DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7100

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural configúrase como unha axencia pública autonómica, de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Comunidade Autónoma de Galicia, e actúa como instrumento básico na promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos seus habitantes e de evitar o seu despoboamento, nos termos previstos na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

No marco das súas funcións correspóndenlle, entre outras, o deseño e implementación de estratexias e plans integrais para o desenvolvemento e a xestión do territorio rural que coordinen actuacións de diversa natureza e conten coa participación dos axentes públicos e privados, así como contribuír ao reforzo do tecido social e á mellora da capacidade organizativa das áreas rurais, así como a xestión das medidas e actuacións que se lle encomenden no marco da programación dos fondos europeos de desenvolvemento rural.

O artigo 17 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) establece que as axudas previstas no seu punto 1.c) abranguerán investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e o sector forestal, a silvicultura, incluído o acceso ás superficies agrícolas e forestais, a consolidación e mellora de terras e a subministración e aforro de enerxía e auga.

Neste contexto, o Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015 (CCI: 2014ES06RDRP011), prevé na ficha correspondente á submedida 4.3 o apoio a investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e da silvicultura.

Especificamente, prevé a promoción dos investimentos en infraestruturas relacionadas coas explotacións e, en particular, a mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias, incidindo directamente na área focal 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola). As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e, por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado. E como toda infraestrutura, precisan dun mantemento e acondicionamento para que poidan seguir cumprindo coas súas funcións.

De acordo coa Lei de bases de réxime local, os concellos exercen competencias propias no relativo ás infraestruturas viarias da súa titularidade. No exercicio das facultades de fomento que competen á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e no marco da colaboración que debe rexer a relación entre administracións públicas, esta entidade consensuou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de repartición dos fondos públicos vinculados a esta convocatoria de axudas.

Así mesmo, no repartición dos citados fondos tívose en conta, ademais, o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivos en procesos de fusión municipal.

A convocatoria de axudas á mellora de camiños de titularidade municipal vénse xestionando na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural de xeito ininterrompido desde o ano 2013.

A xestión continua no tempo deste plan de camiños puxo de manifesto a necesidade de que os concellos planifiquen as distintas intervencións co fin optimizar os recursos públicos de cara a un desenvolvemento ordenado da rede viaria municipal, a partir dunha análise da rede existente, co fin de priorizar, de cara a futuras actuacións con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, aquelas intervencións relacionadas coa ampliación, mellora e/ou mantemento da rede viaria existente, co fin de facilitar o tránsito de insumos e/ou de produtos entre as explotacións agrograndeiras e os mercados, reducir os custos de explotación, así como minimizar os desprazamentos e mellorar as condicións de vida da poboación rural.

Tendo en conta o anterior, ao abeiro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2024-2025, prevese como gasto subvencionable o correspondente á redacción dun estudo integral da rede viaria municipal.

O contido deste estudo poderá terse en conta para determinar a subvencionabilidade de futuras intervencións que xestione a Consellería do Medio Rural.

Por outra banda, aqueles concellos que obteñan financiamento para redactar este estudo poderán ser priorizados en futuras convocatorias de axudas que xestionen tanto a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural como a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, destinadas á mellora da rede viaria municipal.

Segundo dispón o Plan galego de controis Feader das medidas non establecidas no ámbito do sistema integrado para o período 2014-2020, nos casos de actuacións directas da Administración ou de axudas xestionadas sen mediar orde de convocatoria, precísase da aprobación dun programa ou plan marco do cal se deriven as operacións financiadas, que deberá contar co informe previo da autoridade de xestión do Feader.

A tramitación deste expediente acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionada á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2024.

De acordo co anterior, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que se xunta a esta resolución como anexo I e onde se regulan as normas para a xestión do plan, co código de procedemento administrativo MR701E.

Segundo. Aprobar os importes máximos que corresponden a cada concello, nos termos previstos no anexo II.

Terceiro. Aprobar o modelo de resolución individual para conceder, de forma directa, as axudas correspondentes ao Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, que se xunta a esta resolución como anexo III.

Cuarto. Aprobar os formularios para a xestión deste procedemento de concesión de axudas, que se xuntan a esta resolución como anexos IV (solicitude de axuda), V (renuncia) e VI (solicitude de pagamento).

Disposición adicional primeira. Réxime de recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Se, transcorrido o prazo para resolver, non lle é notificada a resolución á persoa interesada, entenderase desestimada por silencio administrativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición contra a desestimación por silencio administrativo en calquera momento, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, como sinala o artigo 124 da Lei 39/2015, ou recurso contencioso-administrativo ante Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela.

Disposición adicional segunda. Información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: agader.xunta.gal

Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

Nos teléfonos 981 54 73 69 e 981 54 26 90

De xeito presencial, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 69.

Disposición adicional terceira. Información ás persoas interesadas

1. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas, cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento nº (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira

A persoa titular da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta xestión deste procedemento.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas
2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020

Artigo 1. Obxecto

O obxecto é establecer as normas de xestión do procedemento para a concesión das axudas para a mellora de camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Para os efectos deste plan, terán a consideración de parcelas agrícolas:

– Todas aquelas parcelas en que máis do 50 % da súa superficie estea clasificada no Sixpac como de uso agrícola, entendendo como tales: terras de cultivo (terras arables, horta e invernadoiros), cultivos permanentes (viñedos, froiteiras, oliveiras…) e pasteiros (excluídos pastos arbustivos e arboredos).

– Parcelas en que se localice unha instalación agrogandeira.

– Parcelas que figuren como declaradas na solicitude de axuda para os pagamentos directos da PAC do ano 2023.

As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei.

O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR701E.

Artigo 2. Beneficiarios

Todos os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter remitidas ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigados antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

b) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito comprobarase con anterioridade a ditar a correspondente proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 12 deste plan.

c) Non poderán ter a condición de beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da LSG.

Artigo 3. Financiamento

1. A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 19.498.525 €,que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 14-A1-712A-760.00 (código de proxecto 2024-00003) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por fondos e anualidades:

Anualidade

Importe

Desagregación por fontes financeiras

Feader (75 %)

Xunta (17,5 %)

MAPA (7,5 %)

2024

9.499.293 €

7.124.469,75 €

1.662.376,27 €

712.446,98 €

2025

9.999.232 €

7.499.424,00 €

1.749.865,60 €

749.942,40 €

Totais

19.498.525 €

14.623.893,75 €

3.412.241,87 €

1.462.389,38 €

Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) da medida 0431 do PDR de Galicia 2024-2020, nun 7,5 % por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % por fondos propios da Xunta de Galicia.

Cómpre indicar, no que respecta ao Fondo Europeo Feader, que no período 2023-2025 conviven dous programas (PDR e PEPAC), e que existen actualmente importes programados no PEPAC para actuacións equivalentes e cos mesmos obxectivos que os recollidos nesta submedida do PDR.

2. Este plan tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a súa eficacia queda condicionada a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2024. Así mesmo, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

3. O importe global do plan distribúese entre todos os concellos que cumpran os requisitos establecidos neste plan de mellora de camiños rurais, de acordo co disposto no anexo II da resolución pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. Son subvencionables as actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais nos seguintes termos:

a) Ampliación: as que supoñan un incremento da largura que incidan na mellora da seguranza viaria, permitan o cruzamento de vehículos ou alargamentos necesarios en zonas de curvas, de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén poderán incluír obras de incremento de lonxitude, sempre e cando esta ampliación supoña rematar nunha estrada ou noutro camiño.

b) Mellora: as que supoñan un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta consideración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, reforzo de noiros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de cunetas, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.

c) Mantemento: tanto do firme existente como das súas marxes (limpeza e perfilado de noiros e cunetas), reforzos dos terrapléns.

2. Para os efectos deste plan, enténdese por camiño municipal de acceso a parcelas agrícolas aquel camiño que cumpra as seguintes condicións:

– Que sexa de titularidade municipal.

– Que facilite o acceso, en calquera punto do seu trazado, cando menos a dúas parcelas agrícolas.

3. Cada concello poderá presentar ata un máximo de tres proxectos.

Cada proxecto poderá comprender un máximo de tres actuacións. Para estes efectos, enténdese por actuación a intervención sobre un mesmo camiño, ou ben sobre varios, sempre e cando, neste último caso, as obras proxectadas teñan unha continuidade física.

