DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6041

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN607E).

A Axenda Europea de Innovación (COM (2022) 332 final), documento estratéxico deseñado recentemente pola Comisión Europea co obxectivo de facer que Europa teña un papel destacado na escena mundial da innovación, recolle o papel estratéxico das infraestruturas de I+D+i para acadalo. Son precisas para que a tecnoloxía profunda (deep tech) se desenvolva e permita xerar solucións innovadoras revolucionarias que permitan facer fronte aos retos sociais máis importantes.

Este marco recolle un novo tipo de infraestruturas, as de ensaio e experimentación, tamén coñecidas como infraestruturas tecnolóxicas, que foron recentemente incluídas na normativa de axudas estatais para que os Estados poidan incorporar aos seus ecosistemas de innovación novos espazos controlados de testaxe e validación que permitan mellorar as condicións para facilitar a innovación.

A Axenda Europea de Innovación parte, pola súa vez, das conclusións do documento de traballo dos servizos da Comisión Technology Infraestructures (SWD(2019) 158 final, no cal se recollen os principais retos das infraestruturas para que poidan ser realmente catalizadoras da innovación: visibilidade e priorización, accesibilidade e traballo en rede. Neste sistema de axudas engadiuse, ademais, un cuarto reto relacionado coa innovación responsable. É preciso que a mellora da capacitación acadada a través das novas infraestruturas apoiadas se oriente cara ás necesidades do tecido empresarial, pero tamén a dar resposta aos principais retos da sociedade galega. O impacto social forma parte dos criterios de priorización no marco dun esquema equilibrado co impacto económico e tecnolóxico na procura de infraestruturas tecnolóxicas e de investigación «responsables», ademais de punteiras, capaces de xerar valor en sentido amplo que mellore a calidade de vida da cidadanía galega.

Por outra banda, no Acordo de Asociación de España 2021-2027 recóllese que é preciso reforzar as capacidades tecnolóxicas co equipamento e as instalacións necesarias nas entidades de investigación. Isto supón incorporar investimentos en altas tecnoloxías, incluíndo a construción, remodelación e ampliación das actuais instalacións, reforzando, pola súa vez, as capacidades de I+D+i do sector privado a través da transferencia de tecnoloxía.

En liña con estas directrices nacionais e europeas, a través destas axudas defínese un sistema de apoios completo, ao integrar dous tipos de infraestruturas diferentes de xeito complementario. O obxectivo é acadar unha maior rendibilidade do financiamento público ao dar resposta a diferentes necesidades da cadea de valor da I+D+i:

a) A través do financiamento de infraestruturas de investigación, perséguese avanzar na excelencia investigadora e no posicionamento internacional dos centros, grazas á incorporación destes novos recursos na I+D independente do centro e nas liñas de investigación en colaboración con empresas. De xeito paralelo, este fortalecemento dos recursos dispoñibles pretende mellorar a capacidade dos centros para atraer e reter talento investigador.

b) Co novo apoio ás infraestruturas tecnolóxicas, o obxectivo é mellorar as actividades de transferencia dos centros e ofrecer ao tecido produtivo, especialmente ás pemes, servizos necesarios de experimentación e proba que lles permitan poñer no mercado produtos e servizos innovadores en liña coa Axenda Europea de Innovación.

Este esquema de axudas defínese, ademais, para ser eficaz e eficiente:

– Eficiente: as infraestruturas apoiadas deberán procurar non solaparse con recursos actuais do ecosistema galego de Innovación. Ademais, para fomentar as sinerxías e complementariedades cos recursos xa existentes e cos novos que se soliciten, nestas axudas permítese a presentación de solicitudes coordinadas entre varios centros e valoraranse de xeito especial as sinerxías das propostas con recursos xa dispoñibles doutros axentes, como as universidades.

Por outra banda, os investimentos apoiados deberán integrarse no mapa de infraestruturas estratéxicas (Innovarede) que está articulando a Axencia Galega de Innovación, unha plataforma que servirá de inventario e ferramenta estratéxica para poñer en valor as capacidades singulares do ecosistema galego de innovación.

– Eficaz: estas axudas están orientadas a resultados, e este enfoque intégrase:

a) Na selección, na cal o impacto potencial das infraestruturas solicitadas conta cun peso específico importante nos criterios de valoración.

b) Na súa execución, onde se terán en conta indicadores de resultado e de impacto.

Dentro do enfoque responsable que se integra nestas axudas estaría incluída a sustentabilidade das infraestruturas que deben respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio «Do no significant harm»-DNSH) para seren financiables. Estas bases reguladoras defínense ao abeiro do artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060, que implica que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852: mitigación do cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, transición cara a unha economía circular, prevención e control da contaminación, e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

En canto ao ámbito normativo autonómico en que se articulan estas axudas, o Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación (en diante, Axencia) e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas e o apoio e impulso ao crecemento e á competitividade das empresas galegas a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.

Por outra banda, o Consello da Xunta de Galicia adoptou, o 8 de abril de 2022, o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027. Esta estratexia define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma de Galicia para este período. O Plan galego de investigación e innovación 2022-2024 concreta, desde un punto de vista operativo, este marco estratéxico.

Esta nova RIS3 para o período 2021-2027 aborda, a través da I+D+i, tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, a estratexia, por unha banda, orienta as capacidades e os esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais e, por outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco obxectivos estratéxicos arredor dos cales articula os instrumentos e as actuacións que se van desenvolver integrados nos correspondentes programas.

En concreto, o seu obxectivo estratéxico 1 busca consolidar unha oferta de investigación e innovación avanzada, integrada, ordenada e aliñada coa especialización de Galicia. Inclúe, entre os seus desafíos concretos, fortalecer os recursos para unha investigación de calidade e impacto, así como a súa orientación ao mercado. No marco deste obxectivo estratéxico da RIS3, o Programa Integra do Plan galego de investigación e innovación 2022-2024, a través do cal se articula, recolle entre as súas actuacións unha destinada ao apoio ás infraestruturas e ao equipamento dos centros de xeración de coñecemento, que se desenvolve a través desta convocatoria.

Estas axudas fortalecerán a capacidade dos centros tecnolóxicos galegos nos ámbitos prioritarios da RIS3 de xeito transversal, respondendo aos seus tres retos e tres prioridades. Nestes ámbitos Galicia conta con potencial para xerar vantaxes competitivas sobre as cales asentar un modelo de crecemento económico e social, intelixente e sustentable.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e axustarase ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.

Tendo en conta todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o fortalecemento dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio a investimentos para a creación e mellora de infraestruturas de investigación e de apoio á experimentación.

Esta mellora das súas capacidades estará orientada a facilitar o seu crecemento potenciando a súa excelencia no ámbito internacional e a reforzar as súas actividades de transferencia cara ao tecido produtivo, especialmente no caso de pemes.

Estes apoios defínense na procura da máxima eficiencia e eficacia do financiamento público e, por este motivo, as infraestruturas solicitadas deberán:

– Estar orientadas á xeración de capacidades nos ámbitos estratéxicos da RIS3 galega 2021-2027 nos cales, polo tanto, Galicia ten potencial para acadar vantaxes competitivas.

– Potenciar un uso eficiente dos recursos, evitando solapamentos con infraestruturas xa existentes e fomentando sinerxías entre elas, a través da integración destes investimentos no mapa de investimentos estratéxicos (Innovarede).

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, as ditas axudas para o ano 2024 (código de procedemento IN607E), susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027 (obxectivo específico 1.1), consonte o establecido nos artigos 26 e 26.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Artigo 2. Definicións

1. Investigación industrial: investigación planificada ou os estudos críticos destinados a adquirir novos coñecementos e aptitudes para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou encamiñados a acadar unha mellora significativa dos produtos, procesos ou servizos existentes, incluíndo os produtos, procesos ou servizos dixitais, en calquera ámbito, tecnoloxía, industria ou sector (incluídas, aínda que non exclusivamente, as industrias e as tecnoloxías dixitais, como a supercomputación, as tecnoloxías cuánticas, as tecnoloxías de cadeas de bloques, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os macrodatos e as tecnoloxías na nube).

A investigación industrial inclúe a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nun contorno de laboratorio ou nun contorno con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando for necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

2. Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e capacidades científicas, tecnolóxicas, empresariais e doutros tipos existentes, co obxectivo de desenvolver produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, incluídos os produtos, procesos ou servizos dixitais, en calquera ámbito, tecnoloxía, industria ou sector (incluídas, aínda que non exclusivamente, as industrias e tecnoloxías dixitais, como a supercomputación, as tecnoloxías cuánticas, as tecnoloxías de cadeas de bloques, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os macrodatos e as tecnoloxías na nube ou periférica). Así mesmo, poderá incluír actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos ou servizos.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados en contornos representativos de condicións reais de funcionamento, cando o obxectivo principal sexa achegar melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente fixados. Poderá incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que se poidan utilizar comercialmente cando sexa necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda que esas modificacións poidan representar melloras daqueles.

3. Investigación aplicada: a investigación industrial, o desenvolvemento experimental ou calquera combinación de ambos.

4. Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado, incluíndo cambios significativos en técnicas, equipos ou programas informáticos, no nivel da empresa (no nivel de grupo no sector industrial dado no Espazo Económico Europeo (EEE), por exemplo, mediante a utilización de tecnoloxías ou solucións dixitais novas ou innovadoras. Quedan excluídos desta definición os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos, e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

5. Persoal altamente cualificado: o persoal que posúe un título de ensino superior e un mínimo de cinco (5) anos de experiencia profesional pertinente, que poderá incluír a formación de doutoramento.

6. Servizos de apoio á innovación: a subministración de locais, bases de datos, servizos na nube e servizos de almacenamento de datos, bibliotecas, investigación de mercados, laboratorios, etiquetaxe de calidade, ensaio, experimentación e certificación e outros servizos relacionados, incluídos os servizos prestados por organismos de investigación e difusión de coñecementos, infraestruturas de investigación e infraestruturas de ensaio e experimentación ou agrupacións de innovación, co fin de desenvolver produtos, procesos ou servizos máis eficaces ou tecnoloxicamente avanzados, incluíndo a aplicación de tecnoloxías e solucións innovadoras (incluídas as tecnoloxías e as solucións dixitais).

