DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7931

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 20 de decembro de 2023, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 4 de decembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade coa base II.2.1, que o primeiro exercicio do proceso selectivo se realice a partir do día 29 de xaneiro de 2024 cos chamamentos que a seguir se recollen.

Consonte o previsto nas bases I.1 e II.3.1 da Resolución de convocatoria do proceso selectivo, e tendo en conta a existencia dunha quenda de promoción interna e outra de acceso libre, convócanse, para a realización do primeiro exercicio, nos días a continuación sinalados, ás 16.15 horas, na Sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:

30 de xaneiro de 2024

Promoción interna

Puga Galán, Rodrigo

***2443**

Acceso libre

Tacón García, Carlos

***6165**

31 de xaneiro de 2024

Tubío Mosquera, Sonia

***3377**

Vázquez González-Garcés, Juan Miguel

***2813**

1 de febreiro de 2024

Vázquez Rodríguez, Adrián Agustín

***5277**

Vilas Tobar, Ana Macarena

***8169**

6 de febreiro de 2024

Vorkauf Estévez, Jacobo Augusto

***4301**

Álvarez Lueiro, Inés

***0168**

7 de febreiro de 2024

Álvarez Vázquez, Amalia

***2706**

* Basteiro Álvarez, Nuria

***3199**

Bouza García, Eva

***1806**

8 de febreiro de 2024

Canosa Canosa, Sergio

***7648**

Carrete Pardal, María Xudit

***9459**

13 de febreiro de 2024

Casas Noguerol, Ana

***2256**

* Couceiro Cachaldora, Josefa

***8639**

Díaz Díaz, Mónica Corinne

***6520**

14 de febreiro de 2024

Díaz Fernández, Elena

***2564**

* Díaz Seco, Laura

***8779**

Fariña Cores, Juan Antonio

***6379**

15 de febreiro de 2024

Fernández Neira, Manuel

***5925**

Fernández Feijoo Aller, Ana

***4329**

20 de febreiro de 2024

Fradua García-Soto, Aitor

***8580**

García Lemos, Andrea

***0859**

* González Bran, Fátima

***5458**

21 de febreiro de 2024

* López Fernández, David

***1797**

López Lorenzo, María José

***8293**

López Orosa, Rosa María

***1500**

22 de febreiro de 2024

Martínez Castro, Nerea

***0400**

* Mato Martínez, Andrea

***8339**

Miró Calahorra, Meritxell

***9970**

27 de febreiro de 2024

Molina Fernández, Almudena

***1145**

Molina Santos, Nuria

***7957**

28 de febreiro de 2024

Monteagudo López, María Salomé

***7223**

* Mosquera Ferreiro, Alfonso

***7972**

Pazos Aller, Raquel

***5198**

29 de febreiro de 2024

Pérez Conde, María Beatriz

***6149**

Pérez de los Santos, Alba María

***1411**

5 de marzo de 2024

Picatoste Gil, Ignacio Manuel

***1388**

Prieto Otero, Margarita Catalina

***6295**

6 de marzo de 2024

Rodríguez Castiñeiras, María

***7156**

* Rúa Andrade, María Cruz

***6179**

Ruiz Arcis, Aarón

***4866**

7 de marzo de 2024

Seijo Vázquez, Ignacio Tomás

***9248**

Souto Baña, Fátima

***0973**

As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

De conformidade coa base II.2.1 da Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril), e Orde do 15 de abril de 2021 (DOG núm. 80, do 23 de abril), poderán optar por conservar a puntuación obtida nel e acceder directamente ao segundo exercicio. Se optan por presentarse ao exercicio de que se trate, quedará sen efecto o resultado obtido na convocatoria anterior.

As persoas a que se refire o anterior parágrafo están sinaladas nos chamamentos cun asterisco (*). O tribunal acordou que nas datas en que estean chamadas esas persoas se citen tres aspirantes en lugar de dous, ante a posibilidade de que opten por non presentarse ao exercicio e conservar a puntuación. Con todo, de comparecer os tres aspirantes chamados neses días, o tribunal procederá a examinar a totalidade para non alterar o calendario do exercicio.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal