DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7465

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnico superior para o proxecto Cibbrina-Reduce.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de persoal dun técnico superior para o proxecto Cibbrina-Reduce.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e na súa páxina web (https:// cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

Vigo, 19 de xaneiro de 2023

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Cetmar