7. Activos inmateriais: activos que non teñen unha materialización física ou financeira, como as patentes, as licenzas, os coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual.

8. Activos materiais: os activos consistentes en terreos, edificios e instalacións, maquinaria e equipos.

9. Infraestrutura de investigación: as instalacións, os recursos e os servizos afíns utilizados pola comunidade científica para levar a cabo investigacións no seu sector respectivo. Esta definición abrangue os bens de equipo ou instrumental científicos; os recursos baseados no coñecemento, como coleccións, arquivos ou información científica estruturada; infraestruturas de carácter instrumental baseadas en tecnoloxías da información e a comunicación, como rede, computación, programas informáticos e comunicacións, ou calquera outra entidade de carácter único necesaria para levar a cabo a investigación; estas infraestruturas poderán encontrarse nun só lugar ou estar descentralizadas («rede organizada de recursos»).

10. Infraestrutura de ensaio e experimentación: as instalacións, os equipos, as capacidades e os recursos, como os bancos de probas, as liñas piloto, os demostradores, as instalacións de ensaio ou os laboratorios viventes, e os servizos de apoio conexos cuxos usuarios son principalmente empresas, sobre todo pemes, que buscan apoio para o ensaio e a experimentación con vistas ao desenvolvemento de produtos, procesos e servizos, novos ou mellorados, para probar e expandir tecnoloxías, para progresar a través da investigación industrial e o desenvolvemento experimental. O acceso a infraestruturas de ensaio e experimentación financiadas con fondos públicos está aberto a varios usuarios e ten que concederse de xeito transparente e non discriminatorio e en condicións de mercado. As infraestruturas de ensaio e experimentación denomínanse tamén ás veces «infraestruturas tecnolóxicas».

11. Unidade: conxunto dos diferentes activos materiais e inmateriais incluídos nunha mesma solicitude que, segundo a finalidade a que vaian ser destinados (tendo en conta as definicións dos números 9 e 10), sexan considerados unha infraestrutura de investigación ou unha infraestrutura de ensaio e experimentación. Poderán formar parte dunha mesma solicitude varias unidades sempre que, tanto a infraestrutura de I+D como a tecnolóxica que formen parte da solicitude, estean relacionadas e sexan complementarias entre si.

12. Transferencia de coñecementos: todo proceso destinado a adquirir, recadar e compartir coñecementos expresos e tácitos, incluídas técnicas e competencias en actividades económicas e non económicas, como colaboracións en investigación, consultoría, concesión de licenzas, creación de empresas derivadas, publicación e mobilidade de investigadores e persoal doutro tipo que participe nesas actividades. Ademais de coñecementos científicos e tecnolóxicos, inclúe outros, como coñecementos do uso de normas e regulamentos que os incorporan e de contornos de condicións reais de funcionamento e métodos de innovación en materia de organización, así como xestión de coñecementos relacionados coa constatación, adquisición, protección, defensa e explotación de activos inmateriais.

13. Actividade económica: a oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado, con independencia da forma xurídica da entidade (constituída conforme dereito público ou privado) ou da súa forma de financiamento. Para estes efectos, a finalidade da entidade (con ou sen ánimo de lucro) non é relevante.

14. Actividades non económicas dos organismos de investigación e das infraestruturas de investigación: segundo o disposto no Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01), son aquelas actividades que non consisten na oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado, incluíndo:

1) As actividades primarias dos organismos de investigación e infraestruturas de investigación, en particular:

– A formación para lograr máis e mellor persoal cualificado.

– A realización de I+D independente para mellorar os coñecementos e a comprensión cando o organismo de investigación emprenda unha colaboración efectiva.

– A ampla difusión de resultados das investigacións de forma non discriminatoria e non exclusiva.

2) As actividades de transferencia de coñecemento, cando son levadas a cabo polo organismo de investigación ou a infraestrutura de investigación (incluídos o seus departamentos ou filiais), ou conxuntamente con outras entidades ou por conta das ditas entidades, e cando todos os beneficios destas actividades se reinvistan nas actividades primarias do organismo de investigación ou a infraestrutura de investigación. O carácter non económico destas actividades de transferencia non se ve afectado polo feito de contratar con terceiros a prestación dos servizos correspondentes mediante licitación pública.

Cando un organismo de investigación ou unha infraestrutura de investigación se utilice á vez para actividades económicas e non económicas, o financiamento público unicamente entra no ámbito de aplicación das normas sobre axudas estatais na medida en que cubra custos relacionados con actividades económicas. Nos casos en que o organismo ou a infraestrutura de investigación se utilice case exclusivamente para unha actividade non económica, o seu financiamento pode quedar totalmente fóra do ámbito de aplicación das normas sobre axudas estatais coa condición de que a explotación económica siga sendo de carácter puramente accesorio, é dicir, que corresponda a unha actividade que estea directamente relacionada co funcionamento do organismo ou infraestrutura de investigación e sexa necesaria para o dito funcionamento, ou que estea intrinsecamente vinculada ao seu uso principal non económico, e que teña un ámbito de aplicación limitado. Considérase que isto é así cando as actividades económicas consuman exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas, e a capacidade asignada cada ano ás ditas actividades económicas non supere o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

15. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

16. Pequenas e medianas empresas (pemes): segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considérase pequena empresa a que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos, deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

17. Grande empresa: toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

18. Entidade vinculada: son empresas vinculadas, segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, aquelas empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presúmese que non existe influencia dominante cando os investidores enunciados no artigo 3.2 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 non teñen implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

Consideraranse tamén vinculadas as empresas que manteñan calquera das relacións previstas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra/s empresa/s, ou cos investidores enumerados no número 2 do mesmo artigo.

Así mesmo, consideraranse empresas vinculadas as que manteñan algunha das ditas relacións a través dunha persoa física ou dun grupo de persoas físicas que actúen de común acordo se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte dela no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos. Considérase mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.

19. Empresa en crise: segundo o Regulamento (UE) nº 651/2014 (artigo 2, número 18) unha empresa na cal concorra, polo menos, unha das seguintes circunstancias:

a) Se se trata dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade), cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas; é o que acontece cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito. Por «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva do Consello 2013/34/UE, do Parlamento Europeo, e por «capital social» inclúese, cando proceda, toda prima de emisión.

b) Se se trata dunha sociedade en que polo menos algúns dos seus socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade), cando desaparecese por perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade. Por «sociedade en que polo menos algúns dos seus socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE.

c) Cando a empresa se encontre nun procedemento de quebra ou insolvencia, ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o préstamo ou puxese fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación.

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha peme, cando durante os dous exercicios anteriores:

1º. O cociente débeda/capital da empresa fose superior a 7,5.

2º. O cociente de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, se situase por debaixo de 1,0.

20. Organismo de investigación e difusión de coñecementos ou organismo de investigación: toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación), independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou a súa forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental, ou difundir amplamente os seus resultados mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de tecnoloxía. Cando a dita entidade desenvolva tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos respectivos deberán consignarse por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades en calidade, por exemplo de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados da investigación que xeren as entidades.

21. Efecto incentivador: de acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, considérase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo da actuación para a cal se solicita a axuda.

22. Inicio dos traballos: ben inicio dos traballos de construción no investimento, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior. A compra de terreos e os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran o inicio dos traballos.

23. Reto da RIS3: cada un dos tres grandes retos estratéxicos de natureza económica e social da sociedade galega, identificados a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, que a RIS3 aborda a través da I+D+i co obxectivo de acadar un impacto transformador sobre a economía e a sociedade galega. Os retos son:

– Reto 1: Modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación.

Modernización dos sectores primarios galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e o rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, agrarias, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

– Reto 2: Un modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento.

Incrementar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia a través das tecnoloxías facilitadoras esenciais e a evolución das cadeas de valor.

– Reto 3: Un modelo de vida saudable e baseado no envellecemento activo da poboación. Posicionar Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable e de envellecemento activo.

24. Prioridade da RIS3: cada unha das tres grandes temáticas transversais identificadas a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, cara ás cales a RIS3 orienta as capacidades e os esforzos do ecosistema galego de innovación para responder aos tres grandes retos estratéxicos. As prioridades, polo seu carácter horizontal, teñen incidencia en todas as cadeas de valor e favorecen a colaboración entre sectores e as diferentes áreas de coñecemento e tecnolóxicas, constituíndo unha oportunidade de desenvolver novas cadeas de valor e novos mercados. Así mesmo, están plenamente aliñadas coas prioridades da Unión Europea e do Estado español. As prioridades son:

– Prioridade 1: Desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando, ademais, oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables, competitivos internacionalmente, e mellorando o benestar das persoas.

– Prioridade 2: Apoio á dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

– Prioridade 3: Orientación dos esforzos en I+D+i cara ás necesidades e ao benestar das persoas e consolidación de Galicia como un contorno de referencia mundial para o desenvolvemento e a testaxe de novas oportunidades e solucións científico-tecnolóxicas e empresariais dirixidas a elas.

25. Ámbito de priorización da RIS3 (véxase anexo IV): para precisar de forma máis detallada como cada prioridade aborda os tres retos, a RIS3 selecciona 29 temáticas máis delimitadas, denominadas ámbitos de priorización, que concretan e detallan o perfil de especialización para Galicia e nos cales se focalizan os investimentos e esforzos da estratexia.

Estes ámbitos de priorización caracterízanse pola súa transversalidade sectorial, abrindo oportunidades a diferentes cadeas de valor, así como novas formas de colaboración entre elas, no nivel tanto de mercados como de tecnoloxías ou procesos. Os ámbitos de priorización definíronse cos axentes da cuádrupla hélice durante o proceso de descubrimento emprendedor na fase de elaboración da RIS3.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia validamente inscritos, no momento da presentación da solicitude, no Rexistro Estatal de Centros regulado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro.