4.Todos os proxectos que se presenten deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.

Os solicitantes poderán iniciar a execución dos proxectos antes da resolución de concesión da subvención sempre que acrediten que non están iniciados na data de solicitude da axuda mediante acta que reflicta fidedignamente o non inicio da obra, na forma establecida no artigo 9.1.e) destas normas.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, exceptuando as parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á Clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pode consultarse a relación de parroquias clasificadas como ZDP.

c) Que as actuacións propostas incidan sobre camiños de titularidade municipal.

d) Que se axusten á normativa sectorial (estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

e) Que sexan viables tecnicamente.

f) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os que se concedeu a axuda.

g) Cada proxecto de obra deberá integrar o seguinte contido mínimo:

1º. Identificación do seu obxecto e xustificación da necesidade das actuacións propostas.

Non se admitirán actuacións que propoñan o cambio de capa de rodaxe que supoña pasar de saburra ou terra a outra con tratamentos asfálticos ou formigón, agás nos casos en que estea debidamente xustificada a súa necesidade porque a actuación linda cunha parcela en que se localiza unha edificación vinculada a unha explotación agrogandeira.

2º. Informe fotográfico descritivo da situación actual dos camiños onde se pretende actuar.

3º. No caso de actuacións que rematen no límite do territorio municipal, deberá acreditarse a continuidade en termos de material e estado da capa de rodaxe no tramo do camiño que discorre polo concello limítrofe.

4º. Arquivo electrónico (.kml) cos trazados dos camiños, conforme as instrucións que estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
(agader.xunta.gal).

5º. Planos de localización e de detalle necesarios, indicando o trazado exacto das actuacións, a súa lonxitude e largura e os puntos de inicio e final debidamente xeorreferenciados.

6º. Xustificación dos prezos das unidades de obra.

7º. Medicións e orzamento desagregado por actuacións (excluído IVE).

Os custos do control de calidade non deberán integrarse no orzamento do proxecto. En caso contrario, non se considerará un gasto subvencionable nos termos previstos no artigo 5.2 destas normas.

h) As unidades de obra utilizadas nos proxectos terán que axustarse na súa totalidade á estrutura e descomposición das tarifas Seaga vixentes, que estarán publicadas na ligazón http://www.epseaga.com/?q=gl/node/8 e na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural agader.xunta.gal en formato .bc3.

As unidades de obra manterán todos os elementos unitarios que as conforman nas tarifas Seaga (man de obra, materiais, maquinaria, medios auxiliares), tendo en conta que:

Non se poden modificar as cantidades necesarias nin os rendementos dos elementos que compoñen a unidade de obra.

Soamente se poderán modificar os prezos dos elementos unitarios referidos anteriormente, sempre e cando o prezo da unidade de obra non supere en máis dun 20 % o das citadas tarifas.

Todas as unidades de obra que non respecten o establecido nos parágrafos anteriores serán consideradas como non subvencionables.

5. Non serán subvencionables:

a) As actuacións consistentes unicamente no arranxo de fochas.

As actuacións que consistan en arranxo de fochas deberán incluír necesariamente tratamentos superficiais cunha lonxitude mínima de 100 metros e abranguer a totalidade da plataforma do camiño.

b) As actuacións en vías interiores dentro dos núcleos de poboación.

c) Unha vez presentada a solicitude de axuda, non se admitirá a inclusión de novas actuacións distintas das previstas inicialmente no/nos proxecto/s de obra.

d) Non se subvencionará ningún investimento que incida sobre as actuacións subvencionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ou ben pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural nos últimos 5 anos. Neste caso excluirase da actuación proposta a parte proporcional do orzamento que incumpra este requisito.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. No marco do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 son subvencionables os seguintes gastos:

a) Obra civil vinculada á execución do/dos proxecto/s.

b) Servizo de control da calidade das obras contratadas, co contido e condicións que se determinan no punto 2 deste artigo.

c) Servizo redacción dun estudo integral da rede viaria municipal, co contido e condicións que se determinan no punto 3 deste artigo.

2. A subvencionabilidade do gasto relativo ao control de calidade está supeditada ás seguintes normas e requisitos:

a) Que os concellos soliciten a subvencionabilidade deste gasto a través do modelo normalizado de solicitude de axuda.

b) Que incorpore os seguintes contidos mínimos:

Control da calidade dos materiais empregados.

Control da calidade dos métodos de execución.

Control da calidade das obras rematadas.

O informe resultante do control de calidade deberá incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación das obras executada ao/aos proxecto/s aprobado/s. De ser o caso, poderá ser o/a director/a de obra quen certifique, con base nos resultados do control, a adecuación da obra executada ao/aos proxecto/s.

3. A subvencionabilidade do gasto relativo ao estudo integral da rede viaria municipal está supeditada ás seguintes normas e requisitos:

a) Que os concellos soliciten a subvencionabilidade deste gasto no modelo normalizado de solicitude de axuda.

b) Que incorpore os seguintes contidos mínimos:

Descrición da rede viaria actual: estado, lonxitude, tipos de capa de rodaxe (tratamentos asfálticos, formigón, saburra, outros...), niveis de utilización, etc.

Identificación das vías de acceso a explotacións e parcelas agrogandeiras.

Sistema de información xeográfica co trazado da rede viaria municipal de acordo coas instrucións que estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (agader.xunta.gal).

Priorización das futuras intervencións en tres niveis (alto, medio e baixo) atendendo entre outros, aos seguintes criterios: intensidade de tráfico, estado da vía, acceso a explotacións e parcelas agrogandeiras, acceso a núcleos de poboación, acceso a recursos turísticos.

Identificación de camiños que teñan continuidade en concellos limítrofes, de cara á planificación e coordinación de futuras actuacións.

Os concellos deberán ter en conta que este estudo integral da rede viaria municipal será un documento programático de cara a planificar as distintas intervencións susceptibles de financiarse no marco das distintas liñas de actuacións que promova a Consellería do Medio Rural.

4. Non serán subvencionables en ningún caso:

a) As partidas a tanto global.

b) O imposto do valor engadido (IVE).

c) Os gastos correspondentes a actuacións que inclúan obras de iluminación, abastecemento e saneamento de augas fecais.

d) Os gastos de redacción de proxecto de obra nin os de estudos necesarios para a súa redacción.

e) Os gastos de dirección de obra, de coordinación de seguridade e saúde, seguimento arqueolóxico ou outros servizos complementarios.

f) Gastos por taxas ou licenzas necesarias.

g) O panel de obra.

Artigo 6. Intensidade da axuda

A axuda financiará o 100 % dos gastos subvencionables, ata o límite da axuda pública concedida a cada concello.

Artigo 7. Compatibilidade e acumulación de axudas

1. Unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

2. Á marxe do anterior, as subvencións concedidas ao abeiro deste plan serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe do investimento.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, ao reintegro da axuda.

4. Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo IV) e na solicitude de pagamento (anexo VI).

Artigo 8. Presentación de solicitudes

1. Cada concello presentará unha única solicitude de axuda.

2. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

3. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.

Dentro do prazo establecido, os concellos interesados deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da entidade solicitante e do proxecto para o que se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e no enderezo da internet
https://appsagader.xunta.gal/caminos

Para poder presentar a solicitude, é imprescindible que a entidade solicitante ou o seu representante legal dispoña de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

4. Para poder presentar a solicitude, será necesario seguir os seguintes pasos:

a) No caso de que xa estivese dado de alta na aplicación informática habilitada para a xestión das axudas concedidas ao abeiro dos plans de mellora de camiños municipais xestionadas pola Agader en anos anteriores, deberá acceder co nome de usuario e contrasinal xa rexistrados para estas convocatorias.

Noutro caso, deberá darse de alta na citada aplicación informática. O nome de usuario será sempre o NIF da entidade solicitante; o contrasinal será o determinado por esta.

Na aplicación está dispoñible un servizo de recuperación de contrasinais.

b) Necesariamente deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 9 deste plan.

c) Unha vez cuberto o formulario, a entidade solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.

No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación, e xerará de forma automática o anexo IV (solicitude de axuda). A publicación deste anexo no DOG ten carácter puramente informativo.

5. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

6. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 73 69, e o enderezo de correo electrónico subdireccion-planificacion.agader@xunta.gal

Artigo 9. Documentación complementaria

1. Xunto co formulario normalizado de solicitude de axuda (anexo IV), que a aplicación informática xerará de forma automática, os concellos interesados deberán achegar a seguinte documentación:

a) Proxecto/s de obra, nos termos previstos no artigo 4.4 destas normas.

b) Certificación expedida pola persoa titular da Secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes aspectos:

1º. Da designación legal do representante da entidade solicitante.

2º. Do acordo da entidade municipal relativo á participación neste plan de mellora de camiños.

3º. Da titularidade municipal dos camiños.

c) Certificación da persoa titular da Secretaría ou da Intervención municipal acreditativa de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

d) Informe do/da técnico/a municipal competente, en que se indique:

1º. Intervencións realizadas en cada unha das actuacións propostas no/nos proxecto/s nos últimos 5 anos, sinalando, de ser o caso, a natureza das obras, ano e orixe dos fondos financeiros das citadas intervencións.

2º. Se para a execución das obras resulta necesaria a dispoñibilidade de terreos privados lindeiros coas actuacións propostas. En caso afirmativo, xunto con este informe deberán remitirse os documentos acreditativos das cesións ou autorizacións das persoas propietarias dos terreos afectados.

3º. Se o/os proxecto/s cumpre/n coa lexislación urbanística e sectorial, así como co planeamento en vigor.

4º. Se para a execución do/dos proxecto/s resultan necesarios permisos e/ou autorizacións sectoriais, con indicación daqueles que se deben incorporar ao expediente.

e) Acta asinada por un/una técnico/a municipal, que teña a condición de empregado público, ou pola persoa titular da secretaría municipal, que reflicta fidedignamente o non inicio do proxecto para o que se pide a axuda. Para estes efectos, estará dispoñible na aplicación que xestiona as axudas (https://appsagader.xunta.gal/caminos) un modelo normalizado de acta.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que o/os proxecto/s de obra supere/n o tamaño máximo establecido ou teña/n un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que os concellos interesados se opoñan á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Criterios de selección de operacións

Co fin de garantir un uso satisfactorio dos recursos financeiros e para dar cumprimento ao disposto no artigo 49 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, unha vez revisadas as solicitudes de axuda e feitas as emendas, a Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural, en calidade de entidade xestora das axudas, valorará individualmente cada unha das actuacións propostas no proxecto, á vista dos seguintes criterios de selección:

1. Criterios en función do número e tipo de parcelas agrícolas a que dá acceso o camiño rural (máximo 70 puntos).

a) Número de parcelas agrícolas a que dá acceso o camiño ata un máximo de 50 puntos, de acordo coa seguinte desagregación:

Máis de 10 parcelas agrícolas: 35 puntos.

Máis de 8 parcelas agrícolas: 30 puntos.

Máis de 6 parcelas agrícolas: 25 puntos.

Máis de 4 parcelas agrícolas: 20 puntos.

Máis de 2 parcelas agrícolas: 15 puntos.

Acceso a 2 parcelas agrícolas: 0 puntos.

A maiores, no caso de que as parcelas figuren como declaradas na solicitude de axuda para os pagamentos directos da PAC do ano 2023, engadiranse 5 puntos adicionais por cada parcela cun máximo de 15 puntos.

b) Número de parcelas agrícolas que lindan directamente co tramo do camiño onde se proxecta a actuación, ata un máximo de 20 puntos, de acordo coa seguinte desagregación:

Tres ou máis parcelas agrícolas: 20 puntos.

Dúas parcelas agrícolas: 15 puntos.

Unha parcela agrícola: 10 puntos.

Non linda con ningunha parcela agrícola: 0 puntos.

2. Criterios en función das características da actuación (máximo 30 puntos).

a) O tramo do camiño onde se proxecta a actuación non foi obxecto de ningunha actuación nos últimos 3 anos (5 puntos).

b) Na actuación proposta non se modifica a natureza da capa de rodaxe existente (5 puntos).

c) A actuación inclúe unidades de obra relacionadas coa seguranza viaria: sinalización vertical, horizontal, bandas redutoras de velocidade ou barreiras de seguridade (10 puntos).

d) A actuación inclúe unidades de obra relacionadas coa mellora da drenaxe do camiño: execución de cunetas de formigón, pasos salvafoxos, recollida de pluviais ou canalizacións (10 puntos).

Excluiranse aquelas actuacións que, logo da súa baremación de acordo cos criterios aplicables, obteñan unha puntuación inferior a 30 puntos, ao considerarse que non acadan os niveis mínimos de viabilidade e cobertura dos obxectivos do presente plan.

Artigo 12. Procedemento de xestión das axudas

1. Compete á Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural o estudo e a análise da documentación presentada xunto coa solicitude de axuda, sen prexuízo, de ser o caso, da coordinación coa Consellería do Medio Rural, que habilitará o persoal técnico necesario para prestar asesoramento, colaboración e asistencia técnica en todo o relacionado coas especificidades técnicas propias destas actuacións.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requiriralle á entidade interesada que a emende no prazo máximo de 10 días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, coa indicación de que se así non o fixer, se considerará que desiste da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e á consellería competente en materia de facenda.

3. As notificacións do requirimento de emenda efectuaranse por medios electrónicos, nos termos previstos no artigo 13 deste plan.

4. A documentación a que se refire a emenda presentarase de forma electrónica a través da aplicación informática habilitada para a xestión destas axudas, accesible no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos

5. Co fin de completar a instrución do procedemento, o órgano instrutor poderá requirirlle á entidade solicitante que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

6. Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar con posterioridade á presentación da solicitude de axuda deberán ser realizados electronicamente accedendo á aplicación informática habilitada para a xestión das axudas, accesible desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos

7. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural resolverá motivadamente, por delegación do Consello de Dirección da Axencia, a concesión das axudas, de acordo coa proposta que formule a persoa titular da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de 5 meses, contado desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os concellos interesados poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lles notificou resolución expresa. A notificación practicarase por medios electrónicos.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na Lei 39/2015.

2. A notificación practicarase do seguinte xeito:

a) Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilita no formulario de solicitude de axuda un aviso en que se lle indica a posta á disposición da notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

b) Poderá acceder á citada notificación no taboleiro electrónico dispoñible na aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderanse rexeitadas, cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Execución das actuacións subvencionadas

1. Os concellos deberán licitar os proxectos de obra termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante, LCSP), e na demais normativa que rexe a contratación para as entidades públicas locais.

2. No caso da contratación mediante o procedemento de contrato menor deberá terse en conta que:

a) Deberán solicitarse tres ofertas a tres empresas distintas.

b) As ofertas non poderán provir de empresas vinculadas entre si.

c) As ofertas presentadas deberán ser auténticas e non de compracencia (contido idéntico, erros idénticos, aparencia sinxela, etc.) e deberán conter os elementos precisos para identificar as empresas ofertantes, con referencia, cando menos, á data de expedición, enderezo e razón social da empresa e identificación do concello peticionario.

3. No caso de que se prevexan melloras como criterio de adxudicación, estas deberán estar suficientemente especificadas, nos termos previstos no artigo 145.7 da LCSP. No suposto de que as melloras incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares non respecten o disposto no citado artigo, aplicarase un desconto sobre a axuda que se vaia pagar equivalente ao valor das melloras ofertadas polo contratista.

4. Calquera modificación do/dos proxecto/s de obra deberá ser comunicada á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e, en calquera caso, deberase tramitar o correspondente modificado nos termos previstos no artigo 205 da LCSP.

5. Separadamente, todos os concellos deberán contratar o servizo de control de calidade das obras executadas, que constituirá un gasto elixible nos termos previstos no artigo 5 destas normas reguladoras. Os concellos tramitarán un único procedemento para a contratación do servizo de control de calidade, comprensivo de todas as obras executadas ao abeiro do/dos proxecto/s aprobado/s.

No caso de que o concello opte por procedemento de contrato menor, deberá solicitar igualmente tres ofertas, tal e como se indica no punto 2 deste artigo. A contratación deste servizo realizarase nos termos previstos na LCSP.

O incumprimento deste requisito suporá a aplicación dunha redución da axuda que se vaia pagar equivalente ao 3 % do total da axuda certificada.

