos Humanos. Negociación e resolución de problemas. Técnicas de dirección e comunicación de proxectos.

V. Xestión económica e de servizos.

Tema 70. O Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A Facenda da Comunidade Autónoma.

Tema 71. A Lei xeral orzamentaria e os orzamentos da comunidade autónoma de Galicia. Especial referencia ao orzamento do Servizo Galego de Saúde: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.

Tema 72. Execución orzamentaria. Modificacións orzamentarias. Liquidación do orzamento e rendemento de contas. Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de abril de 2017, polo que se regula o exercicio e materialización do control financeiro de ciclo continuo no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

Tema 73. A xestión do gasto público. Fases de execución e documentos contables. Fondos a xustificar. Anticipos de caixa. Gastos plurianuais. Expedientes anticipados de gasto. Xestión de ingresos: fase de execución e documentos contables.

Tema 74. Os ingresos públicos: concepto e clasificacións. O sistema tributario español. Taxas e prezos públicos: especial referencia ás taxas e prezos públicos en Galicia.

Tema 75. O financiamento das Comunidades Autónomas. Recursos propios e tributos cedidos. O Fondo de Compensación Interterritorial. Os Fondos Europeos. O financiamento do Sistema Nacional de Saúde. Especial referencia ao financiamento do Servizo Galego de Saúde.

Tema 76. A sanidade no marco da economía española. Sanidade pública e privada. Evolución e tendencias. Análise económica do sistema de Seguridade Social. Estrutura dos seus recursos. Gastos e dotacións do sistema.

Tema 77. O Servizo Galego de Saúde no marco da economía galega. Principais interrelacións entre a asistencia sanitaria e magnitudes macroeconómicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Análise económica do Servizo Galego de Saúde en relación cos orzamentos da Xunta de Galicia.

Tema 78. A demanda de prestacións sanitarias. A demanda de coidados médicos. A oferta de servizos sanitarios: características. Efectos da innovación tecnolóxica. Avaliación da calidade asistencial.

Tema 79. A renda nacional en España e a súa distribución. Efectos redistributivos do gasto en sanidade pública. Distribución da renda en Galicia. Estrutura demográfica por idade. Políticas de loita contra a despoboación.

Tema 80. A contabilidade como ciencia. O concepto de patrimonio e os equilibrios patrimoniais. A conta. A contabilidade analítica: Concepto e metodoloxía. Enlace entre a contabilidade analítica e financeira. O modelo español de contabilidade analítica.

Tema 81. Os custos. Concepto e clases. Métodos de cálculo. Os custos e a produción conxunta. Cálculo de resultado interno e das desviacións en custo. Análise estatística dos custos.

Tema 82. O concepto de contabilidade pública. O Plan Xeral de Contabilidade Pública: principios, estrutura e criterios de valoración. A contabilidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 83. Medidas de posición: media, mediana e moda. Medidas de dispersión: varianza, desviación típica e coeficiente de variación.

Tema 84. Números índices. Índices de valores, prezos e cantidades. Series temporais. Características e análise das series temporais. Desestacionalización de series temporais.

Tema 85. A xestión da calidade no ámbito sanitario: evolución do concepto de calidade. Medida e mellora dos procesos. Indicadores. Normalización, acreditación e certificación.

Tema 86. A xestión de inmobilizado: concepto e clasificación. Análise de investimentos. Inventarios: tipos e realización. O orzamento dos investimentos. A obsolescencia: Modalidades. As amortizacións.

Tema 87. O aprovisionamento: concepto e funcións. A xestión de compras: O proceso, fases e factores determinantes. Ferramentas da xestión de compras: Orzamento, negociación, cadros de mando, clasificación ABC e variables financeiras. Centralización de compras sanitarias no Sistema Nacional de Saúde: Especial referencia ao Servizo Galego de Saúde.

Tema 88. A xestión de almacéns. Xestión de existencias. Criterios de valoración. Cálculo de stocks. Sistemas de identificación de produtos. Control de consumos. Determinación das unidades de custo sanitario. Procedementos. Estándares.

Tema 89. A xestión hostaleira. Alimentación: Procesos funcionais. Lenzaría e lavandaría: Procesos funcionais. A limpeza. A xestión dos residuos sanitarios. Outros servizos hostaleiros.

Tema 90. A xestión de mantemento: concepto, estrutura e tipos. Especial referencia ao mantemento preventivo. As regulamentacións técnicas, planificación, organización e control de mantemento.

Tema 91. Información sanitaria: Datos e indicadores básicos. O conxunto mínimo básico de datos: definición, características, aplicación e variables recollidas no conxunto mínimo básico de datos do Servizo Galego de Saúde.

VI. Sistemas de información.

Tema 92. Ferramentas principais de informática persoal: Follas de cálculo. Procesadores de texto. Bases de datos documentais.