2. Consonte o establecido no artigo 2.83 do Regulamento (UE) nº 651/2014, cando un destes centros leve a cabo actividades económicas (oferta de produtos ou servizos nun determinado mercado), ademais das actividades non económicas ligadas ás súas actividades primarias como organismo de investigación e de difusión de coñecemento, o financiamento, os custos e os ingresos desas actividades deberán contabilizarse por separado.

Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xeren.

3. Non poderán acceder á condición de entidades beneficiarias os centros en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, ou estean en crise.

A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

Artigo 4. Actividades subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos, activos materiais e inmateriais, destinados á creación e mellora de infraestruturas de investigación ou infraestruturas tecnolóxicas no marco dos ámbitos de priorización da Estratexia RIS3 2021-2027. Cada tipo de infraestrutura deberá axustarse á definición específica incluída no artigo 2 anterior.

Ademais da adquisición de equipamento científico-tecnolóxico, serán subvencionables os investimentos en terreos, edificios ou instalacións para a construción, reforma ou adaptación das instalacións das infraestruturas. Non se considerarán financiables aquelas actuacións que non inclúan a adquisición de equipamento ademais destes outros tipos de investimentos. O investimento en equipamento deberá ser, como mínimo, o 30 % do orzamento total solicitado. No artigo 9 descríbense con detalle os activos materiais e inmateriais subvencionables.

2. As infraestruturas de investigación deben dedicarse a proxectos de investigación aplicada e orientaranse ao desenvolvemento de actividades de I+D independentes do centro, ou en colaboración con empresas, na procura da mellora da súa excelencia nun contexto internacional. Poderán desenvolver actividades económicas e non económicas, pero é imprescindible que o financiamento, os custos e os ingresos de cada tipo de actividade os consigne o centro de xeito separado, sobre a base de principios de contabilidade de custos aplicados con coherencia e xustificables de maneira obxectiva. Na solicitude será preciso incluír a porcentaxe que se dedicará a cada tipo de actividade.

O prezo que se cobre polo funcionamento ou a utilización deste tipo de infraestruturas de investigación deberá corresponder ao prezo de mercado.

As infraestruturas de investigación centraranse en TRL (Technology Readiness Levels/Niveis de madurez da tecnoloxía) propios da investigación industrial e/ou o desenvolvemento experimental.

3. As infraestruturas de ensaio e experimentación (tamén chamadas infraestruturas tecnolóxicas) estarán enfocadas ás actividades de transferencia do centro, prestando servizos innovadores de ensaio e experimentación para apoiar ao tecido empresarial, especialmente ás pemes, na posta no mercado das súas innovacións. Utilizaranse predominantemente para actividades económicas non será preciso levar un control do financiamento, custos e ingresos no caso de utilizarse tamén para actividades de tipo non económico, o que si é necesario no caso das infraestruturas de investigación.

O prezo que se cobre polo funcionamento ou a utilización deste tipo de infraestruturas tecnolóxicas deberá corresponder ao prezo de mercado ou reflectirá os custos máis unha marxe razoable cando non se dispoña do prezo de mercado.

As infraestruturas tecnolóxicas estarán orientadas a TRL (Technology Readiness Levels/Niveis de madurez da tecnoloxía) máis altos que as infraestruturas de investigación, ao destinarse a actividades de ensaio e experimentación de novos produtos, procesos ou servizos.

4. Ambos os tipos de infraestruturas serán complementarios, de xeito que se poden incluír nunha mesma solicitude varias unidades. Tal e como se recolle no artigo 2, unha unidade agrupa os diferentes activos materiais e inmateriais que poden ser considerados elementos dun dos dous tipos de infraestruturas subvencionables. Deste xeito, cada unidade deberá clasificarse como infraestrutura de investigación ou como infraestrutura tecnolóxica e cumprir os requisitos e as condicións aplicables a cada unha delas.

Os activos vinculados a unha infraestrutura de investigación serán considerados a unidade 1 da solicitude e aqueles activos que formen parte dunha infraestrutura tecnolóxica serán a unidade 2 (véxase anexo I). Cada centro integrará na súa solicitude aquelas unidades que precise: unidade 1, unidade 2 ou ambas, segundo os activos para os cales solicite a axuda. Todas as unidades incluídas nunha mesma solicitude deberán estar relacionadas entre si e ser complementarias.

Un mesmo centro poderá presentar varias solicitudes.

5. O orzamento subvencionable de cada solicitude non pode ser inferior a 450.000 € nin superior a 8.000.000 € (imposto sobre o valor engadido (IVE) non incluído).

Artigo 5. Requisitos das infraestruturas apoiadas

1. Deberán ser infraestruturas orientadas á mellora da excelencia dos centros e das súas actividades de transferencia e apoio ás pemes nos ámbitos de prioridade da RIS3 Galicia (anexo IV), para fortalecer o posicionamento do ecosistema galego de innovación neles.

2. As infraestruturas deberán orientarse á obtención de resultados en termos de excelencia e transferencia, de xeito que con cada solicitude se deberá achegar un plan de explotación adaptado ao tipo de infraestruturas que se solicitan. A través do plan comprobarase a sustentabilidade financeira das infraestruturas e permitirá, ademais, calcular o impacto potencial das infraestruturas solicitadas no ecosistema galego de innovación.

3. As infraestruturas deberán ser técnica, económica e financeiramente viables.

A Axencia Galega de Innovación comprobará o carácter estratéxico das infraestruturas solicitadas e a súa viabilidade técnica, así como que o centro conte coa capacidade suficiente para cubrir os custos de funcionamento e mantemento (viabilidade financeira) a través da memoria e do plan de explotación que se debe achegar coa solicitude (artigo 13.1.b).

4. O acceso, tanto ás infraestruturas de investigación como ás tecnolóxicas, estará aberto a varios usuarios de xeito transparente e non discriminatorio.

As empresas que financien, polo menos, un 10 % dos custos de investimento destas infraestruturas poderán beneficiarse dun acceso preferente en condicións máis favorables. Co fin de evitar unha compensación excesiva, o dito acceso será proporcional á súa contribución e as condicións faranse públicas.

5. As infraestruturas apoiadas deben cumprir os requisitos do artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, relativos ao efecto incentivador. As axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do inicio da actividade e a axuda cambia o comportamento da entidade de tal maneira que esta emprende actividades complementarias que non realizaría, ou que, sen a axuda, realizaría dunha maneira limitada ou diferente.

Considérase que as axudas ad hoc concedidas a grandes empresas teñen un efecto incentivador se, ademais de garantir que as actividades da proposta non comezaron antes da presentación da solicitude, a empresa solicitante acredita na memoria técnica que a axuda terá como resultado un aumento substancial do alcance das actividades ou, grazas a ela, un aumento substancial do importe total investido polo/a beneficiario/a nas actividades, ou unha aceleración substancial do seu ritmo de execución.

Entenderase que a actividade comezou co primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes da infraestrutura solicitada, ou outro compromiso que faga o investimento irreversible se esta data é anterior ao inicio da actividade. Considerarase que existe un compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre ambas as partes, ou a existencia dun pedido para calquera dos investimentos solicitados.

Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

6. O período ou máximo prazo de execución dos investimentos subvencionables ao abeiro desta convocatoria abranguerá desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar o 30 de setembro de 2026.

7. Os investimentos deberán ser realizados na Comunidade Autónoma de Galicia e incorporarse a un centro de traballo permanente e legalmente constituído nesta comunidade autónoma.

8. No caso de infraestruturas de investigación que desenvolvan actividades económicas e non económicas, deberanse consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.

9. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados (Regulamento de disposicións comúns; en diante, RDC), todas as infraestruturas financiadas ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés: Do no significant harm).

En atención ao considerando 10 do RDC, o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixan os obxectivos ambientais que cómpre protexer.

1. Mitigación do cambio climático.

2. Adaptación ao cambio climático.

3. Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

4. Transición para unha economía circular.

5. Prevención e control da contaminación.

6. Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

10. Ademais do principio DNSH, as infraestruturas deberán respectar o resto dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC; en particular:

– Garantir o respecto dos dereitos fundamentais e a conformidade coa Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.

– Velar por que se promova a igualdade entre homes e mulleres e a integración da perspectiva de xénero.

– Respectar a normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade.

– Ter en conta medidas favorecedoras da accesibilidade, e cumprir toda a normativa sobre accesibilidade para persoas con discapacidade que sexa de aplicación segundo o tipo de investimento solicitado.

Artigo 6. Modalidades de participación

As solicitudes serán individuais e un mesmo centro poderá solicitar máis dunha axuda.

Co obxectivo de fomentar o traballo en rede, as solicitudes de dous ou máis centros poderanse formular como solicitudes coordinadas se presentan sinerxías e complementariedades entre elas. Este tipo de solicitudes non implica unha solicitude común. Cada centro deberá presentar a súa solicitude de xeito individual, pero ambas as solicitudes estarán ligadas por un acrónimo de coordinación común que deberá ser indicado por cada solicitante na súa proposta.

Esta coordinación só terá efectos na avaliación segundo os criterios recollidos no artigo 22.

Artigo 7. Prazo das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 8. Financiamento e concorrencia

1. As subvencións financiaranse con cargo ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación, á aplicación orzamentaria sinalada neste artigo, de conformidade co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, e se condicionan a concesión destas subvencións á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de adxudicación, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitudes que resulte da aplicación dos criterios de valoración.

Entidades beneficiarias

Aplicación

orzamentaria

2024

2025

2026

Total

Organismos de investigación

09.A2.561A.781.0

2023.00003

5.933.574 €

3.266.426 €

800.000 €

10.000.000 €

2. A distribución dos fondos entre as anualidades é unha previsión que se deberá axustar tras a valoración das solicitudes de axuda. Con este fin, poderá traspasarse crédito entre as distintas anualidades sen que supoña un incremento do orzamento total.

3. As axudas desta convocatoria serán susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027; obxectivo político OP1 «Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación; prioridade P1A «Transición dixital e intelixente»; obxectivo específico: RSO 1.1. «Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas»; liña de actuación 1.1.01. «Mellora das capacidades dos centros de I+D+i».

Esta convocatoria é susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. A taxa susceptible de cofinanciamento pola Unión Europea é do 60 % e o 40 % restante compútase como investimento privado elixible das entidades beneficiarias.

Artigo 9. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvención. A contía individualizada determinarase en función do custo subvencionable da actuación e das dispoñibilidades orzamentarias, respectando sempre os límites de intensidade previstos nos artigos 26 e 26.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014:

Tipo de infraestrutura

Intensidade máxima

Infraestrutura de investigación

50 %

Infraestrutura de ensaio e experimentación (infraestrutura tecnolóxica)*

Pequena

empresa

Mediana empresa

Grande

empresa

Límites de intensidades xerais para infraestruturas de ensaio e experimentación

45 %

35 %

25 %

No caso en que, polo menos, o 80 % da capacidade anual da infraestrutura tecnolóxica se asigne a pemes**

50 %

40 %

30 %

*No caso das infraestruturas tecnolóxicas, os centros tecnolóxicos serán considerados como empresas na medida en que desenvolven actividades económicas.

**Segundo o artigo 26.bis do Regulamento (UE) nº 651/2014, a intensidade máxima de axuda no caso das infraestruturas tecnolóxicas poderá incrementarse en 5 puntos porcentuais se dedican, polo menos, o 80 % da súa capacidade anual a ofrecer servizos a pemes.

2. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación aos centros ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos, para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público, nacional ou internacional.

3. Ningunha entidade poderá recibir unha axuda ao abeiro desta convocatoria por un importe superior a 4.000.000 millóns de euros. Este límite máximo é independente do número de axudas concedidas.

Artigo 10. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Os solicitantes presentarán o anexo I (solicitude) xunto coa documentación recollida no artigo 13.

No caso de solicitudes coordinadas de diferentes centros, será preciso que isto se indique no anexo I e se lle asigne un acrónimo común a ambas as solicitudes no espazo xa previsto no formulario. Este campo común permitirá ligar ambas as solicitudes coordinadas e ter en conta este feito na súa valoración.

A coordinación con infraestruturas doutros axentes do ecosistema galego de innovación xa existentes xustificarase na memoria que se debe achegar coa solicitude.

2. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

5. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables relativas á entidade solicitante:

a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nesta resolución.

c) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na dita declaración no momento en que se produza.

e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

f) Declaración responsable de non estar en crise, conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

g) Declaración responsable de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

h) Declaración responsable de que os investimentos serán realizados en Galicia que se incorporarán a un centro de traballo permanente e legalmente constituído nesta comunidade autónoma.

i) Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao inicio da actividade para a cal se solicita (efecto incentivador).

l) Declaración responsable de que o solicitante sabe que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.

m) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da actuación para a cal solicita a axuda.

n) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

ñ) Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 RDC).

o) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

p) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade, e que se compromete a presentar todas as licenzas, autorizacións e permisos necesarios para o desenvolvemento da actuación.

q) Declaración responsable de que o proxecto solicitado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientais sustentables.

r) Declaración responsable do cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

s) Declaración responsable de que se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.

t) Declaración responsable de que as infraestruturas singulares que se financien no marco destas axudas se integrarán na plataforma Innovarede e cumprirán os requisitos en materia de información ou doutro tipo que esta inscrición implique.

u) Declaración responsable de que se compromete a garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco (5) anos, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060. Para iso deberá ter en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027.

v) Declaración responsable de que dispoñerá dunha contabilidade separada, que permita distinguir con claridade entre os custos e os ingresos das actividades económicas e non económicas, e que se consignarán de xeito separado, só no caso de solicitar axuda para unha infraestrutura de investigación que levarán a cabo ambos os tipos de actividades.

Artigo 11. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables os que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o seu desenvolvemento. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Para a anualidade 2024 só se admitirán os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de execución de gasto establecida no artigo 28 desta resolución.

Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución de gasto da anualidade anterior e a data límite de execución de gasto da anualidade corrente.

3. Conforme os artigos 26 e 26 bis do Regulamento UE nº 651/2014 (en diante, RXEC), son custos subvencionables os seguintes investimentos vinculados ás infraestruturas de investigación ou infraestruturas tecnolóxicas:

a) Activos materiais:

– Obra civil necesaria para o desenvolvemento das actividades de I+D+i ou para a construción ou operatividade das infraestruturas solicitadas.

É preciso que se leve a cabo en terreos propiedade do solicitante ou sobre os cales teña un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar cunha vixencia mínima de cinco (5) anos, contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

– Adquisición de terreos e bens inmobles.

A adquisición de terreos non pode exceder o 10 % do gasto total subvencionable da infraestrutura solicitada. Este límite non será de aplicación no caso de adquisición de edificacións xa existentes para seren rehabilitadas e postas en uso para un novo propósito, de modo que o terreo en que estas se asentan non constitúa o elemento principal da adquisición. Isto non se poderá considerar así cando o valor de mercado do terreo exceda o valor de mercado da edificación no momento da compra.

Non será subvencionable a adquisición de terreos e bens inmobles:

– Por un prezo superior ao valor de mercado no momento da adquisición.

– Que pertenzan ou pertencesen durante o período de elixibilidade ao centro tecnolóxico solicitante ou a outro organismo ou entidade directa o indirectamente vinculado ou relacionado con el.

A non superación do prezo de mercado acreditarase na xustificación mediante certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial ou un organismo público debidamente autorizado.

– Investimentos en edificación e/ou instalacións para a construción, reforma ou acondicionamento de inmobles.

No caso de custos de reformas e construción de instalacións levadas a cabo en bens inmobles que non son propiedade do solicitante, será preciso que a concesión administrativa ou o dereito de explotación similar teña unha vixencia mínima de cinco (5) anos contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

– Adquisición de equipamento científico-técnico ou doutros recursos, incluíndo as actividades de montaxe, transporte, instalación e posta en funcionamento.

Para os efectos desta convocatoria, enténdese por equipamento científico-técnico o conxunto de medios físicos (equipos ou instrumentos) con autonomía para o seu funcionamento, necesarios para a realización de actividades de I+D+i, que inclúa os accesorios ou aparellos auxiliares que se requiran para que sexa plenamente funcional. Pode consistir nun único equipo ou instrumento, ou ben nun conxunto de equipos e instrumentos para a dotación dun espazo único. Tamén estarían incluídos os equipamentos baseados en tecnoloxías da información e a comunicación.

O equipamento adquirido deberá ser novo, de última xeración, altamente especializado e non ter sido obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

b) Activos inmateriais:

Custos de adquisición de activos intanxibles relacionados directamente coas infraestruturas, como patentes ou licenzas ou outros dereitos de propiedade intelectual.

Estarían incluídas as licenzas de programa de ordenador de carácter técnico, non de uso xeral, que posibiliten a utilización adecuada do equipamento científico-técnico solicitado.

4. No caso de arrendamentos ou nos casos anteriores en que se permite que a propiedade sexa substituída por un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar, a súa vixencia mínima deberá ser de cinco (5) anos (contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura).

No caso de adquirilos mediante fórmulas de pagamento aprazado, os bens deberán pasar a ser de propiedade plena da entidade beneficiaria antes do remate do prazo de execución da axuda, e neste momento deberá constar o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

No caso de leasing será preciso:

a) Un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao finalizar o contrato de leasing.

b) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar posteriormente á data de presentación da solicitude da subvención. Só se poderán imputar as cotas pagadas dentro do período de execución de cada anualidade.

Non serán gastos subvencionables a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, os gastos xerais e os gastos de seguro.

5. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da axuda concedida, estes aspectos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007.

6. No caso de gastos subvencionables en moeda distinta do euro, será preciso que se convertan a este tipo de cambio na data da factura ou documento xustificativo.

7. Non se considerarán custos subvencionables:

– O mobiliario de oficina.

– O material funxible.

– Os custos de mantemento e reparación.

– Os equipamentos de segunda man.

– Os seguros de construcións e/ou equipamentos.

– As garantías das construcións e/ou equipamentos que non estean incluídas nos prezos de adquisición.

– O material bibliográfico, gastos de subscrición a publicacións ou acceso a bases de datos.

– Os gastos de formación que non estean incluídos no prezo de adquisición do equipamento.

– Os custos indirectos.

– O imposto sobre o valor engadido (IVE), así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional.

Artigo 12 Ofertas

1. Conforme o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, a adquisición do ben ou a contratación da execución da obra, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Esta excepción deberá xustificarse.

A elección entre as ofertas presentadas, que se deberán achegar na xustificación ou, de ser o caso, na solicitude da axuda, realizarase segundo criterios de eficiencia e economía, e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

As ofertas non serán necesarias no caso de terreos e bens inmobles cando se achegue certificado de taxador independente, debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial ou un organismo público debidamente autorizado, que acredite que non se superou o prezo de mercado.

2. As tres ofertas deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Ser comparables: deberán referirse ao mesmo concepto de gasto, contar con prestacións similares e incluír o detalle suficiente para que sexa posible a comparación entre elas. No anexo V inclúese un modelo resumo do contido e descrición que se vai seguir para a relación de ofertas presentadas.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin co centro solicitante.

c) Identificación de ofertante e destinatario: razón social, enderezo e o número ou código de identificación fiscal.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos, entre outros).

Non exime da obriga da solicitude de tres ofertas o feito de contar con provedores homologados, o feito de que se trate de provedores habituais ou a proximidade do provedor á entidade solicitante.

3. No caso de que algunha das entidades beneficiarias estea suxeita ao ámbito subxectivo de aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberá respectar a normativa de contratación pública na contratación da construción e/ou adquisición dos bens e servizos obxecto da axuda.

Artigo 13. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Documentación xurídico-administrativa:

1º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

2º. Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VI). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para verificar a condición de pequena, mediana ou grande empresa, que é un criterio determinante da intensidade da axuda no caso de infraestruturas tecnolóxicas segundo o artigo 9, e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

3º. Anexo de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo VII).

b) Documentación técnica:

1º. Memoria técnica segundo o índice recollido no anexo II (letra Arial 11 puntos. Extensión máxima 35 páxinas) que xustifique o carácter estratéxico dos investimentos solicitados, a súa viabilidade técnica e o investimento solicitado.