6. Aqueles concellos que solicitasen o financiamento do estudo integral da rede viaria municipal deberán tramitar o procedemento para a contratación do referido servizo. No caso de que o concello opte por procedemento de contrato menor, deberá solicitar igualmente tres ofertas, tal e como se indica no punto 2 deste artigo. A contratación deste servizo realizarase nos termos previstos na LCSP.

Artigo 15. Xustificación dos investimentos

1. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2024 será o 16 de outubro de 2024.

Este prazo poderá ampliarse excepcionalmente ata o 11 de decembro de 2024, de acordo coas seguintes condicións:

Que os concellos o soliciten de forma expresa, e xustifiquen de xeito motivado a necesidade desta ampliación, segundo o modelo que se xerará automaticamente na aplicación informática que xestiona a convocatoria das axudas https://appsagader.xunta.gal/caminos

Que o concello solicitase a concesión dun pagamento anticipado antes do 30 de agosto de 2024, nos termos previstos no artigo 17 deste plan.

2. Para a anualidade 2025, o prazo límite para executar e xustificar os investimentos será o 30 de maio de 2025. A esta xustificación poderán imputarse, igualmente, os gastos executados desde a finalización do prazo de xustificación correspondente á anualidade 2024.

Antes do remate do prazo de execución e xustificación dos investimentos correspondentes á anualidade 2025, os concellos poderán solicitar, excepcionalmente, unha ampliación do citado prazo nos termos previstos no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da LSG en relación co artigo 32 da Lei 39/2015 e, en calquera caso, co cumprimento das seguintes condicións:

Que a solicitude para a ampliación do referido prazo estea debidamente motivada.

Que o concello acredite que as obras están adxudicadas segundo os procedementos previstos na LCSP.

Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de que se trate.

3. A presentación da solicitude de pagamento (anexo VI), que a aplicación informática xerará de forma automática, realizarase unicamente por medios electrónicos, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal, e no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos, dentro dos prazos de execución e xustificación referidos no parágrafo anterior.

A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase igualmente de forma electrónica.

Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (en diante, RLSG), cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias, porállelos no seu coñecemento e concederalles un prazo de 10 días hábiles para a súa corrección.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado esta, requirirase igualmente a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles a presente, nos termos previstos no artigo 45.2 do RLSG.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda.

Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 13 destas normas.

4. Xunto coa solicitude de pagamento (parcial e final), deberán presentar a seguinte documentación:

a) Certificación/s de obra asinada/s polo/a director/a de obra.

b) Informe fotográfico que reflicta o curso da execución das obras, así como a colocación do cartel de obra necesario para dar cumprimento á obriga de publicidade, nos termos previstos no punto 8 do artigo 18 deste plan.

c) Facturas rexistradas no Punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración xeral do Estado (FACE) ou plataforma similar.

d) Xustificante bancario do pagamento (transferencia bancaria ou certificación bancaria), que deberá identificar o número de factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, a entidade que realiza o pagamento e o destinatario.

Os xustificantes de pagamento tramitados a través da banca electrónica deberán vir validados co selo da entidade bancaria correspondente.

e) Certificación da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida.

f) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, co seguinte contido:

1º. O cumprimento da finalidade da subvención.

2º. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación da entidade acredora, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.

g) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e a súa procedencia. Esta relación xa está incluída no anexo VI.

h) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, relativa aos seguintes aspectos:

1º. O acordo de aprobación do/dos proxecto/s técnico/s das obras por parte do órgano municipal competente.

2º. A aprobación da/das correspondente/s certificación/s de obra por parte do órgano municipal competente.

i) Certificación ou informe da persoa titular da Secretaría ou da Intervención da entidade local ou, de ser o caso, do/da empregado/a público/a que, de acordo coa estrutura organizativa do concello, teña atribuída as competencias en materia de contratación pública, acreditativo de que o procedemento de contratación se tramitou nos termos previstos na normativa de contratación do sector público, así como dos seguintes aspectos:

Procedemento seguido para a contratación das obras subvencionadas.

Criterios de valoración incluídos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

A este informe ou certificación xuntaráselle a listaxe de comprobacións para operacións de investimento público, que poderá descargarse da páxina web da Agader
http://agader.xunta.gal

j) No caso de que o concello optase por tramitar contratos menores, tanto para obra coma para os servizos de control de calidade e/ou de redacción do estudo integral da rede viaria municipal, tres ofertas solicitadas, segundo o exposto no artigo 14.2 deste plan.

5. A maiores da documentación referida no punto 3 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento final deberán xuntar a seguinte documentación:

a) De ser o caso, copia dos permisos e autorizacións legalmente exixidos para levar a cabo as obras, segundo o referido no informe técnico municipal que se presentou xunto coa solicitude de axuda.

b) O informe co resultado do control de calidade das obras, co contido indicado no artigo 5.2 deste plan. Deberanse incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao/aos proxecto/s aprobado/s, asinadas polo/a director/a de obra ou polo responsable do control.

c) No caso de que se financie ao abeiro deste plan marco, o estudo da rede viaria municipal, co contido indicado no artigo 5.3 deste plan.

Artigo 16. Control administrativo da solicitude de pagamento

1. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:

A operación finalizada en comparación coa operación para a que se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.

Os custos contraídos e os gastos realizados.

A verificación da moderación dos custos xustificados.

2. Todas as operacións de investimento incluirán, polo menos, unha visita in situ ao lugar da operación para comprobar o remate do proxecto obxecto da solicitude de pagamento, en cumprimento do artigo 48 do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

3. Para estes efectos, determinarase:

a) O importe que se pode conceder ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión. Para tal efecto, tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. No caso de que o importe da solicitude de pagamento sexa superior ao aprobado axustarase ao límite concedido.

b) O importe que se pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada, mediante control administrativo ou sobre o terreo.

A cantidade que se pagará ao beneficiario será a definida no importe b).

Cando o importe a) supere o importe b) en máis dun 10 %, a cantidade que se pagará é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes; non obstante, nunca irá máis alá do importe solicitado.

4. No caso de incumprimentos de normas relacionadas coa contratación pública, tomaranse como referencia as porcentaxes indicadas no anexo da Decisión da Comisión, do 19 de decembro de 2013, relativa ao establecemento e á aprobación das directrices para a determinación das correccións financeiras que deba aplicar a Comisión aos gastos financiados pola Unión no marco da xestión compartida, no caso de incumprimento de normas en materia de contratación pública.

Artigo 17. Réxime de pagamentos

1. Con cargo á anualidade 2024, tramitarase un pagamento á conta, sen que exceda a anualidade prevista neste exercicio orzamentario.

Ao abeiro do artigo 65.4.c) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de pagamentos á conta, os concellos beneficiarios das axudas están exentos da constitución de garantías.

Así mesmo, os concellos beneficiarios das axudas poderán solicitar a concesión dun pagamento anticipado, con cargo á anualidade 2024 como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes ao proxecto subvencionado.

A solicitude de pagamento do anticipo presentarase segundo o modelo que se xerará automaticamente na aplicación informática que xestiona a convocatoria das axudas
https://appsagader.xunta.gal/caminos

A data límite para solicitar o pagamento anticipado será o 30 de agosto de 2024.

A tramitación e a concesión do pagamento anticipado suxeitarase á regulación do artigo 31.6 da LSG, dos artigos 63 e seguintes do Decreto 11/2009 e do artigo 45.4 do Regulamento (UE) nº 1305/2013. De acordo con esta normativa, o pagamento anticipado non poderá superar o 50 % da axuda pública concedida nin, de ser o caso, exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

En todo caso, a concesión do pagamento anticipado supeditarase á constitución, con carácter previo ao pagamento, dunha garantía escrita da autoridade competente, que deberá acadar o 100 % do importe anticipado, nos termos previstos no artigo 63 do Regulamento (UE) nº 1305/2013. A dita garantía deberá recoller de xeito expreso o compromiso de aboar o importe cuberto pola garantía no caso de que non se estableza o dereito ao importe anticipado. A garantía a que se refire o parágrafo anterior terá validez ata que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural autorice a súa cancelación, unha vez que o promotor acredite a realización e o pagamento dos investimentos e o cumprimento dos obxectivos e condicións estipulados na resolución de concesión da axuda.

2. Na anualidade 2025 non se concederán pagamentos á conta, de xeito que se practicará unicamente a liquidación do expediente mediante o pagamento final.

