DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2024 Páx. 5691

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2024, do Consello Reitor, pola que se fai público o nomeamento do director de Profesionalización.

Vista a Resolución do 16 de xaneiro de 2024, do tribunal de selección designado para cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto de director/a de Profesionalización na Axencia de Turismo de Galicia, pola que se fan públicos diversos acordos, e o acordo adoptado polo Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia, na súa reunión do 16 de xaneiro de 2024, relativo ao nomeamento de director de Profesionalización da Axencia de Turismo de Galicia, e consonte o disposto na base novena da Resolución do 24 de outubro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria dun posto de persoal directivo (director/a de Profesionalización),

RESOLVO:

Dar publicidade ao Acordo do Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia do 16 de xaneiro de 2024, de nomeamento dun posto de persoal directivo (director/a de Profesionalización) vacante nesta axencia, convocado pola Resolución do 24 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 2 de novembro).

A persoa nomeada para o desempeño do posto de traballo e as características deste recóllense no anexo desta resolución.

O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O director estará suxeito ao réxime de incompatibilidades establecido na normativa estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal ao seu servizo.

A presente resolución producirá efectos a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra o acordo poderá interpoñerse ante o Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente poderá interpoñerse directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024

P.S. (Artigo 19.6 Decreto 196/2012, do 27 de setembro)
Antonio Casas Calviño
Presidente do Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Paz Gestoso, José.

NIF ***5424**.

Denominación do posto: director/a de Profesionalización.

Código: PX.A20.00.005.15770.001.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: alta dirección/laboral ou funcionario.

Forma de provisión: persoal directivo. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.