2º. Plan de explotación a cinco (5) anos como mínimo, desde a data de posta en marcha da infraestrutura, segundo o índice recollido no anexo III, que xustifique a viabilidade da proposta en termos financeiros e o seu impacto potencial. A través do plan de explotación xustificarase a sustentabilidade financeira da infraestrutura solicitada, na medida en que o centro conta coa capacidade necesaria para cubrir os seus custos de funcionamento e mantemento.

No plan de explotación deberán incluírse un conxunto de indicadores orientados á valoración do resultado e do potencial impacto tecnolóxico, económico e social da infraestrutura solicitada. Sempre que sexa posible, será preciso fixar un valor inicial en 2023 para cada indicador e actualizalo en cada anualidade e no momento da finalización da axuda. Calcularase o valor final para o ano 2030 e tamén o valor cinco (5) anos despois da posta en marcha das infraestruturas.

A finalidade destes indicadores é permitir a valoración do potencial impacto dos investimentos solicitados no nivel do centro e tamén do ecosistema galego de innovación.

No anexo III, xunto cos indicadores obrigatorios porque están ligados ao cofinanciamento da Unión Europea ou aos criterios de valoración, recóllese tamén unha relación de indicadores, a modo de exemplo, que non son de uso obrigatorio. Os indicadores propostos polo centro deben adaptarse ás especificidades da actuación solicitada.

Os indicadores do plan de explotación formarán parte do seguimento da axuda.

Estes indicadores poderanse utilizar como fonte para a avaliación do impacto desta convocatoria de axudas e tamén do conxunto de apoios concedidos pola Axencia Galega de Innovación aos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación. O obxectivo desta avaliación é poder acadar unha valoración global da eficacia e eficiencia das actuais liñas de apoio aos centros tecnolóxicos.

No plan de explotación incluirase, ademais, unha proposta para a difusión e comunicación dos investimentos solicitados, da cal formará parte a realización dunha xornada ou xornadas de demostración dirixidas ao ecosistema galego de innovación.

Nos eventos que teñan lugar deberá poñerse de manifesto o apoio da Unión Europea e da Axencia Galega de Innovación, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos de ambas as entidades en todos os materiais empregados. Todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf.

No caso de que nunha mesma solicitude se inclúan investimentos que non se asignen a un mesmo tipo de infraestrutura e que, polo tanto, formen parte de unidades distintas, isto deberá especificarse de xeito claro e terse en conta tanto na memoria como no plan de explotación.

3º. Memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH conforme o Regulamento (UE) 2020/852, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088, segundo se detalla no anexo VIII desta convocatoria.

4º. Descrición das ofertas presentadas segundo o modelo do anexo V e copia destas, de acordo co establecido no artigo 10 destas bases reguladoras, no caso de contar xa con elas.

5º. No caso de investimento en obra civil e edificacións, deberán achegar os seguintes planos:

– Localización dentro do termo municipal.

– Plano xeral acoutado das instalacións, no cal se diferencie a situación inicial da posterior ao investimento.

– Planos de distribución en planta, nos cales se aprecien os espazos da nova construción ou das reformas e a instalación dos novos bens de equipamento.

Ademais, tamén será preciso achegar:

– Documentación acreditativa da propiedade ou do dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación, cunha vixencia mínima de cinco (5) anos contados desde a data prevista de posta en marcha da infraestrutura, dos terreos nos cales se localizarán as novas edificacións ou dos bens inmobles que serán obxecto de reforma.

6º. Documentación que acredite a defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027. Con todo, se a entidade solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar a dita análise nesta fase inicial, poderá presentar a dita documentación na fase de xustificación, na cal o promotor deberá acreditar esta documentación e verificación da defensa da infraestrutura fronte ao cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto.

2. No caso de que nunha mesma solicitude se inclúan investimentos que non se asignen a un mesmo tipo de infraestrutura (de investigación ou tecnolóxica), deberán diferenciarse e formar parte de unidades distintas dentro da solicitude (unidade 1 ou unidade 2, respectivamente segundo se recolle no qanexo I). Todas as unidades incluídas nunha mesma solicitude deberán estar relacionadas e ser complementarias entre si.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente polo interesado ante calquera Administración. Para estes efectos, o interesado deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que deberán ser recadados electronicamente a través das redes corporativas ou dunha consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa do/da interesado/a.

De forma excepcional, se non se poden recadar os citados documentos, poderáselle solicitar novamente que os achegue ao/á interesado/a.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algún dos interesados presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo/a interesado/a, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberán indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 14. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que o/a interesado/a se opoña á súa consulta:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica, comprobarase o NIF desta.

d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que os interesados se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I), segundo corresponda, e achegar os ditos documentos.

Cando o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do interesado para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos interesados que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 15. Información e publicidade

A Axencia Galega de Innovación informará as entidades beneficiarias de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións que publicará nun sitio web a autoridade de xestión, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

Artigo 16. Transparencia e bo goberno

1. Deberán cumprirse as obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou a entidade a que se encontren vinculadas, das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 17. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que os interesados deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 18. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) No teléfono: 881 99 91 56 da dita axencia.

c) No correo electrónico axudas.gain@xunta.gal

d) Na Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo:

https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, o teléfono de información xeral da Xunta de Galicia é o 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

4. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia, e a resolución de concesión.

Artigo 19. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de se relacionar por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións prevista nesta resolución. Corresponderalle á directora da Axencia Galega de Innovación ditar a resolución de concesión.

2. Segundo o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou non lle xunta a da documentación exixida, requirirase o interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se considerará que desistiu da súa petición, logo da correspondente resolución.

Non se considerará emendable a falta de presentación ou a presentación fóra de prazo da seguinte documentación: a solicitude de axuda (anexo I), a memoria técnica, o plan de explotación e a memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH.

No caso de discrepancias entre o contido da memoria técnica, o plan de explotación e a solicitude (anexo I), atenderase sempre ao contido da solicitude.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento, e tamén para o seguimento e a avaliación da RIS3 de Galicia 2021-2027 en que se enmarcan estas axudas.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados e remitidos á Comisión de Selección.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

6. O feito de non se axustar aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 21. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria, por orde decrecente de puntuación acadada ata o esgotamento de crédito, de acordo coa valoración realizada por persoal experto atendendo aos criterios fixados no artigo 22. Emitirá un informe en que se concreten o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta.

No caso de solicitudes coordinadas en que unha delas non obteña a puntuación suficiente para ser subvencionada, a valoración da outra deberá ser revisada para corrixir a puntuación obtida no criterio de avaliación relacionado coas sinerxías e complementariedades con outros recursos.

2. A composición da Comisión de Selección será a seguinte:

a) Presidencia: un director ou directora de Área da Axencia Galega de Innovación ou persoa en quen delegue.

b) Secretaría: un funcionario ou funcionaria da Axencia Galega de Innovación.

c) Tres vogais designados pola directora da Axencia Galega de Innovación.

3. O informe que elabore a Comisión de Selección remitirase ao órgano instrutor.

4. As comisións que se poidan conformar ao abeiro deste artigo procurarán o principio de presenza equilibrada de mulleres e homes, conforme o disposto na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e o no artigo 4.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación. Enténdese por composición equilibrada a presenza de mulleres e homes de xeito que, no conxunto a que se refira, as persoas de cada sexo non superen o 60 % ni sexan menos do 40 %.

Artigo 22. Criterios de valoración

A valoración de cada proxecto presentado que reúna os requisitos realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo á capacidade do centro para desenvolver de xeito viable a proposta e o seu potencial impacto a nivel tecnolóxico, social e económico.

A distribución desta puntuación farase considerando os criterios de valoración que se indican a continuación, para os cales se terán en conta os datos que cada centro indique no anexo I da solicitude e no seu plan de explotación (anexo III).

A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar documentación xustificativa que acredite estes valores declarados. A falta de veracidade nestes datos recóllese entre os incumprimentos do artigo 33 e pode supoñer mesmo o reintegro da axuda, ao afectar a valoración outorgada á proposta solicitada. Os valores actuais que se integren no formulario deben ser con data do 31.12.2023.

Nas epígrafes marcadas cun (*), a valoración farase de xeito comparativo entre todas as solicitudes recibidas. Aquela solicitude que acade a maior valoración na epígrafe concreta recibirá a máxima puntuación segundo o límite máximo fixado. A puntuación do resto de solicitudes nesta epígrafe asignarase de xeito proporcional tendo en conta esta referencia.

1. Excelencia do centro (máximo 30 puntos).

1.1. Traxectoria investigadora e grao de internacionalización (máximo 10 puntos).

1.1.1. (*) Retorno, en termos de axuda, obtido no actual Programa marco Horizonte Europa da Unión Europea e no Programa H2020 (máximo 2,5 puntos).

1.1.2. (*) Retorno, en termos de axuda, obtido en convocatorias nacionais competitivas no período 2020-2023. A axuda deberá desagregarse para cada convocatoria (máximo 2,5 puntos).

1.1.3. (*) Número de proxectos internacionais de I+D con financiamento público, liderados polo centro no período 2020-2023. Debe achegarse o detalle destes proxectos para poder identificalos (máximo 2,5 puntos).

1.1.4. (*) Grao de mobilización de empresas (especialmente pemes):

– Orzamento dos proxectos de I+D con financiamento público executados en cooperación con empresas no período 2020-2023; distínguense:

– pemes (máximo 2 puntos).

– Non pemes (máximo 0,5 puntos).

Deberá achegarse o detalle destes proxectos para que poidan ser identificados.

1.2. Orientación á transferencia do centro (máximo 10 puntos).

1.2.1. (*) Ingresos acadados por actividades subcontratadas por empresas en proxectos de I+D+i no período 2020-2023. Distínguense:

– pemes (máximo 3 puntos).

– Grandes empresas (máximo 1 punto).

1.2.2. (*). Ingresos acadados pola realización de servizos tecnolóxicos a empresas no período 2020-2023. Distínguense:

– pemes (máximo 3 puntos).

– Grandes empresas (máximo 1 punto).

1.2.3. (*) Ingresos acadados pola cesión de licenzas ou venda de patentes/outros dereitos de propiedade industrial e intelectual no período 2020-2023 (máximo 2 puntos).