Artigo 18. Obrigas dos concellos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigacións establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, os beneficiarios das axudas concedidas ao amparo desta orde quedan obrigados a:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de 5 anos a partir da resolución de pagamento final.

As obras deberán ter unha garantía de mantemento de 5 anos, contados desde a data de pagamento final da axuda e serán por conta do concello os custos necesarios para a súa xustificación. O concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.

5. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

6. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

7. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

8. Cumprir coas obrigas de publicidade que se especifican a seguir:

Deberase publicitar a concesión da axuda nos termos previstos no anexo III do Regulamento 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, e co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia; en particular, do seguinte xeito:

Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel de obra nun lugar visible ao público con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión, coa inclusión do seguintes elementos: a bandeira europea, a referencia ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a inclusión do lema: «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural». Ao mesmo tempo, incluirán unha referencia á participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas, mediante a inclusión do logotipo deste organismo. O panel será de material resistente e ríxido, e deberá estar colocado ata o momento da realización da visita in situ.

Agader facilitará a través da súa páxina web o modelo, formato e dimensións do panel informativo.

No caso de que o concello teña páxina web, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.

9. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Os concellos beneficiarios suxeitaranse ás verificacións previstas no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. De conformidade cos artigos 46 e seguintes do citado regulamento, entre estas actuacións de comprobación efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento, así como os controis sobre o terreo e controis a posteriori que se determinen. Ademais, e en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, deberán proporcionarlle á autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que esta autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa.

10. Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao amparo desta orde, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.

11. Cando o concello beneficiario non poida executar o proxecto subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á resolución como anexo V.

Artigo 19. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do importe dos investimentos subvencionados e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. No suposto de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta no baremo, revisarase a puntuación asignada inicialmente ao proxecto, o que poderá dar como resultado a perda do dereito á subvención.

En todo caso, a modificación da resolución de concesión tramitarase nos termos previstos no artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 21. Reintegro da subvención

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de mora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG.

Estes xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a entidade beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución (Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2012, modificado polo Regulamento de execución 2017/1242).

2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben ou da actividade subvencionada, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento.

3. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do RLSG.

4. Non procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

a) Expropiación dunha parte importante do ben subvencionable, se esta expropiación non era previsible o día en que se concedeu a subvención.

b) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente os bens da entidade subvencionada e impida o seu normal funcionamento.

Artigo 22. Réxime sancionador

As persoas beneficiarias das axudas, de ser o caso, estarán suxeitas ao réxime sancionador previsto nos títulos IV da LSG e VI do RLSG e, de ser o caso, ao disposto no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 e no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non disposto nestas normas de xestión, observarase o disposto na seguinte normativa:

– Normativa autonómica:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

– Normativa estatal:

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

– Normativa comunitaria:

Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015, pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia (España) para efectos da concesión da axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (CCI: 2014ES06RDRP011), modificado pola Decisión de execución da Comisión C (2023) 1540 final, do 28 de febreiro de 2023.

Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Feder, FSE ao Fondo de Cohesión, ao Feader e ao FEMP, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión e ao FEMP.

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello.

Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común.

Regulamento (UE) nº 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, do 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello.

Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Regulamento (UE) nº 2020/2220 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1307/2013 no que respecta aos seus recursos e á súa aplicación nos anos 2021 e 2022, e o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que respecta aos recursos e á distribución da dita axuda nos anos 2021 e 2022.

Decisión da Comisión do 19.12.2013, relativa ao establecemento e á aprobación das directrices para a determinación das correccións financeiras que haxa de aplicar a Comisión aos gastos financiados pola Unión no marco da xestión compartida, en caso de incumprimento das normas en materia de contratación pública.

ANEXO II

Asignación por concellos

A distribución do crédito destinado a financiar o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotación agrarias 2024-2025 realizouse de acordo cos seguintes criterios, consensuados previamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias:

a) Do montante total da convocatoria, 17.998.525 € asígnanse para todos os concellos partindo de cantidades fixas que se modulan empregando criterios de despoboamento, envellecemento, superficie do concello e un coeficiente de agrariedade onde se empregan datos de carácter socioeconómico vinculados a actividade agraria.

Este orzamento distribúese do seguinte xeito:

Asignación fixa por concello: 23.380 €.

Asignación por habitante (*): 10 €.

(*) Habitantes: máximo por concello: 22.000 €.

(*) Habitantes: mínimo por concello: 12.500 €.

Asignación por entidade de poboación: 81 €.

Esta asignación corrixirase cos seguintes coeficientes:

Superficie do concello, S < 50 km2: decrecemento 10 %.

Superficie do concello, 50 < S < 100 km2: sen variación.

Superficie do concello, 100 < S < 200 km2: incremento 10 %.

Superficie do concello, S > 200 km2: incremento 20 %.

Agrariedade, A < 90 %: decrecemento 10 %.

Agrariedade, 90 % <A < 110 %: sen variación.

Agrariedade, A > 110 %: incremento 10 %.

Grao de despoboamento > 20 %: incremento 10 %.

Grao de envellecemento > 33 %: incremento 10 %.

Despoboamento: evolución demográfica. Prímanse os concellos con demografía negativa (habitantes 1999-habitantes 2022/habitantes 2022.

Envellecemento: distribución en función da porcentaxe de maiores de 65 anos. Prímanse os máis envellecidos (datos 2022).

O coeficiente de agrariedade calcúlase do seguinte xeito:

A = 0,14S + 0,65 Ex + 0,60Eb + 0,10 Rea + 0,05M.

S = % superficie total explotacións/superficie total concello.

Ex = % explotacións con SAU/poboación rural.

Eb = % explotacións bovino/poboación rural.

Rea = traballadores afiliados REA/poboación rural.

M = maquinaria en propiedade/poboación rural.

Datos utilizados:

Entidades singulares de poboación: Nomenclátor IGE 2022.

Superficie dos concellos: IGE 2022.

Poboación total concellos: IGE 2022.

Despoboamento: IGE 1999 e 2022.

Envellecemento: IGE 2022.

Na repartición tívose en conta o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

Tendo en conta o anterior, os importes máximos para cada concello son os que a seguir se refiren:

Código

Concello

Total

Anualidade 2024

Anualidade 2025

19.498.525 €

9.499.293 €

9.999.232 €

15001

Abegondo

61.679 €

30.049 €

31.630 €

15002

Ames

49.371 €

24.053 €

25.318 €

15003

Aranga

77.729 €

37.868 €

39.861 €

15004

Ares

39.317 €

19.154 €

20.163 €

15005

Arteixo

49.663 €

24.195 €

25.468 €

15006

Arzúa

79.020 €

38.497 €

40.523 €

15007

Baña, A

71.505 €

34.836 €

36.669 €

15008

Bergondo

41.744 €

20.337 €

21.407 €

15009

Betanzos

39.448 €

19.218 €

20.230 €

15010

Boimorto

68.673 €

33.456 €

35.217 €

15011

Boiro

49.226 €

23.982 €

25.244 €

15012

Boqueixón

59.274 €

28.877 €

30.397 €

15013

Brión

53.966 €

26.291 €

27.675 €

15014

Cabana de Bergantiños

83.637 €

40.746 €

42.891 €

15015

Cabanas

40.498 €

19.730 €

20.768 €

15016

Camariñas

47.011 €

22.903 €

24.108 €

15017

Cambre

44.565 €

21.711 €

22.854 €

15018

Capela, A

52.628 €

25.639 €

26.989 €

15019

Carballo

86.273 €

42.030 €

44.243 €

15020

Carnota

53.917 €

26.267 €

27.650 €

15021

Carral

45.025 €

21.935 €

23.090 €

15022

Cedeira

64.174 €

31.264 €

32.910 €

15023

Cee

44.414 €

21.638 €

22.776 €

15024

Cerceda

60.006 €

29.234 €

30.772 €

15025

Cerdido

57.783 €

28.151 €

29.632 €

15902

Oza-Cesuras

93.068 €

45.341 €

47.727 €

15027

Coirós

36.467 €

17.766 €

18.701 €

15028

Corcubión

32.924 €

16.040 €

16.884 €

15029

Coristanco

83.162 €

40.515 €

42.647 €

15030

Coruña, A

39.776 €

19.378 €

20.398 €

15031

Culleredo

45.143 €

21.993 €

23.150 €

15032

Curtis

68.827 €

33.531 €

35.296 €

15033

Dodro

38.464 €

18.739 €

19.725 €

15034

Dumbría

74.979 €

36.528 €

38.451 €

15035

Fene

45.878 €

22.351 €

23.527 €

15036

Ferrol

49.577 €

24.153 €

25.424 €

15037

Fisterra

38.332 €

18.675 €

19.657 €

15038

Frades

62.457 €

30.428 €

32.029 €

15039

Irixoa

61.491 €

29.957 €

31.534 €

15040

Laxe

48.054 €

23.411 €

24.643 €

15041

Laracha, A

79.216 €

38.592 €

40.624 €

15042

Lousame

62.261 €

30.332 €

31.929 €

15043

Malpica de Bergantiños

60.986 €

29.711 €

31.275 €

15044

Mañón

59.245 €

28.863 €

30.382 €

15045

Mazaricos

77.826 €

37.915 €

39.911 €

15046

Melide

73.434 €

35.776 €

37.658 €

15047

Mesía

84.941 €

41.382 €

43.559 €

15048

Miño

40.301 €

19.634 €

20.667 €

15049

Moeche

55.303 €

26.943 €

28.360 €

15050

Monfero

84.187 €

41.014 €

43.173 €

15051

Mugardos

37.742 €

18.387 €

19.355 €

15052

Muxía

78.537 €

38.262 €

40.275 €

15053

Muros

49.818 €

24.270 €

25.548 €

15054

Narón

51.923 €

25.296 €

26.627 €

15055

Neda

42.531 €

20.720 €

21.811 €

15056

Negreira

63.633 €

31.001 €

32.632 €

15057

Noia

43.712 €

21.296 €

22.416 €

15058

Oleiros

42.072 €

20.497 €

21.575 €

15059

Ordes

76.962 €

37.494 €

39.468 €

15060

Oroso

53.571 €

26.099 €

27.472 €

15061

Ortigueira

113.880 €

55.480 €

58.400 €

15062

Outes

69.905 €

34.056 €

35.849 €

15064

Paderne

49.738 €

24.231 €

25.507 €

15065

Padrón

41.679 €

20.305 €

21.374 €

15066

Pino, O

62.947 €

30.667 €

32.280 €

15067

Pobra do Caramiñal, A

43.384 €

21.136 €

22.248 €

15068

Ponteceso

62.065 €

30.237 €

31.828 €

15069

Pontedeume

41.744 €

20.337 €

21.407 €

15070

Pontes de García Rodríguez, As

70.880 €

34.531 €

36.349 €

15071

Porto do Son

51.485 €

25.082 €

26.403 €

15072

Rianxo

47.476 €

23.129 €

24.347 €

15073

Ribeira

46.893 €

22.845 €

24.048 €

15074

Rois

59.719 €

29.094 €

30.625 €

15075

Sada

41.219 €

20.081 €

21.138 €

15076

San Sadurniño

73.238 €

35.680 €

37.558 €

15077

Santa Comba

74.336 €

36.215 €

38.121 €

15078

Santiago de Compostela

69.918 €

34.063 €

35.855 €

15079

Santiso

61.985 €

30.198 €

31.787 €

15080

Sobrado

79.195 €

38.582 €

40.613 €

15081

Somozas, As

58.116 €

28.313 €

29.803 €

15082

Teo

51.631 €

25.154 €

26.477 €

15083

Toques

57.459 €

27.993 €

29.466 €

15084

Tordoia

74.031 €

36.066 €

37.965 €

15085

Touro

82.925 €

40.399 €

42.526 €

15086

Trazo

80.553 €

39.244 €

41.309 €

15087

Valdoviño

55.859 €

27.213 €

28.646 €

15088

Val do Dubra

78.181 €

38.088 €

40.093 €

15089

Vedra

55.991 €

27.278 €

28.713 €

15090

Vilasantar

58.753 €

28.623 €

30.130 €

15091

Vilarmaior

43.059 €

20.977 €

22.082 €

15092

Vimianzo

79.130 €

38.551 €

40.579 €

15093

Zas

78.063 €

38.031 €

40.032 €

15901

Cariño

50.352 €

24.530 €

25.822 €

27001

Abadín

89.804 €

43.751 €

46.053 €

27002

Alfoz

68.710 €

33.474 €

35.236 €

27003

Antas de Ulla

74.764 €

36.424 €

38.340 €

27004

Baleira

66.644 €

32.468 €

34.176 €

27005

Barreiros

58.115 €

28.312 €

29.803 €

27006

Becerreá

80.079 €

39.013 €

41.066 €

27007

Begonte

78.656 €

38.320 €

40.336 €

27008

Bóveda

56.084 €

27.323 €

28.761 €

27009

Carballedo

87.234 €

42.499 €

44.735 €

27010

Castro de Rei

79.314 €

38.640 €

40.674 €

27011

Castroverde

80.316 €

39.128 €

41.188 €

27012

Cervantes

75.161 €

36.617 €

38.544 €

27013

Cervo

45.581 €

22.206 €

23.375 €

27014

Corgo, O

87.194 €

42.479 €

44.715 €

27015

Cospeito

91.227 €

44.444 €

46.783 €

27016

Chantada

82.353 €

40.121 €

42.232 €

27017

Folgoso do Courel

58.106 €

28.308 €

29.798 €

27018

Fonsagrada, A

108.447 €

52.833 €

55.614 €

27019

Foz

49.738 €

24.231 €

25.507 €

27020

Friol

111.681 €

54.409 €

57.272 €

27021

Xermade

69.285 €

33.754 €

35.531 €

27022

Guitiriz

93.047 €

45.331 €

47.716 €

27023

Guntín

84.348 €

41.093 €

43.255 €

27024

Incio, O

71.543 €

34.854 €

36.689 €

27025

Xove

51.860 €

25.265 €

26.595 €

27026

Láncara

84.230 €

41.035 €

43.195 €

27027

Lourenzá

68.865 €

33.550 €

35.315 €

27028

Lugo

94.116 €

45.851 €

48.265 €

27029

Meira

43.519 €

21.202 €

22.317 €

27030

Mondoñedo

78.656 €

38.320 €

40.336 €

27031

Monforte de Lemos

77.648 €

37.829 €

39.819 €

27032

Monterroso

66.181 €

32.242 €

33.939 €

27033

Muras

68.025 €

33.140 €

34.885 €

27034

Navia de Suarna

58.267 €

28.387 €

29.880 €

27035

Negueira de Muñiz

42.141 €

20.530 €

21.611 €

27037

Nogais, As

48.707 €

23.729 €

24.978 €

27038

Ourol

79.689 €

38.823 €

40.866 €

27039

Outeiro de Rei

71.179 €

34.677 €

36.502 €

27040

Palas de Rei

84.117 €

40.980 €

43.137 €

27041

Pantón

90.396 €

44.039 €

46.357 €

27042

Paradela

62.474 €

30.436 €

32.038 €

27043

Páramo, O

48.992 €

23.868 €

25.124 €

27044

Pastoriza, A

72.160 €

35.155 €

37.005 €

27045

Pedrafita do Cebreiro

53.470 €

26.050 €

27.420 €

27046

Pol

64.542 €

31.444 €

33.098 €

27047

Pobra do Brollón, A

55.584 €

27.079 €

28.505 €

27048

Pontenova, A

61.368 €

29.897 €

31.471 €

27049

Portomarín

54.548 €

26.575 €

27.973 €

27050

Quiroga

59.421 €

28.949 €

30.472 €

27051

Ribadeo

67.460 €

32.865 €

34.595 €

27052

Ribas de Sil

35.573 €

17.330 €

18.243 €

27053

Ribeira de Piquín

42.854 €

20.878 €

21.976 €

27054

Riotorto

45.170 €

22.006 €

23.164 €

27055

Samos

54.294 €

26.451 €

27.843 €

27056

Rábade

37.725 €

18.379 €

19.346 €

27057

Sarria

97.631 €

47.564 €

50.067 €

27058

Saviñao, O

88.647 €

43.187 €

45.460 €

27059

Sober

75.198 €

36.635 €

38.563 €

27060

Taboada

72.944 €

35.537 €

37.407 €

27061

Trabada

55.372 €

26.976 €

28.396 €

27062

Triacastela

42.052 €

20.487 €

21.565 €

27063

Valadouro, O

69.577 €

33.897 €

35.680 €

27064

Vicedo, O

54.458 €

26.531 €

27.927 €

27065

Vilalba

110.368 €

53.769 €

56.599 €

27066

Viveiro

70.942 €

34.562 €

36.380 €

27901

Baralla

78.300 €

38.146 €

40.154 €

27902

Burela

36.823 €

17.939 €

18.884 €

32001

Allariz

47.111 €

22.952 €

24.159 €

32002

Amoeiro

42.887 €

20.894 €

21.993 €

32003

Arnoia, A

36.754 €

17.906 €

18.848 €

32004

Avión

43.556 €

21.220 €

22.336 €

32005

Baltar

40.805 €

19.879 €

20.926 €

32006

Bande

45.999 €

22.410 €

23.589 €

32007

Baños de Molgas

50.913 €

24.804 €

26.109 €

32008

Barbadás

46.462 €

22.635 €

23.827 €

32009

Barco de Valdeorras, O

52.330 €

25.494 €

26.836 €

32010

Beade

35.682 €

17.384 €

18.298 €

32011

Beariz

40.661 €

19.809 €

20.852 €

32012

Blancos, Os

37.125 €

18.087 €

19.038 €

32013

Boborás

55.682 €

27.127 €

28.555 €

32014

Bola, A

49.870 €

24.296 €

25.574 €

32015

Bolo, O

41.963 €

20.444 €

21.519 €

32016

Calvos de Randín

41.072 €

20.009 €

21.063 €

32017

Carballeda de Valdeorras

42.305 €

20.610 €

21.695 €

32018

Carballeda de Avia

33.485 €

16.313 €

17.172 €

32019

Carballiño, O

47.330 €

23.058 €

24.272 €

32020

Cartelle

44.414 €

21.638 €

22.776 €

32021

Castrelo do Val

44.983 €

21.915 €

23.068 €

32022

Castrelo de Miño

39.613 €

19.299 €

20.314 €

32023

Castro Caldelas

47.933 €

23.352 €

24.581 €

32024

Celanova

50.538 €

24.621 €

25.917 €

32025

Cenlle

41.455 €

20.196 €

21.259 €

32026

Coles

46.207 €

22.511 €

23.696 €

32027

Cortegada

31.753 €

15.469 €

16.284 €

32028

Cualedro

49.937 €

24.328 €

25.609 €

32029

Chandrexa de Queixa

56.683 €

27.615 €

29.068 €

32030

Entrimo

33.458 €

16.300 €

17.158 €

32031

Esgos

34.712 €

16.911 €

17.801 €

32032

Xinzo de Limia

70.473 €

34.333 €

36.140 €

32033

Gomesende

37.249 €

18.147 €

19.102 €

32034

Gudiña, A

40.894 €

19.923 €

20.971 €

32035

Irixo, O

55.011 €

26.800 €

28.211 €

32036

Xunqueira de Ambía

48.907 €

23.827 €

25.080 €

32037

Xunqueira de Espadanedo

44.921 €

21.885 €

23.036 €

32038

Larouco

35.922 €

17.500 €

18.422 €

32039

Laza

45.292 €

22.065 €

23.227 €

32040

Leiro

33.694 €

16.415 €

17.279 €

32041

Lobeira

41.785 €

20.357 €

21.428 €

32042

Lobios

48.193 €

23.479 €

24.714 €

32043

Maceda

60.594 €

29.520 €

31.074 €

32044

Manzaneda

46.257 €

22.535 €

23.722 €

32045

Maside

49.875 €

24.298 €

25.577 €

32046

Melón

45.865 €

22.345 €

23.520 €

32047

Merca, A

46.218 €

22.516 €

23.702 €

32048

Mezquita, A

44.395 €

21.628 €

22.767 €

32049

Montederramo

62.494 €

30.446 €

32.048 €

32050

Monterrei

62.234 €

30.319 €

31.915 €

32051

Muíños

53.630 €

26.127 €

27.503 €

32052

Nogueira de Ramuín

44.947 €

21.897 €

23.050 €

32053

Oímbra

50.203 €

24.458 €

25.745 €

32054

Ourense

48.424 €

23.591 €

24.833 €

32055

Paderne de Allariz

36.805 €

17.931 €

18.874 €

32056

Padrenda

38.399 €

18.707 €

19.692 €

32057

Parada de Sil

52.500 €

25.577 €

26.923 €

32058

Pereiro de Aguiar, O

45.581 €

22.206 €

23.375 €

32059

Peroxa, A

62.382 €

30.391 €

31.991 €

32060

Petín

36.198 €

17.635 €

18.563 €

32061

Piñor

54.117 €

26.365 €

27.752 €

32062

Porqueira

45.892 €

22.358 €

23.534 €

32063

Pobra de Trives, A

60.256 €

29.356 €

30.900 €

32064

Pontedeva

35.880 €

17.480 €

18.400 €

32065

Punxín

37.927 €

18.477 €

19.450 €

32066

Quintela de Leirado

41.720 €

20.325 €

21.395 €

32067

Rairiz de Veiga

47.825 €

23.299 €

24.526 €

32068

Ramirás

44.761 €

21.807 €

22.954 €

32069

Ribadavia

37.808 €

18.419 €

19.389 €

32070

San Xoán de Río

49.197 €

23.968 €

25.229 €

32071

Riós

59.347 €

28.913 €

30.434 €

32072

Rúa, A

37.020 €

18.035 €

18.985 €

32073

Rubiá

56.511 €

27.531 €

28.980 €

32074

San Amaro

49.773 €

24.248 €

25.525 €

32075

San Cibrao das Viñas

39.382 €

19.186 €

20.196 €

32076

San Cristovo de Cea

55.843 €

27.206 €

28.637 €

32077

Sandiás

49.697 €

24.211 €

25.486 €

32078

Sarreaus

50.128 €

24.421 €

25.707 €

32079

Taboadela

40.587 €

19.773 €

20.814 €

32080

Teixeira, A

37.526 €

18.282 €

19.244 €

32081

Toén

51.624 €

25.150 €

26.474 €

32082

Trasmiras

41.371 €

20.155 €

21.216 €

32083

Veiga, A

61.189 €

29.810 €

31.379 €

32084

Verea

52.069 €

25.367 €

26.702 €

32085

Verín

46.370 €

22.591 €

23.779 €

32086

Viana do Bolo

72.008 €

35.081 €

36.927 €

32087

Vilamarín

47.682 €

23.230 €

24.452 €

32088

Vilamartín de Valdeorras

38.561 €

18.786 €

19.775 €

32089

Vilar de Barrio

54.548 €

26.575 €

27.973 €

32090

Vilar de Santos

36.483 €

17.774 €

18.709 €

32091

Vilardevós

52.017 €

25.342 €

26.675 €

32092

Vilariño de Conso

59.507 €

28.991 €

30.516 €

36001

Arbo

45.812 €

22.319 €

23.493 €

36002

Barro

47.414 €

23.099 €

24.315 €

36003

Baiona

43.753 €

21.316 €

22.437 €

36004

Bueu

48.764 €

23.757 €

25.007 €

36005

Caldas de Reis

55.858 €

27.213 €

28.645 €

36006

Cambados

48.923 €

23.834 €

25.089 €

36007

Campo Lameiro

47.202 €

22.996 €

24.206 €

36008

Cangas

48.367 €

23.563 €

24.804 €

36009

Cañiza, A

88.755 €

43.240 €

45.515 €

36010

Catoira

46.779 €

22.790 €

23.989 €

36902

Cerdedo-Cotobade

118.486 €

57.724 €

60.762 €

36013

Covelo

77.826 €

37.915 €

39.911 €

36014

Crecente

48.098 €

23.432 €

24.666 €

36015

Cuntis

56.601 €

27.575 €

29.026 €

36016

Dozón

53.686 €

26.155 €

27.531 €

36017

Estrada, A

131.734 €

64.178 €

67.556 €

36018

Forcarei

78.893 €

38.435 €

40.458 €

36019

Fornelos de Montes

45.231 €

22.036 €

23.195 €

36020

Agolada

82.925 €

40.399 €

42.526 €

36021

Gondomar

52.287 €

25.473 €

26.814 €

36022

Grove, O

47.017 €

22.906 €

24.111 €

36023

Guarda, A

47.335 €

23.061 €

24.274 €

36024

Lalín

115.821 €

56.426 €

59.395 €

36025

Lama, A

65.713 €

32.014 €

33.699 €

36026

Marín

45.991 €

22.406 €

23.585 €

36027

Meaño

49.161 €

23.950 €

25.211 €

36028

Meis

58.383 €

28.443 €

29.940 €

36029

Moaña

39.120 €

19.058 €

20.062 €

36030

Mondariz

55.152 €

26.869 €

28.283 €

36031

Mondariz-Balneario

29.260 €

14.255 €

15.005 €

36032

Moraña

41.613 €

20.273 €

21.340 €

36033

Mos

51.101 €

24.895 €

26.206 €

36034

Neves, As

60.082 €

29.271 €

30.811 €

36035

Nigrán

51.939 €

25.304 €

26.635 €

36036

Oia

52.153 €

25.408 €

26.745 €

36037

Pazos de Borbén

46.779 €

22.790 €

23.989 €

36038

Pontevedra

75.416 €

36.741 €

38.675 €

36039

Porriño, O

59.475 €

28.975 €

30.500 €

36040

Portas

59.697 €

29.083 €

30.614 €

36041

Poio

49.717 €

24.221 €

25.496 €

36042

Ponteareas

62.889 €

30.638 €

32.251 €

36043

Ponte Caldelas

43.539 €

21.211 €

22.328 €

36044

Pontecesures

45.509 €

22.171 €

23.338 €

36045

Redondela

53.476 €

26.052 €

27.424 €

36046

Ribadumia

52.153 €

25.408 €

26.745 €

36047

Rodeiro

83.755 €

40.804 €

42.951 €

36048

Rosal, O

43.753 €

21.316 €

22.437 €

36049

Salceda de Caselas

47.145 €

22.968 €

24.177 €

36050

Salvaterra de Miño

55.349 €

26.965 €

28.384 €

36051

Sanxenxo

53.765 €

26.193 €

27.572 €

36052

Silleda

95.852 €

46.697 €

49.155 €

36053

Soutomaior

41.660 €

20.296 €

21.364 €

36054

Tomiño

67.363 €

32.818 €

34.545 €

36055

Tui

57.356 €

27.943 €

29.413 €

36056

Valga

49.081 €

23.911 €

25.170 €

36057

Vigo

83.567 €

40.712 €

42.855 €

36058

Vilaboa

49.558 €

24.144 €

25.414 €

36059

Vila de Cruces

68.729 €

33.483 €

35.246 €

36060

Vilagarcía de Arousa

51.384 €

25.033 €

26.351 €

36061

Vilanova de Arousa

44.980 €

21.913 €

23.067 €

36901

Illa de Arousa, A

45.588 €

22.210 €

23.378 €

b) Do montante total da convocatoria, 1.500.000 € financiarán a redacción dos estudos integrais da rede viaria municipal, para aqueles concellos que o solicitasen.

Desta forma, o importe asignado a cada concello poderá verse incrementado ata unha cantidade máxima de 10.000 € ou, de ser o caso, nunha cantidade inferior, no caso de que, atendendo ao importe total de todas as solicitudes, se supere o crédito dispoñible para este concepto, caso en que se procederá ao rateo entre todos os solicitantes.