Tema 93. Redes de área local. Concepto. Compartición de recurso. Vantaxes. Rede internet: concepto. Principais navegadores. Correo electrónico. Intranet.

Tema 94. Contratación, compras e aprovisionamento en proxectos TIC.

Os textos legais serán os vixentes na data de publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento do tribunal de cualificación.

Parte específica.

Grupo de Xestión da Función Administrativa.

I. Dereito administrativo.

Tema 1. O dereito administrativo. Concepto. A actividade administrativa de dereito privado. As fontes do dereito administrativo: A Constitución como norma xurídica. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestade regulamentaria.

Tema 2. O principio de legalidade na Administración. Atribución de potestades. Potestades reguladas e potestades discrecionais. Relacións entre Administración e Xustiza. O principio de autotutela.

Tema 3. O acto administrativo. Concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. A eficacia e executividade do acto administrativo. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito, anulabilidade. Revisión de oficio e revogación dos actos administrativos. O silencio administrativo e a súa regulación.

Tema 4. O procedemento administrativo. O procedemento administrativo común. Principios xerais do procedemento administrativo. Abstención e recusación. Os/as interesados/as. Dereitos dos cidadáns no procedemento. Fases do procedemento. Formas de terminación. Execución.

Tema 5. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais dos recursos administrativos. Materias recorribles, lexitimación e órgano competente. Tipos de recursos. Xurisdición contencioso-administrativa: procedementos ordinario e abreviado. Recursos. Execución de sentenzas.

Tema 6. A Administración Electrónica. Soportes da Administración electrónica: A sinatura electrónica. O certificado dixital. Rexistro telemático e notificación: Atención e información ao cidadán e tramitación de procedementos administrativos a través de Internet. Contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia.

Tema 7. Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, Lei galega 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Obxecto e principios reitores. Transparencia da actividade pública.

II. Lexislación e xestión sanitaria.

Tema 8. Concepto de saúde: Sistemas de saúde comparados.

Tema 9. O dereito á saúde na Constitución Española. A Lei Xeral de Sanidade: obxectivos e estrutura da lei. A protección da saúde e o seu contido. Dereitos e deberes dos cidadáns en relación co dereito á saúde.

Tema 10. As competencias do Estado, das comunidades autónomas e das entidades locais en materia de sanidade. A alta inspección. Coordinación entre as administracións públicas: O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Tema 11. A formación especializada: Regulación legal das especialidades médicas e farmacéuticas. As especialidades de enfermería: regulación normativa, estatal e autonómica. Decreto 48/2023, do 20 de abril, de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada na Comunidade Autónoma de Galicia

Tema 12. A Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica. A Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 13. Prestacións do Sistema Nacional de Saúde. A Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.

Tema 14. A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia: O sistema público de saúde de Galicia. Competencias do sistema público de saúde de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 15. A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia: Dereitos e deberes sanitarios da cidadanía. As relacións do sistema público de saúde de Galicia coa Unión Europea, a Administración Xeral do Estado e outras comunidades autónomas. O sector privado de atención sanitaria e as súas relacións co sistema público de saúde de Galicia. Docencia, investigación e innovación.

Tema 16. A Consellería de Sanidade: estrutura orgánica e competencias. Servizo Galego de Saúde: natureza xurídica, estrutura orgánica e competencias.

Tema 17. A asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos. A universalidade da asistencia sanitaria.

Tema 18. A atención primaria e asistencia hospitalaria: a ordenación da atención primaria e hospitalaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. A atención sanitaria urxente hospitalaria e extrahospitalaria: principais características.

Tema 19. O funcionamento das institucións sanitarias: sistema de acceso do paciente ás consultas de atención primaria. Servizo de admisión e documentación clínica hospitalaria. Servizos de atención ao paciente: concepto, organización e funcións. A carta de dereitos e obrigas dos pacientes e usuarios.

III. Persoal e seguridade social.

Tema 20. O dereito do traballo: concepto, fins e contido. O convenio colectivo. O contrato de traballo. Nacemento. A suspensión do contrato de traballo. A extinción do contrato de traballo.

Tema 21. O persoal ao servizo das administracións públicas. Clases de persoal. Principios definidores do persoal funcionario, estatutario e laboral. Lexislación aplicable.

Tema 22. Previsións da Lei Xeral de Sanidade e da Lei de Saúde de Galicia en materia de persoal. Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Planificación e ordenación do persoal.

Tema 23. A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Situacións administrativas. Dereitos e deberes. Réxime disciplinario.

Tema 24. A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: Provisión de prazas, selección e promoción interna. Mobilidade do persoal. Carreira profesional. Retribucións. Xornada de traballo, permisos e licenzas.

Tema 25. A provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Selección de persoal fixo. Promoción interna. Mobilidade. Provisión de postos de xefatura e coordinación. Provisión de postos de carácter directivo. Plans de ordenación de recursos humanos. Selección de persoal temporal. Normativa básica sobre selección de emprego temporal.

Tema 26. O réxime retributivo do persoal do Servizo Galego de Saúde. A nómina: confección e tramitación. Cadros orzamentarios de persoal. Xornada, permisos e licenzas do persoal do Servizo Galego de Saúde.

Tema 27. Os dereitos sindicais e de folga. Os órganos de representación do persoal funcionario e estatutario. A participación na determinación das condicións de traballo. Acordos e pactos. Principais acordos en materia de xornada e retribucións do Servizo Galego de Saúde

Tema 28. As incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Análise específico das incompatibilidades no sector sanitario e a súa problemática.

Tema 29. A saúde laboral: concepto. Clima laboral. Riscos psicosociais. Principais riscos nas Institucións Sanitarias: riscos derivados das condicións ambientais e da exposición a axentes biolóxicos. Principios básicos de ergonomía. Riscos derivados dos lugares, instalacións e equipos. Vixilancia da saúde. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde. Plan de igualdade no Servizo Galego de Saúde.

Tema 30. O sistema español da Seguridade Social. Campo de aplicación e estrutura do sistema de Seguridade Social: Réxime xeral e réximes especiais. Recursos xerais da Seguridade Social e o seu sistema financeiro. Entidades Xestoras e os servizos comúns. A Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Tema 31. A constitución da relación xurídica de aseguramento. Inscrición de empresas. Afiliación, altas e baixas: Procedemento. Cotización. Bases e tipos de cotización. Suxeitos obrigados e responsables da cotización.

Tema 32. A acción protectora. Continxencias cubertas. Concepto e clases de prestacións. Caracteres das prestacións. Reintegro de prestacións indebidas. Responsabilidade en orde ás prestacións. Asistencia sanitaria: concepto e obxecto. Feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. Protección á familia. Clases de prestacións. Beneficiarios. Condicións e contía da prestación.

Tema 33. A incapacidade temporal. A situación de risco durante o embarazo. A situación de risco durante a lactación natural. Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave. Incapacidade permanente. Nacemento e coidado do menor, xubilación, morte e supervivencia: beneficiarios, requisitos e prestacións. As prestacións sociais contributivas e non contributivas. Accidente de traballo e enfermidade profesional. Os servizos sociais na Seguridade Social. As prestacións asistenciais.

IV. Xestión económica e de servizos.

Tema 34. A Lei xeral orzamentaria e as leis anuais de orzamentos. Principios xerais.

Tema 35. O Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A Facenda da Comunidade Autónoma.

Tema 36. Os orzamentos da Comunidade Autónoma: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación. Especial referencia ao orzamento do Servizo Galego de Saúde.

Tema 37. As modificacións orzamentarias. Créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Transferencias. Outras modificacións orzamentarias.

Tema 38. O procedemento de execución orzamentaria. Fases.

Tema 39. O control orzamentario. Concepto. Naturaleza e ámbito de aplicación. Clases. O control financeiro de ciclo continuo no ámbito do Servizo Galego de Saúde. O Consello de Contas.

Tema 40. A información sanitaria: datos e indicadores básicos. Medidas de produción hospitalaria: definición e cálculo da unidade ponderada de asistencia. O conxunto mínimo básico de datos: definición, características, aplicación e variables recollidas no conxunto mínimo básico de datos do Servizo Galego de Saúde.

Tema 41. O financiamento do Sistema Nacional de Saúde. A asistencia sanitaria con medios alleos á Seguridade Social: Principios xerais e réxime xurídico. Centros e servizos sanitarios concertados: características e réxime xurídico. O reintegro de gastos. A asistencia sanitaria con medios propios a persoas alleas á Seguridade Social. O transporte sanitario.

Tema 42. A función de admisión dentro dos procesos de xestión da asistencia sanitaria. Xestión de listas de espera. Sistemas de información entorno á asistencia especializada e atención primaria. Arquivo e documentación clínica.

Tema 43. Contratación do sector público (I). Os contratos do sector público. Normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Clases de contratos e regulación. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público. Réxime de invalidez, recursos e órganos de contratación.

Tema 44. Contratación do sector público (II). Capacidade e solvencia do empresario. Prohibicións para contratar. Clasificación das empresas. Obxecto, prezo e contía do contrato. Garantías exixibles na contratación do sector público.

Tema 45. Contratación do sector público (III). Preparación dos contratos. Expediente de contratación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Selección do contratista e adxudicación dos contratos. Efectos dos contratos. Centrais de contratación. Procedementos de contratación centralizada no Servizo Galego de Saúde.

Tema 46. Contratación do sector público (IV). As prerrogativas da Administración: Execución e modificación dos contratos. Extinción. Cesión e subcontratación. Órganos de asistencia na contratación e órganos consultivos. Rexistros oficiais. Xestión da publicidade contractual por medios electrónicos, informáticos e telemáticos.