1.3. Capacidade técnica e económica (máximo 10 puntos).

1.3.1. (*) Talento: persoal altamente cualificado (segundo a definición do artigo 2.5) no cadro de persoal do centro na data de publicación da convocatoria (máximo 5 puntos).

1.3.2. (*) Cifra de negocios entre 2020-2023: debe deducirse o importe de calquera desconto, bonificacións e reducións e outros impostos relacionados con estas, e o IVE (máximo 5 puntos).

2. Implementación da proposta (máximo 40 puntos).

2.1. Carácter estratéxico da infraestrutura (máximo 25 puntos).

2.1.1. Claridade, viabilidade e ambición dos obxectivos vinculados aos novos investimentos (máximo 10 puntos).

2.1.2. Complementariedade das infraestruturas solicitadas cos recursos materiais (instalacións/equipamento científico-técnico) actuais do centro (máximo 5 puntos).

2.1.3. Sinerxías e complementariedades das infraestruturas solicitadas con outros recursos do ecosistema galego de innovación para o desenvolvemento dos ámbitos de priorización da RIS3 Galicia 2021-2027 (máximo 5 puntos).

2.1.4. Propostas coordinadas entre varios centros (máximo 5 puntos).

2.2. Plan de explotación proposto (máximo 15 puntos).

2.2.1. Valoración do plan de explotación: sustentabilidade e viabilidade financeira. Eficacia e eficiencia do modelo de xestión proposto para as infraestruturas solicitadas.

O plan de explotación deberá estar adaptado ao tipo ou tipos de infraestruturas solicitadas: de I+D ou tecnolóxicas (máximo 12,5 puntos).

2.2.2. Grado de apertura dos novos investimentos: metodoloxía de acceso ás infraestruturas para usuarios externos que se propón. Terase en conta especialmente a claridade dos requisitos de acceso e a facilidade para acceder ás novas infraestruturas (máximo 2,5 puntos).

3. Impacto (máximo 30 puntos):

3.1. Tecnolóxico (máximo 10 puntos).

3.1.1. (*) Incremento esperado (en porcentaxe) no retorno que se pretende acadar no Programa marco Horizonte Europa respecto ao obtido en H2020. Este incremento deberá entenderse en termos de axuda, xustificarse da forma máis obxectiva posible e ligarse ás novas infraestruturas solicitadas (máximo 1 punto).

3.1.2. Xustificación da mellora da capacidade do centro, vinculada ás novas infraestruturas solicitadas, para:

– Avanzar en liñas de I+D+i clave/críticas para o ecosistema galego de innovación, especialmente se están aliñadas coas prioridades europeas. Valorarase de xeito especial cando estas liñas se aborden en colaboración con empresas, especialmente se estas son pemes (máximo 4 puntos).

– Xustificación da mellora da capacidade do centro, vinculada ás novas infraestruturas solicitadas, para ofrecer ás empresas, especialmente pemes, servizos innovadores para a posta no mercado de novos produtos, procesos e servizos (máximo 4 puntos).

Estes servizos poderán consistir en diferentes opcións segundo as necesidades concretas de cada ámbito: sandbox, demostradores, espazos de experimentación ou testaxe, entre outras opcións, na medida en que dean resposta ás necesidades do ecosistema galego de innovación. Sempre que sexa posible, valorarase de xeito especial a utilización de procesos de co-creación que supoñan a integración de usuarios e produtores nestes espazos de experimentación.

3.1.3. (*) Incremento esperado (en porcentaxe):

– Na xeración de patentes e outros títulos de propiedade industrial e intelectual (máximo 0,5 puntos).

– Na constitución de novas EBT (empresas de base tecnolóxica) ou spin off (máximo 0,5 puntos).

Este incremento fixarase como obxectivo no ano 2030. Deberá xustificarse da forma máis obxectiva posible, ligándose ás novas infraestruturas solicitadas.

3.2. Económico (máximo 9 puntos).

3.2.1. (*) Incremento esperado no ano 2030 (en porcentaxe) nos ingresos do centro vinculados ás novas infraestruturas, a través de:

– Proxectos en colaboración de I+D+i con pemes (máximo 3,5 puntos).

– O desenvolvemento de novos servizos tecnolóxicos (máximo 3,5 puntos).

Cada un destes incrementos deberán xustificarse da forma máis obxectiva posible.

3.2.2. (*) Mellora do talento do centro esperado para 2030 vinculado ás novas infraestruturas: número de novos empregos directos vinculados coa explotación das novas infraestruturas. O valor que se achegue deberá xustificarse da forma máis obxectiva posible (máximo 2 puntos).

3.3. Social (máximo 9 puntos).

3.3.1. Igualdade (máximo 2 puntos):

– Xustificación da integración da perspectiva de xénero nas liñas de investigación e nos servizos vinculados ás novas infraestruturas para evitar nesgos (máximo 0,5 puntos).

– (*) Participación equilibrada de mulleres nos postos vinculados directamente á explotación das infraestruturas solicitadas (máximo 1,5 puntos).

3.3.2. Orientación das liñas de investigación e dos servizos das novas infraestruturas solicitadas á mellora da calidade de vida e a saúde da cidadanía (máximo 7 puntos):

– Orientación aos usuarios e a retos sociais das actividades das novas infraestruturas (máximo 2 puntos).

– Capacidade do plan de comunicación incluído no plan de explotación de chegar ás pemes e á sociedade. Enfoque eficiente das xornadas de demostración abertas (máximo 2 puntos).

– (*) Integración de persoas con diversidade funcional: novas contratacións do centro vinculadas á xestión das infraestruturas solicitadas que se realicen antes de que a axuda finalice (máximo 0,5 puntos).

– Aliñamento das liñas de investigación e servizos das novas infraestruturas co Pacto Verde (máximo 1,5 puntos).

– No caso de que a solicitude inclúa edificacións, na proposta valorarase o aliñamento cos valores da Nova Bauhaus Europea (máximo 1 punto).

– Sustentabilidade, considerando obxectivos climáticos, circularidade e contaminación cero.

– Inclusión, valorando a diversidade para garantir a accesibilidade.

– A estética e a calidade da experiencia para as persoas, mediante o deseño, as emocións positivas e os beneficios culturais.

– Ter en conta a participación no proceso e a visión das comunidades locais.

3.4. Relación de indicadores propostos polo centro no plan de explotación para a avaliación do impacto xerado polas novas infraestruturas solicitadas (máximo 2 puntos).

Estes indicadores deberán estar orientados á valoración do resultado e do impacto que se pretende acadar coas infraestruturas solicitadas, adaptándose ás singularidades das ditas infraestruturas.

Será preciso achegar valores para estes indicadores, sempre que sexa posible, en cada anualidade da axuda.

Na valoración destes indicadores teranse en conta:

– As características dos propios indicadores (robustez, comparabilidade, fiabilidade, especificidade).

– Os valores realistas que se propoñen acadar:

• No momento da finalización da execución da axuda, actualizando o valor a 2023, que se deberá achegar sempre que sexa posible.

• No ano 2030.

• Cinco (5) anos despois da posta en marcha da infraestrutura.

– A integración de indicadores que permitan valorar o impacto no nivel do ecosistema galego de innovación, especialmente nos ámbitos prioritarios da RIS3 2021-2027, da integración das infraestruturas solicitadas.

No caso de empate nas puntuacións, terán preferencia, como criterio de desempate, os centros cunha maior puntuación no criterio de impacto.

Artigo 23. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 24. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola Comisión de Selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar motivada.

A proposta de resolución incluirá de xeito individualizado as solicitudes propostas para obter a subvención e especificarase a puntuación que lles corresponde segundo os criterios establecidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención concedida para cada unha delas ou, se for o caso, a causa de denegación.

No expediente de concesión de subvencións tamén se incluirá o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as entidades beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para accederen ás axudas.

2. Á vista da proposta exposta, e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución definitiva de concesión ou denegación prevista nestas bases, que será motivada de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. A resolución prevista nestas bases expresará, como mínimo:

a) A denominación da infraestrutura de investigación ou tecnolóxica e a entidade beneficiaria da axuda.

b) O importe global da axuda para cada proposta.

c) En caso de solicitudes denegadas, a causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada beneficiario un documento que estableza as condicións da axuda para a operación (DECA) que deberá incluír, como mínimo, a identificación do beneficiario, a contía da subvención e as obrigas do beneficiario, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que se deban obter coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución. Dado que a convocatoria é susceptible de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, serán notificados aos interesados os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Se transcorre o prazo máximo para resolver sen se ditar resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 25. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión, e débese obter autorización previa da Axencia Galega de Innovación para realizar cambios na actuación subvencionada.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, estas poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano que concede.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da entidade beneficiaria se cumpre os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada polo órgano que concede.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación do beneficiario, nin dane dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supoñer a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, teñan lugar con posterioridade a ela.

4. En relación coa solicitude de modificación nas partidas e/ou conceptos de gasto subvencionados, poderán solicitarse, como máximo, ata dous meses antes da finalización do prazo de execución da anualidade afectada.

Permitirase, sen necesidade de autorización previa do órgano que concede, reducir ata o 20 % das partidas de gasto que figuren na resolución de concesión, sempre que se compense con incrementos noutras partidas e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. Os cambios realizados deberán respectar as limitacións establecidas na convocatoria. Así mesmo, a entidade beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

5. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas a partir da anualidade 2024, cun límite do 20 % do custo concedido para cada anualidade minorada, variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada no importe total minorado. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades remata o 30 de xuño da anualidade afectada.

6. Na solicitude de modificación expresaranse os motivos das modificacións que se propoñen, xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

7. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificarase ao interesado.

Artigo 26. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo (anexo X) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e que se publicará na web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015.

