DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2024 Páx. 6847

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa

ANUNCIO do 18 de decembro de 2023 polo que se convocan varias bolsas.

A Fundación Barrié comunica a apertura do prazo de inscrición das seguintes convocatorias de bolsas:

– 35ª convocatoria do programa de bolsas de posgraduado no estranxeiro dirixidas a titulados universitarios vinculados a Galicia para a realización de estudos de máster en institucións de referencia en todo o mundo.

Prazo: ata o 23 de febreiro de 2024.

– 4ª edición do Summer Undergraduate Fellowship Program dirixida a estudantes galegos cursando estudos de titulacións universitarias en Ciencias da Vida.

Prazo: ata o 5 de febreiro de 2024.

– Doutoral Fellowship Program dirixidas a titulados universitarios galegos na área de Ciencias da Vida.

Prazo: aceptaranse as solicitudes de maneira continua ao longo do ano 2024.

– Postdoutoral Fellowship dirixida a investigadores galegos na área de Ciencias da Vida.

Prazo: aceptaranse as solicitudes de maneira continua ao longo do ano 2024.

Bases e inscrición en www.fundacionbarrie.org

A Coruña, 18 de decembro de 2023

Juan Antonio Rioboo Lata
Interventor xeral da Fundación Pedro Barrié
de la Maza Conde de Fenosa