Tema 47. Normas especiais sobre os contratos de obras, concesión de obra pública, concesión de servizos, subministracións e servizos.

Tema 48. A xestión de inmobilizado: concepto e clasificación. Análise de investimentos. Inventarios: tipos e realización. O orzamentos dos investimentos. A obsolescencia. Modalidades. As amortizacións.

Tema 49. O aprovisionamento. Concepto e funcións. A xestión de compras: O proceso, fases e factores determinantes. Ferramentas da xestión de compras: Orzamento, negociación, cadros de mando, clasificación ABC e variables financeiras. Centralización de compras sanitarias no Sistema Nacional de Saúde: especial referencia ao Servizo Galego de Saúde.

Tema 50. A xestión de almacéns. Xestión de existencias. Criterios de valoración. Cálculo de «stockaxe». Sistemas de identificación de produtos. Control de consumos. Determinación das unidades de custo sanitario. Procedementos. Estándares.

Tema 51. A xestión hostaleira. Alimentación: Procesos funcionais. Lenzaría e lavandaría: Procesos funcionais. A limpeza. A xestión dos residuos sanitarios. Outros servizos hostaleiros.

Tema 52. A xestión de mantemento: Concepto, estrutura e tipos. Especial referencia ao mantemento preventivo. As Regulamentacións técnicas, planificación, organización e control de mantemento.

V. Sistemas de información.

Tema 53. Ferramentas principais de informática persoal: Follas de cálculo. Procesadores de texto. Bases de datos documentais. Redes de área local. Concepto. Compartición de recursos. Vantaxes. Rede internet: concepto. Principais navegadores. Correo electrónico. Intranet.

Os textos legais serán os vixentes na data de publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento do tribunal de cualificación.

ANEXO II

Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación académica

As titulacións académicas oficiais acreditaranse, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio con competencias en materia de educación ou certificación da respectiva Universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo/a aspirante e data en que foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro achegarase xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento ou homologación da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

O expediente académico e cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial.

Supostos específicos.-

a) A acreditación da formación máster, especialista e experto universitario-títulos propios, efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da Universidade en que conste ter sido superada polo/a aspirante a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECTs asignados á dita actividade formativa.

Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditado a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde.

b) Formación continuada

a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso no que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinataria/s.

No suposto de cursos acreditados pola Comisión Nacional ou autonómica de Formación Continuada deberá constar o logotipo da respectiva comisión e ademais o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007. Normas específicas para a formación en liña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos en liña en que conste o número de créditos, número de expediente e logotipo da Comisión de Formación Continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007.

Serán válidos aqueles diplomas asinados dixitalmente por Dixital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa que conterá toda a información exixida neste punto.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro de ditas datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos nos que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica.

O órgano de selección resérvase o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b) Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante na cal deberá constar o contido da actividade formativa así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

c) Docencia universitaria

A docencia universitaria impartida acreditarase mediante certificación da respectiva universidade na cal se fará constar expresamente o cargo docente, tipo de vinculación, departamento ou área de coñecemento na que se impartiu a docencia e datas de inicio e fin da vinculación.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado o mérito.

d) Experiencia profesional

A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente na cal deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

A experiencia profesional en centros privados acreditarase mediante certificación da empresa na cal deberá constar a información arriba indicada, ou contrato laboral. En ambos os supostos xunto coa citada documentación deberá presentarse un informe de vida laboral emitido polo INSS.

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar expresamente a naturaleza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

No suposto de institucións sanitarias privadas con contrato de servizos públicos (concertadas) ou con autorización de uso deberá quedar debidamente acreditado no certificado a existencia dun concerto ou autorización de uso co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto, tal mérito non será valorado.

No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditado no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade así como a condición de centro con contrato de servizos públicos (concertado) co Servizo Galego de Saúde.

Puntuación específica por conciliación

As situacións de permiso por parto, adopción ou acollemento, permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción de fillo, redución de xornada por motivos familiares e excedencia por coidado de fillos/as e familiares acreditaranse mediante certificación da súa concesión expedida pola Dirección do centro na que deberán constar as datas de inicio e fin.

O persoal fixo ou temporal que nos últimos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria viñese prestando os seus servizos no Sergas non terá que presentar ningunha documentación acreditativa de tales situacións.

e) Publicación de traballos científicos e de investigación

Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

Revistas científicas indexadas en InDICEs CSIC, IBECS, Web of Science (Wos), Embase, PsycINFO e catálogo Latindex e demais revistas. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivo de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

f) Compulsa de documentos

As copias dos documentos acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas/autenticadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

g) Tradución de documentos

Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberán acompañarse da súa tradución ao castelán ou galego, que deberá efectuarse:

a) Por tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Por calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.