Artigo 27. Obrigas das entidades beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as entidades beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano que concede, así como cumprir os requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións de axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases de convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables, e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e o desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, que regula a transparencia e o bo goberno no ámbito da Administración pública de Galicia.

e) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario (artigo 82 RDC).

f) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Realizar os investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia e incorporalos a un centro de traballo permanente e legalmente constituído nesta comunidade autónoma.

h) Comprometerse a evitar os impactos negativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar un prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

No caso de que a actuación prevexa obras con actividades de construción ou reforma de edificacións, será preciso que se cumpran as seguintes condicións específicas para garantir o cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente:

– Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados na execución das obras prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

– Para a execución da actuación non se utilizará amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da lista de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

– Os deseños dos edificios e as técnicas de construción deben apoiar a circularidade no referido á norma ISO 20887 ou equivalente, para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como estes están deseñados para seren máis eficientes no uso dos recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e a reciclaxe.

– Adoptarán medidas para reducir o ruído, o po e as emisións contaminantes durante a fase de obra, e executaranse as actuacións asociadas a esta medida cumprindo a normativa vixente en canto á posible contaminación de solos e de auga.

– No caso de actuacións que impliquen demolición, realizarase unha demolición selectiva.

i) O beneficiario deberá, durante a realización da operación, ao tratarse de subvencións susceptibles de ser cofinanciadas con fondos da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, segundo o previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño:

1. Na súa páxina web oficial, cando exista a dita web, e nas súas contas de redes sociais fará unha breve descrición da operación, de forma proporcionada en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacará a axuda económica da Unión Europea.

2. Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación achegará unha declaración que destaque de forma visible as axudas da Unión Europea.

3. Para as actuacións que impliquen investimentos físicos e cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros, tan pronto como comecen e durante a toda a súa execución, colocará un cartel temporal ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público.

4. Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen investimentos físicos ou nas cales se instalen os equipos adquiridos, no prazo de tres meses desde a finalización da execución física, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

5. Para as actuacións que non se inclúan nos puntos anteriores, exhibirá nun lugar ben visible para o público, polo menos, un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación, onde se destaque a axuda dos fondos europeos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información axeitada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

As entidades beneficiarias deberán conservar, en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elaboren no marco da actuación. Este material deberase poñer á disposición da Xunta de Galicia ou das institucións da Unión Europea se o solicitan.

Respectaranse, en todo caso, as directrices contidas no documento sobre «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

No anexo IX descríbense de xeito detallado os requisitos de comunicación destas axudas.

k) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

l) Unha vez que o investimento estea operativo, deberá ter lugar unha xornada de demostración dirixida especialmente ás pemes pero aberta a calquera axente do ecosistema galego de innovación. Esta xornada deberá forma parte do plan de comunicación incluído no plan de explotación. No caso de propostas coordinadas, esta xornada poderá realizarse de forma conxunta.

A data de realización desta xornada deberá ser comunicada previamente, para a súa conformidade polo Departamento de Xestión da Innovación da Axencia Galega de Innovación.

En xeral, nos eventos que teñan lugar deberá poñerse de manifesto o apoio da Unión Europea e da Axencia Galega de Innovación, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos de ambas as entidades en todos os materiais empregados. Todas as actividades deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento: «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf).

m) Os bens inmobles que se adquiran deberán utilizarse como infraestruturas de investigación ou tecnolóxicas durante un mínimo de cinco (5) anos. Durante este período:

– Non se poderá producir un cambio na propiedade dun elemento da infraestrutura que lle proporcione a unha empresa ou a un organismos público unha vantaxe indebida.

– Non se poderá producir un cambio substancial que afecte a natureza da infraestrutura, os obxectivos e as condicións de execución que menoscabe os obxectivos iniciais.

n) No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, e estas cuestións deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos debido á rápida evolución da tecnoloxía, dentro do prazo indicado, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

ñ) No caso de infraestruturas de investigación que se usen tamén para actividades de tipo económico, deberá contar cun sistema de contabilidade separada de actividades económicas e non económicas. Este sistema deberá permitir distinguir ingresos e gastos de cada tipo de actividade.

o) Informar do nivel do logro dos indicadores propostos no plan de explotación, ligados ao impacto do investimento, e tamén dos asociados á actuación polo seu cofinanciamento pola Unión Europea con fondos Feder. Estes últimos indicadores son:

– Indicador de resultado: RCR02 Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

– Indicador de realización: RC006 Investigadores que traballan en instalacións de investigación apoiadas (ETC* anuais).

*ETC: equivalente a tempo completo.

p) Inscribir os investimentos financiados no mapa Innovarede e cumprir todas as obrigas relacionadas coa participación nesta rede, especialmente en materia de mantemento e actualización da información necesaria.

q) No caso de infraestruturas tecnolóxicas, cumprimento da capacidade anual asignada a pemes, indicada na solicitude.

r) Facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e a avaliación destas axudas no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D+i, entre outros, as enquisas do INE. Tendo en conta que a localización do proxecto ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán corresponder a esta localización.

No marco do plan de avaliación da RIS3 Galicia poderase avaliar o impacto específico deste réxime de axudas, polo que a Axencia Galega de Innovación poderá solicitar ás entidades beneficiarias información durante a execución da actuación e/ou unha vez finalizada a axuda.

s) Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigas desta axuda, á cal serán convocados/as expresamente con antelación. Á dita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa por cada entidade beneficiaria.

t) En toda a documentación xerada en relación coas infraestruturas subvencionadas e nos materiais de difusión, utilizarase unha linguaxe inclusiva e non sexista, e velarase pola transmisión dunha imaxe igualitaria, non asociada a roles de xénero e que ofreza unha imaxe diversa tanto das mulleres coma dos homes.

En todos os actos de difusión que se realicen procurarase unha composición equilibrada entre mulleres e homes.

u) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 28. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

2. Prazos de execución e de xustificación:

a) Prazos de execución:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Emisión das facturas (realización de gastos) e realización
de pagamentos dos gastos executados

Anualidade 2024

Desde

Data de presentación da solicitude

Ata

30 de setembro de 2024

Anualidade 2025

Desde

1 de outubro de 2024

Ata

30 de setembro de 2025

Anualidade 2026

Desde

1 de outubro de 2025

Ata

30 de setembro de 2026

b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):

Presentación da documentación xustificativa

Anualidade 2024

Ata

31 de outubro de 2024

Anualidade 2025

Ata

31 de outubro de 2025

Anualidade 2026

Ata

31 de outubro de 2026

En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de execución.

3. Documentación xustificativa: debe presentarse a documentación económica xustificativa do custo das actividades e a documentación técnica.

As instrucións detalladas e os formularios para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal). A documentación presentarase de xeito ordenado seguindo a orde establecida nas instrucións e nun formato que permita editar e tratar o texto.

Artigo 29. Documentación xustificativa

1. A documentación xustificativa estará formada por:

A) Documentación xustificativa económica: deberá presentarse a documentación que se sinala a continuación.

1) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, utilizando o modelo que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal. De ser o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión doutras axudas.

2) Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, conforme as entidades beneficiarias están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan á súa consulta por parte do órgano xestor.

3) Un resumo da execución da actuación no cal consten o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados, agrupados por partida e por concepto de gasto.

4) De ser o caso, indicación por concepto subvencionable das cantidades inicialmente orzadas e as súas desviacións de forma xustificada, seguindo o modelo do informe técnico dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

5) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos, consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas ou documentos contables xustificativos do gasto deberán incluír, ademais de todos os requisitos exixidos pola normativa de facturación, unha descrición suficiente dos conceptos facturados que permita unha análise de coherencia coa documentación técnica.

6) Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e o importe total da factura satisfeito. De non estar acreditado o pagamento íntegro mediante estes documentos, o gasto non será subvencionable.

Non se admitirán, en ningún caso, os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre o gasto e o pagamento. Non se aceptarán documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas ao proxecto.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase unha relación detallada delas na cal se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas ditas facturas. En caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, será necesario presentar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da entidade, selada polo banco, coa relación detallada das facturas.

No suposto de pagamentos realizados mediante confirming ou cesión de pagamentos a provedores, a entidade beneficiaria deberá presentar o xustificante de pagamento á entidade financeira mediante cargo na súa conta bancaria e o xustificante de pagamento da entidade financeira ao provedor. Ambos os xustificantes deberán estar efectivamente pagados dentro do período de execución do proxecto ou, en todo caso, dentro do prazo de xustificación da anualidade afectada.

A data das facturas dos gastos xustificados debe encontrarse sempre dentro do período establecido de execución da actuación.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados de acordo co establecido nos parágrafos anteriores.

Respecto á documentación xustificativa do investimento e do seu pagamento, cando non sexa posible a presentación de copia auténtica electrónica poderase presentar unha copia en formato pdf dos documentos indicados, realizada polo beneficiario, acompañada dunha declaración responsable da autenticidade deses documentos achegados, así como o compromiso de presentar os orixinais cando a Axencia Galega de Innovación llos requira.

7) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 12 destas bases reguladoras, no caso de non as ter achegado coa solicitude de axuda segundo as mesmas indicacións.

8) No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso, deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade con respecto ao IVE.

9) Declaración asinada polo/a representante legal do centro no caso de infraestruturas de investigación, na cal se detallen os ingresos e os gastos repartidos entre actividades económicas e non económicas.

10) Certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, ou un organismo público debidamente autorizado que acredite que non se superou o prezo de mercado, no caso de adquisición de terreos ou bens inmobles.

11) Declaración asinada polo/a representante legal do centro respecto ao grao de utilización das pemes no caso de infraestruturas tecnolóxicas.

12) No caso de se realizaren actividades de construción ou reforma de edificacións, será preciso, para a verificación do cumprimento do principio DNSH, achegar a seguinte documentación:

– Certificados de xestión de residuos de construción e demolición con destino á reutilización, reciclaxe e recuperación, expedidos polos xestores destino como xustificación da entrega, incluíndo os códigos da Listaxe Europea de residuos (LER) e a porcentaxe de valorización alcanzada.

– Certificado expedido pola empresa contratista conforme, para a execución da actividade, non se utilizou amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da lista de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

13) No caso de obra civil, a suficiencia da habilitación municipal correspondente para a súa execución.

14) Documentación que acredite a existencia de habilitación para a execución da actividade, xunto coas correspondentes licenzas administrativas para a posta en marcha e funcionamento da infraestrutura.