O importe destinado a financiar a redacción dos estudos da rede viaria municipal, pola contía de 1.500.000 €, poderá incrementarse cos créditos asignados a aqueles concellos que non presentaron a solicitude de axuda no prazo determinado no Plan marco.

ANEXO III

Modelo de resolución de concesión de axuda

Resolución da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do ... de ... de 2024 pola que se lle concede ao Concello de ....................... unha axuda ao abeiro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

O 19 de decembro de 2023, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución para a concesión directa, das axudas correspondentes ao Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Dentro do ámbito competencial da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o citado plan constitúe o instrumento específico de planificación e xustificación das actuacións dirixidas a fomentar os investimentos en infraestruturas viarias de titularidade municipal, a través de axudas instrumentadas segundo o procedemento de concesión previsto no artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei (procedemento de concesión directa das axudas a través de resolución).

A citada axuda concédese en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento, e fundamentada en razóns de interese público que redundan en beneficio de todos os concellos de Galicia, co obxectivo último de xerar cohesión social e territorial e mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural e contribuír ao aumento da competitividade agraria e forestal e mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

Para o financiamento do citado plan está prevista unha dotación orzamentaria de 19.498.898 €, con cargo á conta orzamentaria dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 14-A1-712A-760.00 (código de proxecto 2024-00003), distribuída entre todos os concellos de Galicia con base nuns criterios obxectivos, públicos e previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

Mediante o Acordo do 14 de decembro de 2023 o Consello da Xunta de Galicia autorizou á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a concesión directa das axudas tramitadas ao abeiro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

De acordo co anterior, logo da instrución do procedemento nos termos previstos no plan, e por proposta da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección desta entidade, do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013 pola que se fai pública a delegación de competencias na Presidencia e na Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, DOG núm. 148, do 5 de agosto de 2013),

RESOLVO:

Primeiro. Concederlle ao Concello de .................. unha axuda por importe de ....... €, equivalente a ... % de axuda respecto do orzamento aceptado, ao abeiro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, coa seguinte distribución por anualidades:

2024

2025

Aplicación orzamentaria 14-A1-712A-760.00 (cód. proxecto 2024-00003)

O orzamento presentado e aprobado desagregado por conceptos é o seguinte:

Proxecto

Orzamento presentado

Orzamento aceptado

Obra civil

Control de calidade

Estudo integral da rede viaria municipal

A citada axuda concédese en réxime de concesión directa, con fundamento no artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Segundo. O procedemento de xestión das subvencións, así como o réxime de xustificación dos investimentos subvencionables é o referido na Resolución pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Terceiro. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2024 será o 16 de outubro de 2024, ou ben o 11 de decembro de 2024 para aqueles concellos que solicitaron unha ampliación do prazo de execución e xustificación, nos termos previstos no artigo 15 do anexo I da Resolución pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

O feito de non xustificar correctamente esta anualidade suporá a perda parcial do dereito ao cobramento da axuda polo importe non xustificado.

O prazo final de execución e xustificación será o 30 de maio de 2025.

A xustificación documental dos investimentos realizarase nos termos previstos no artigo 15 do anexo I da Resolución pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Cuarto. O réxime de pagamentos será o establecido no artigo 17 do anexo I da Resolución pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Quinto. Con carácter xeral, son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular:

a) Cumprir o obxectivo, executar o/os proxecto/s e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos a partir da resolución de pagamento final.

As obras incluídas neste plan deberán ter unha garantía de mantemento de, cando menos, 5 anos contados desde a data de pagamento final da axuda. Serán por conta do concello os custos necesarios para a súa conservación. O concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Comunicar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

h) Deberase publicitar a concesión da axuda nos termos previstos no anexo III do Regulamento 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, e co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia; en particular, do seguinte xeito:

– Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel de obra nun lugar visible ao público con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión, coa inclusión do seguintes elementos: a bandeira europea, a referencia ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a inclusión do lema: «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural». Ao mesmo tempo, incluirán unha referencia á participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas, mediante a inclusión do logotipo deste organismo. O panel será de material resistente e ríxido, e deberá estar colocado ata o momento da realización da visita in situ.

– No caso de que o concello teña páxina web, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.

i) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Os concellos beneficiarios suxeitaranse ás verificacións previstas no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. De conformidade cos artigos 46 e seguintes do citado regulamento, entre estas actuacións de comprobación efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento, así como os controis sobre o terreo e controis a posteriori que se determinen. Ademais, e en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, deberán proporcionarlle á autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que esta autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa.

j) Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao amparo desta orde, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.

k) Cando o concello beneficiario non poida executar o expediente subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á resolución como anexo V.

Sexto. Esta operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

Á marxe do anterior, as subvencións concedidas ao abeiro deste plan marco serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe do investimento.

Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo IV) e na solicitude de pagamento (anexo VI).

Sétimo. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

Os beneficiarios das axudas, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da LSG, desenvolvido no título VI do RLSG.

Oitavo. Contra as resolucións do procedemento poderase formular potestativamente requirimento previo para a súa anulación ou revogación, nos termos establecidos no artigo 44 en relación co 46.6 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou, de ser o caso, interpor recurso contencioso-administrativo nos termos da citada lei.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file