15) No caso de adquisición, construción, rehabilitación ou mellora de inmobles en propiedade inscritibles nun rexistro público, deberá achegarse a escritura pública en que conste que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención e o seu importe, así como a comprobación da súa inscrición no rexistro público correspondente.

16) Documentación que evidencie que se levou a cabo a análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestruturas, en todas as fases do ciclo do proxecto, no caso de non a ter entregado na solicitude. A dita análise pode integrarse na avaliación de impacto ambiental, nos proxectos en que resulte preceptivo.

B) Documentación xustificativa técnica: deberá presentarse a documentación que se sinala a continuación:

1) Informe técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación. Este informe incluirá unha epígrafe relativa ás actividades de I+D e transferencia da infraestrutura, e os indicadores relativos ao impacto tecnolóxico, social e económico.

2) Memoria libre en que se describa a información respecto á explotación da infraestrutura incluída no informe técnico e se xustifiquen posibles variacións respecto ao impacto inicial previsto.

3) Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade conforme o Regulamento (UE) nº 2021/1060).

A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar documentación xustificativa que acredite os valores dos indicadores incluídos na xustificación.

4) No momento do remate do proxecto, xunto coa documentación xustificativa da última anualidade, valoración final do impacto xerado pola infraestrutura subvencionada, en termos tecnolóxicos, sociais e económicos, e xustificación da súa integración no mapa Innovarede.

No caso de infraestruturas coordinadas, que formen parte de solicitudes de varios centros, este feito terase en conta na documentación achegada, aínda que, igual que na solicitude, cada centro deberá entregar a súa xustificación de xeito independente.

2. Sen prexuízo da documentación anteriormente indicada, poderá requirírselle á entidade beneficiaria que anexe cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, os beneficiarios non presentan a documentación xustificativa segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requiriraos para que a presenten no prazo improrrogable de dez (10) días e advertiralles de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 30. Pagamento

1. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e logo da autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán acadar ata o 90 % da axuda concedida.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.

O artigo 65.4.g) do Decreto 11/2009 exime da presentación de garantías aos centros tecnolóxicos que sexan recoñecidos como tales pola Consellería de Economía, Industria e Innovación. Actualmente a Comunidade Autónoma de Galicia non ten unha normativa específica para os centros tecnolóxicos de Galicia, e existe unicamente a nivel estatal un rexistro de centros tecnolóxicos regulado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, no cal figuran inscritos os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma aos cales se lles dá nesta convocatoria a consideración de centros tecnolóxicos consolidados.

2. Pagamentos anticipados.

As entidades beneficiarias poderán solicitar o pagamento anticipado segundo as seguintes porcentaxes:

– Anualidade 2024: ata o 100 % da subvención concedida nesta anualidade.

– Anualidades sucesivas: ata o 50 % da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80 % da subvención total concedida.

No caso de que a xustificación dunha anualidade sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe da seguinte anualidade.

A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A entidade solicitante deberá facer constar se opta por esta modalidade de pagamento na solicitude da subvención.

3. Pagamentos á conta: faranse efectivos para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto sen necesidade de entregar ningún tipo de garantías.

4. Antes do pagamento final da subvención, a Axencia Galega de Innovación comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención. É obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación.

Tras a inspección efectuarase unha avaliación do proxecto presentado e valorado na solicitude, e emitirase un informe no cal se indique o grao de cumprimento coa seguinte cualificación:

a) Excelente.

b) Positivo.

c) Negativo, se non se acadan as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións da actuación inicialmente aprobados por un baixo desempeño ou por unha deficiente organización. Neste caso, deberá cuantificarse a porcentaxe de incumprimento.

5. A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar nova información para comprobar que se respecta o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, co fin de verificar que se respectou este principio durante a execución da actividade financiada.

Artigo 31. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento do beneficiario de estar ao día nas obrigas coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro, se non se aboase a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 32. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo que dure a dita axuda. De non ser así, perderá o dereito ao cobramento e/ou, se for o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos no artigo 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o procedemento de reintegro previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, a inexactitude ou a omisión dos datos subministrados polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda ou ocultación dos datos que a impedirían.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, das tarefas, dos compromisos ou das condicións da infraestrutura inicial ou da finalidade para a cal se concedeu a axuda.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, a xustificación insuficiente ou fóra do prazo establecido, a falsidade, a terxiversación ou a ocultación nos datos ou documentos que servisen de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas nesta resolución.

e) A resistencia, a escusa, a obstrución ou a negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas, para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) O incumprimento dos prazos de mantemento do investimento.

g) O incumprimento de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 de Regulamento (UE) 2020/852 dará lugar ao reintegro total da axuda.

h) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

i) Non facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou outros instrumentos relacionados coa medición da innovación nos termos e condicións establecidos no artigo 20.3 desta convocatoria.

Artigo 33. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento dos obxectivos da axuda, das actividades previstas ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación, será causa de reintegro total da subvención.

En particular, serán causa de reintegro total da axuda e, de ser o caso, da perda do dereito ao cobramento, os seguintes supostos:

a) Se se incumprisen os compromisos, os obxectivos ou as condicións da actuación, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e supoñerá a minoración da subvención segundo a porcentaxe de incumprimento sinalado no informe técnico. Se esta porcentaxe é superior ao 60 %, considerarase como incumprimento total e dará lugar ao reintegro e/ou perda de dereito ao cobramento de toda a axuda. O mesmo sucederá se non se acada o orzamento mínimo fixado no artigo 4 (450.000 € sen IVE).

b) O incumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

c) O incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas, para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. O incumprimento parcial dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes.

Tratándose de condicións referentes á contía da infraestrutura, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao investimento deixado de xustificar ou xustificado indebidamente, minorándose a subvención proporcionalmente.

Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) Para infraestruturas tecnolóxicas, no caso de que a intensidade máxima de axuda se incrementase en 5 puntos porcentuais se dedicaban, polo menos, o 80 % da súa capacidade anual a ofrecer servizos a pemes, e se incumprise este requisito, descontarase unha porcentaxe do 10 % da intensidade da axuda.

b) O incumprimento da obriga de dar publicidade ao financiamento da infraestrutura consonte o establecido nesta resolución, e se non se adoptaron medidas correctoras, supoñerá a perda do 3 % da subvención concedida. Esta penalización aplicarase tamén nos supostos de incumprimento das xornadas de demostración. A aplicación destas penalizacións realizarase na última anualidade e o importe minorado detraerase desta. No caso de que o importe aprobado para a última anualidade resulte insuficiente para cubrir esta diferenza, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación dun expediente de reintegro, nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

3. O incumprimento da obriga de presentar tres ofertas segundo o disposto no artigo 17 desta convocatoria, sen que concorran as circunstancias eximentes previstas no artigo 29.3 da Lei 9/2007, dará lugar á minoración do 10 % do custo subvencionable do dito concepto de gasto.

Así mesmo, a selección inxustificada da oferta máis onerosa, sen que conste a adecuación das ofertas a prezos de mercado, dará lugar á minoración do 5 % do custo subvencionable do dito concepto de gasto.

4. Se o incumprimento deriva da inobservancia dalgunha condición ou suposto distintos dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

5. Excepcionalmente, se o incumprimento deriva de causas de forza maior, causas non imputables ao beneficiario ou non previsibles ao longo do desenvolvemento da actuación, a Axencia Galega de Innovación poderá revisar a aplicación das penalizacións en función do grao e da entidade da condición incumprida, e sempre que se cumprisen os obxectivos da infraestrutura e se acadase un informe final positivo.

Artigo 34. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada unha parte ou a totalidade da axuda, acaecen os motivos que se indican no artigo 32 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro que se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas e comunicaráselle ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, e no 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución de procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 35. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro (4) anos, sen prexuízo do establecido na normativa de axudas de Estado.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no número 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No caso de que se establecesen condicións ou obrigas que deban ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o dito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario no curso dos ditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario, conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 36. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 €, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles (activos materiais), será requisito imprescindible a comprobación material do investimento por parte da Axencia Galega de Innovación, e quedará constancia no expediente mediante a acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración coma polo beneficiario. A comprobación material definida no parágrafo anterior poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar en calquera momento as visitas, as comprobacións e as solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento da actuación, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade da orixe dos fondos. Se, na obrigatoria actividade de inspección previa ao pagamento final da subvención, se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos, proporanse o reintegro da subvención concedida. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia Galega de Innovación, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

4. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar a entidade beneficiaria, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e cos resultados obtidos.

5. Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC e ás auditorías do organismo de auditoría do programa ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos. Para o exercicio destas actuacións, os beneficiarios deberán achegar canta información lles sexa requirida. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario (artigo 82 RDC).

Artigo 37. Publicación

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, o beneficiario, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención.

Artigo 38. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 39. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante a presidenta da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se for expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo, perante a directora da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 40. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

b) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados.

c) Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.

d) Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01).

e) Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

f) Normativa en materia de accesibilidade das persoas con discapacidade, que sexa de aplicación segundo a infraestrutura financiada. A continuación inclúese unha relación non exhaustiva desta ao depender da actividade financiada:

– Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e a súa modificación recollida na Lei 6/2022.

– Lei 26/2011, do 1 de agosto, de adaptación normativa á Convención internacional sobre os dereitos das personas con discapacidade.

– Real decreto 193/2023, do 21 de marzo, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e utilización dos bens e servizos á disposición do público.

– Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social, e a súa modificación no Real decreto 1276/2011, do 16 de setembro, de adaptación normativa á Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

– Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

– Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, e a súa modificación recollida na Lei 26/2011.

– Lei 15/1995, do 30 de maio, sobre límites do dominio sobre inmobles para eliminar barreiras arquitectónicas ás persoas con discapacidade.

– Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, en materia de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade.

– Real decreto 173/2010, do 19 de febreiro, polo que se modifica o Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, en materia de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade.

– Real decreto 505/2007, do 20 de abril, polo que se aproban as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados e edificacións.

– Real decreto 732/2019, do 20 de decembro, polo que se modifica o Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

Supletoriamente, seralles de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file